Néstor Rego Candamil
Grazas, señora presidenta. Moi boa tarde, moi boa noite xa. Déixenme resumir aquí algunhas das razóns que expuxen na pasada semana na interpelación ao ministro de Transportes para que se comprenda a importancia da AP-9 para a Galiza e, por tanto, tamén a necesidade dun rescate que poña fin á concesión. Primeiro, porque a AP-9 articula o eixo atlántico do noso país, arredor do cal se agrupa 70 % da poboación galega e a maior parte da actividade económica, así como infraestruturas relevantes, os tres aeroportos galegos e todos os portos de interese xeral. Por tanto, continuar pagando portaxe durante vinte e catro anos máis por unha vía máis que amortizada é castigar todos os galegos e galegas, especialmente os traballadores e traballadoras que teñen que utilizar esa vía a diario e tamén as empresas que a empregan para moveren os seus produtos; quer dicir, estafa para as persoas usuarias e perda de competitividade das empresas galegas fronte ás españolas, que si contan con vías de alta capacidade gratuítas e con transporte ferroviario de mercadorías. Segundo, porque representa unha discriminación evidente e inaceptábel para a Galiza que obriga a continuar pagando a unha empresa transnacional en canto no resto do Estado español as autoestradas de pagamento finalizaron as concesións aos corenta anos. Lembraba o ministro a semana pasada que nos últimos anos foron nada máis e nada menos que 1000 quilómetros que foron liberados de peaxes.
Terceiro, porque a prórroga de vinte e cinco anos até 2048, aprobada por un goberno do Partido Popular do señor Aznar, para alén de inxusta tamén foi irregular. Isto é o que considera a Comisión Europea, que abriu un expediente de infracción ao Estado español por esta prórroga, que entende non axustada a dereito por non respectar o criterio de concorrencia competitiva. Aliás, o goberno do PP de Aznar procedeu a privatizar a empresa que xestionaba a AP-9, Audasa, en 2003. A propia Comisión Europea considerou que a prórroga foi unha manobra para aumentar o valor da venda.
Cuarto, porque existen precedentes na Unión Europea que serían aplicábeis neste caso. No concreto, unha sentenza do Tribunal de Xustiza da UE en 2019 en relación coa autoestrada italiana LivornoCivitavecchia. Neste caso, a Comisión alegou que a prórroga do prazo dunha concesión é unha modificación substancial que require unha nova licitación, o que foi avalado polo Tribunal.
Quinto, porque así as cousas a concesión da AP-9 está condenada a desaparecer pola vía xudicial moito antes da finalización prevista no ano 2048. Isto é evidente, sabémolo todas as forzas políticas, e por tanto non ten sentido demorar máis unha situación irregular que é má para a cidadanía galega. O que debe ser feito é pór final á concesión canto antes e converter a AP-9 en libre de peaxe.
Sexto, porque alén de ser máis xusto para a Galiza o rescate, é a solución mellor tamén, a máis vantaxosa, para as arcas públicas. Un informe encargado polo BNG á Universidade da Coruña, realizado polos profesores Carlos Aymerich e José Antonio Blanco, con rigor técnico e xurídico, dá como resultado que a cantidade que custaría acabar coa concesión é bastante menor que a que foi barallada en reiteradas ocasións polo ministro: exactamente 904,7 millóns de euros. Tendo en conta que un ditame do Consello de Estado para a tramitación de bonificacións indicou que só por este concepto o Estado deberá reservar para o pagamento a Audasa, até 2048, 2394 millóns (que sería, ademais, bastante máis se incluírmos as portaxes na sombra), resulta evidente que rescatar a autoestrada sae moito máis barato que non facelo, en concreto o Estado aforraría até 2048 aproximadamente 1489, case 1500 millóns de euros.
Comprendo ben que calquera forza política das que hoxe están aquí pode optar por non dar credibilidade ao informe da Universidade da Coruña, a pesar da solvencia e rigor dos seus autores, mais quero lembrar outros datos que avalan este mesmo. Por un lado, en 2018 Globalvia adquiriu unha parte de Itínere, propietaria cen por cen de Audasa, valorando o total das accións de Itínere en 1300 millóns de euros. E nas mesmas datas o fondo neerlandés APG adquiriu unha porcentaxe tamén de Itínere outorgándolle novamente unha valoración de 1300 millóns de euros. Mais, ¡atención!, Itínere é moito máis que Audasa; quer dicir, Audasa é só unha parte de Itínere, e por tanto o que debe valorarse é unha porcentaxe necesariamente inferior a eses 1300 millóns de euros. Mesmo o estudo que encargou o Goberno galego, e a pesar de llo encargaren a Eptisa (unha consultora relacionada directamente con Audasa e, por tanto, que se tiver algún tipo de desvío pois sería para favorecer a concesionaria), cifra o custo do rescate entre 1612 e 2355 millóns. Quer dicir, que mesmo este estudo os datos que dá indican que o rescate seguiría sendo vantaxoso para o Estado.
En todo caso, o BNG propón nesta modificación que o Ministerio de Transportes comece por realizar un estudo propio sobre a mellor formulación xurídica e o custo que tería o rescate. Non parece serio rexeitar esta proposta, unánime, por certo, no Parlamento da Galiza, sen analizar primeiro como e canto vai custar. Nós temos a certeza de que o rescate será bo para os galegos e galegas e tamén para as arcas públicas. Mais tamén na interpelación abordamos outras dúas cuestións. Primeiro: que en canto non se produza o rescate se apliquen xa as novas bonificacións previstas no acordo de investidura asinado polo BNG e o Partido Socialista en xaneiro do ano 2023 e que aumenta as que xa están en vigor como consecuencia do acordo do ano 2020 para usuarios e usuarias superrecorrentes de 60 até 75 % das peaxes establecidas. Por tanto, son un alivio fundamental para todos os usuarios e usuarias. Cremos que isto se pode facer para despois aumentalo tamén, aplicalo como está previsto no acordo á autoestrada AP-53 Santiago-Lalín.
E, por último, que se acelere e se axilice a tramitación da lei de transferencia da AP-9 que hai neste Congreso. Non ten sentido seguilo demorando. Quero lembrar que foi aprobada no Parlamento de Galiza cinco veces, que foi debatida e aquí afectada a trámite catro veces. A diferenza é que unha vez o Partido Popular con maioría impediu mesmo o debate con Ana Pastor na Presidencia. Agora temos a oportunidade de sacala adiante.
E unha precisión final. Non metemos a cuestión das bonificacións na proposta de resolución, porque aquí houbo a semana pasada un compromiso do ministro que se ía facer este ano 2024 e de facto o venres pasado xa foi aprobado o trámite de urxencia no Ministerio para poder facer realidade este compromiso. Por tanto, confiamos en que efectivamente así sexa.
Moito obrigado.
Muchas gracias, señora presidenta. Buenas tardes, casi buenas noches. Déjeme resumir aquí algunas de las razones que expuse la semana pasada en la interpelación al ministro de Transportes para que se entienda la importancia de la AP-9 para Galicia y también la necesidad de que se ponga fin al rescate de la concesión. Primero, porque la AP-9 articula el eje atlántico de nuestro país y agrupa al 70 % de la población, los aeropuertos, los puertos. Por lo tanto, seguir pagando peajes durante veinticuatro años más supone castigar a los gallegos y gallegas —especialmente a los trabajadores y trabajadoras que tienen que utilizar esa vía, y las empresas también la utilizan para mover sus productos; es decir, para las personas usuarias— y una pérdida de competitividad de las empresas gallegas frente a las empresas españolas. En segundo lugar, porque representa una discriminación muy evidente inaceptable para Galicia. Obligan a continuar pagando a una empresa trasnacional cuando el resto de las autopistas finalizaron las concesiones a los cuarenta años. La semana pasada nos recordaba el ministro que habían sido nada más y nada menos que 1000 kilómetros los que habían sido liberados de peajes. En tercer lugar, porque la prórroga de veinticinco años hasta 2048, aprobada por el PP del señor Aznar, fue injusta e irregular. Esto es lo que considera la Comisión Europea, que ha abierto un expediente de infracción al Estado español por esa prórroga, por no ajustarse a derecho y no respetar el criterio de competencia competitiva. Además, el Gobierno del PP de Aznar privatizó la empresa que gestionaba la AP-9, Audasa, en 2003, una maniobra para aumentar el valor de la venta. En cuarto lugar, porque existen precedentes en la Unión Europea: una sentencia del Tribunal de Justicia de la UE de 2019 en relación con la autopista de Livorno y Civitavecchia, en Italia. En este caso, la Comisión Europea alegó que la prórroga del plazo de concesión era una modificación sustancial, lo cual fue avalado por el Tribunal. En quinto lugar, porque teniendo en cuenta todo esto, la concesión de la AP-9 está condenada a desaparecer por vía judicial mucho antes de la finalización prevista en el 2048. Por lo tanto, no tiene sentido seguir con una situación irregular que es mala para la ciudadanía gallega. […] el que debe ser hecho final a la concesión lo antes posible y convertir la AP-9 en libre de peajes. En sexto lugar, porque consideramos que sería una situación ventajosa para las arcas públicas. Un informe encargado por el BNG a la Universidade da Coruña, realizado por los profesores Carlos Aymerich y José Antonio Blanco, da como resultado que la cantidad sería bastante menor que la que ha sido barajada en varias ocasiones por el ministro: 904 millones de euros. Teniendo en cuenta que un dictamen del Consejo de Estado para la tramitación de las bonificaciones ha indicado que solamente por ese concepto el Estado debería pagar a Audasa 2048 millones, que sería bastante más. Resulta evidente que rescatar la autopista del eje atlántico ahorraría dinero al Estado, ahorraría en concreto, hasta 2048, casi 1500 millones de euros. Entiendo que cualquier fuerza política de las que está aquí hoy puede optar por no dar credibilidad al informe de la Universidade da Coruña, a pesar de la solvencia y rigor de sus autores, pero quiero recordar que en 2018 se había utilizado ese mismo criterio, porque en 2018 Globalvia, propietaria del cien por cien de Audasa, adquirió una parte. En esas mismas fechas, el fondo de inversiones neerlandés APG también adquirió un porcentaje importante de participación de Itínere. Tengan en cuenta que Itínere es mucho más que Audasa; Audasa es solo una parte de Itínere; es lo que debe valorarse, es un porcentaje inferior a esos 1300 millones de euros. Incluso el estudio encargado por el Gobierno gallego a una consultora relacionada directamente con Audasa […], Eptisa, en caso de que tuviese algún tipo de favor relacionado directamente con Audasa, podría favorecer a esa concesionaria; incluso ella indica que el rescate sería ventajoso para el Estado. En todo caso, el BNG propone en esta moción que lo primero que tiene que hacer el Ministerio de Transportes es empezar por realizar un estudio propio de planteamiento jurídico y de coste. No parece serio que se rechace esta propuesta que ha sido unánime en el Parlamento gallego sin analizar primero cómo y cuánto va a costar. Nosotros tenemos la certeza de que este rescate será bueno para los gallegos y gallegas y también para las arcas públicas. También deberían aplicarse nuevas bonificaciones del acuerdo de investidura para otras bonificaciones que están en vigor desde el año 2020, y supondrían el 75 %, que se apliquen también a la autopista de Santiago a Lalín. Creemos que esto se puede hacer y que también se puede aplicar, como está previsto en el acuerdo, en la AP-53 de Santiago a Lalín.
Por último, pedimos que se agilice, se acelere esta ley de transferencia de la AP-9 en este Congreso. No tiene sentido retrasarlo más. Fue aprobada cinco veces en el Parlamento de Galicia y aceptada a trámite aquí cuatro veces. Una vez el PP había impedido el debate incluso con Ana Pastor, pero ahora tenemos la oportunidad de sacarla adelante.
Y una puntualización final. Simplemente no incluimos la cuestión de las modificaciones en la propuesta de resolución, porque aquí el fin de semana pasado hubo un compromiso por parte del ministro y el viernes fue aprobado por trámite de urgencia por parte del ministerio para hacer realidad esa bonificación. Por lo tanto, confiamos en ello.
Muchas gracias.