Néstor Rego Candamil
Grazas, señor presidente. Moi boa tarde. Señor ministro, señor Puente, máis unha vez estamos aquí falando da AP-9. Non é teimosía do BNG, a nosa insistencia ten razón de ser ou, diría, razóns de ser que, se vostedes comprendesen, con certeza xa os terían levado a actuar para resolveren o problema. Razóns de ser, fundamentalmente dúas: o que implica para todos os galegos e galegas continuar pagando portaxes por unha infraestrutura xa amortizada e o que representa como discriminación a Galiza, maltratada historicamente polos Gobernos españois con evidencia por aqueles que acordaron prórrogas da autoestrada do Atlántico de 10 e 25 anos. Que implica? Vostede sabe ben que a AP-9 articula o Eixo Atlántico, onde se sitúa o 70 % da poboación galega, os tres aeroportos, todos os portos de interese xeral e a maior parte da actividade económica do noso país. Por tanto, continuar pagando portaxes durante 24 anos máis cando xa van 51 é castigar todos os galegos e galegas, especialmente os traballadores e traballadoras que teñen que utilizar esa vía a diario, e tamén as empresas que a utilizan necesariamente para moveren os seus produtos. Quero dicir, saquear os petos das clases populares e gravar os custos de produción das empresas galegas, que ven como perden competitividade fronte ás empresas españolas que si contan con vías de alta capacidade gratuítas e, por certo, tamén con transporte ferroviario de mercadorías, do que Galiza, precisamente, non está ben servida. Esta é a razón principal, mais, señor Puente, non é menos importante comprobar como os Gobernos españois discriminan a Galiza, que debe continuar pagando a unha empresa transnacional en canto no resto do Estado español as autoestradas de pagamento finalizaron as concesións ós corenta anos. Lémbrolle que nós xa levamos 51 anos. Nin é xusto nin aceptábel, porque os galegos e galegas non estamos xa dispostos a aturar máis discriminacións. Sabemos perfectamente que agora estamos a sufrir as consecuencias dunha decisión inxusta do Partido Popular. Foi un Goberno de Aznar o que decidiu unha prórroga de 25 anos entre 2023 e 2048. Por tanto, o PP é, hoxe por hoxe, totalmente responsábel de que os galegos e galegas continuemos pagando peaxes na AP-9 e os deputados e deputadas galegas do Partido Popular colaboraron nunha decisión contra Galiza, contra os intereses do noso país e da nosa xente. Isto é incontestábel. Mais, señor Puente, se vostede e o seu Goberno se empeñan en defender o mantemento da concesión, mesmo no ámbito xudicial europeo como lle temos escoitado, estará a se facer corresponsábel dunha inxustiza e mesmo, con certeza, dunha ilegalidade.
Ilegalidade, si, porque a Unión Europea abriu un expediente de infracción ó Estado español por esa prórroga que considera non axustada a dereito por non respectar o criterio de concorrencia competitiva. E vostede sabe ben que o argumento que este Goberno baralla de que, cando se produciu a prórroga á concesionaria, era unha empresa pública fai augas desde o momento en que obra en mans da Unión Europea, como advertiu no seu día o comisario de Mercado Interior Thierry Breton, documentación que acredita que cando o Goberno de Aznar acordou a concesión, ano 2000, xa tiña previsto privatizala e, por tanto, a prórroga tería como verdadeiro obxectivo, cito a Thierry Breton literalmente: «Aumentar o valor para unha venda futura xa prevista, mais máis rendíbel».
Para alén disto, vostede sabe que existen precedentes na Unión Europea que serían aplicábeis neste caso. No concreto, unha sentenza do Tribunal de Xustiza da Unión Europea do 18 de setembro de 2019 resolutoria do recurso por incumprimento formulado pola Comisión contra a República Italiana en relación coa modificación substancial do contrato de concesión de obra pública de 23 de outubro do ano 1969 entre a empresa nacional autónoma de estradas, ANAS, poder adxudicador, e a sociedade Autostrada Tirrenaica, concesionaria, para a construción da autoestrada entre Livorno e Civitavecchia cun prazo orixinal de trinta anos. Neste caso, a Comisión Europea alegou que a prórroga do prazo dunha concesión é unha modificación substancial que require unha nova licitación, o que foi avalado polo Tribunal.
Quere isto dicir que vostede sabe perfectamente que a concesión da AP-9 está condenada a desaparecer moito antes de que cheguemos ó ano 2048 e que o vai facer, se non o remediamos, pola vía xudicial. Por que se empeña, entón, en continuar castigando os galegos e galegas a pagar portaxes abusivas mentres iso non acontece? Non sería máis razoábel e xusto pór final á concesión canto antes e converter a AP-9 en libre de peaxes?
Xa sabemos que vostede fala dun custo excesivo e inasumíbel para as arcas públicas. Mais, ollo, no pasado mes de xuño, o pleno deste Congreso aprobou por ampla maioría unha proposta do BNG na que se pide ó Goberno que rescate a autoestrada do Atlántico e que, para iso, comece por realizar un estudo dos custos e do procedemento. Aínda non o fixeron. Cando vostede fala de 4000 ou de 6000 millóns está realmente a soltar cantidades sen soporte nin rigor e lamento dicirlle que iso non só non ten credibilidade, senón que o desacredita a vostede.
Entre tanto, o BNG encargou un informe á Universidade da Coruña realizado polos profesores Carlos Aymerich Cano e José Antonio Blanco con rigor técnico e xurídico e queda como resultado que a cantidade que custaría acabar coa concesión é bastante menor que a que vostede sinala: 904,7 millóns de euros. Este é o estudo realizado pola Universidade da Coruña e, señor Puente, se non o ten, eu facilítollo, porque sería bo que os técnicos do seu ministerio e vostede mesmo o coñecesen. Por que 904,7 millóns de euros? Entre outras razóns porque, ó tratarse dun contrato ilegal e, por tanto, anulábel, a concesionaria non tería dereito a indemnización por lucro cesante, tal e como recolle o Tribunal Supremo nunha sentenza ditada en 2022.
Mais tamén o Goberno galego encargou un informe. E, mire, a pesar de encargarllo a Eptisa, unha empresa consultora relacionada directamente con Audasa e, por tanto, se de algo for sospeitosa é de tentar favorecer a concesionaria, non do contrario, cifra o custo do rescate entre 1612 millóns de euros e 2355, aínda moi lonxe das cantidades que vostede baralla.
É máis, en 2018, Globalvia adquiriu unha parte do grupo Itinere, propietario do 100 % de Audasa, valorando o total das accións do grupo en 1300 millóns de euros. Esta transacción, segundo recolle o informe, non consta que fose forzada, urxente ou como consecuencia dunha situación de liquidación involuntaria, quero dicir, que foi unha valoración axustada ó que se entende que era a realidade. E, nas mesmas datas, o fondo de investimento neerlandés APG tamén adquiriu unha porcentaxe de participacións do grupo Itinere, outorgándolle, novamente, unha valoración de 1300 millóns de euros ó 100 % das accións do grupo. Quero dicir, existe xa un valor de mercado do grupo Itinere fixado en 1300 millóns de euros en 2018. Mais, coidado, hai que ter en conta que dentro deste grupo existen máis activos que a AP-9, polo que debe valorarse só a porcentaxe que representa a concesión desta autoestrada e, por tanto, necesariamente inferior a 1300 millóns de euros. Sobre esa base, o informe estima a contía referida. Mais, para alén diso, no seu día, a propia concesionaria da AP-9, Audasa, cuantificou o rescate en pouco máis de mil millóns.
Por tanto, señor Puente, por que se empeñan vostedes en inflar as cantidades en sentido máis favorábel para a empresa cando o lóxico é que a Administración pública discutise cada euro e cada céntimo? En fin, faga caso do que decidiu este Congreso, encargue o estudo e inicie os trámites para o rescate. Non só é a única solución xusta, é a máis beneficiosa para o interese público, dobremente para o interese dos galegos e galegas e para as arcas do Estado.
O ditame do Consello do Estado, vostede coñecerao, para a tramitación das bonificacións realizado no ano 2021 indica que, só por este concepto, o Estado deberá pagar a Audasa até 2 048 2394,5 millóns de euros. Isto dio o Consello do Estado. Unha cantidade que é enorme. Polo tanto, rescatando a autoestrada do Atlántico o Estado aforraría aproximadamente 1489 millóns de euros. Aforraría máis, mesmo, se incluírmos, como se debería facer tamén, as portaxes nas sombras que o ministerio está a pagar.
Así pois, señor Puente, é unha cuestión de vontade política e, por iso, espero que se impoña o sentido común e que poidamos avanzar nunha AP-9 galega e libre de peaxes.
E isto, para finalizar, lévame a outras dúas cuestións nas que creo que coincidiremos. Por unha parte, a que, mentres non se produza ese rescate, se apliquen xa a novas bonificacións para persoas usuarias superrecorrentes recollidas no acordo de investidura asinado co BNG e que, unha vez aprobados os orzamentos do Estado, se apliquen tamén á AP-53. Temos a certeza de que, como xa existe un decreto, xa existe un informe do Consello do Estado desde o ano 2021 e existe unha partida, non debería haber dificultades para que as da AP-9 se apliquen, mesmo sen orzamentos, xa este ano, mais entendemos que sexa necesario para a AP-53 e, por tanto, que no momento no que eses orzamentos estean aprobados, tamén sexan de aplicación, porque os criterios son similares. É evidente que aplicar o previsto no acordo de investidura de 2020 a agosto do 2021 establecendo esas ramificacións na AP-9 para usuarios recorrentes e superrecorrentes foi un avance que logrou aliviar a carga para as persoas e empresas que teñen que usar esa vía de forma habitual. Agora o que corresponde é amplialas segundo o previsto.
E tamén axilizar a transferencia da autoestrada do Atlántico que está a tramitar este Congreso por petición unánime, quero lembralo, por petición unánime e reiterada, porque xa veu en catro ocasións a este pleno do Congreso, do Parlamento da Galiza. Non ten sentido demorar máis esa tramitación. Por iso esperamos que a maioría da Mesa conformada polo seu partido, polo Partido Socialista, e por SUMAR non adíen máis o trámite e poida ser concluído canto antes. Esperámolo nós e espérao o conxunto da sociedade galega. Moitísimo obrigado.
Gracias, señor presidente. Muy buenas tardes. Señor ministro, señor Puente, una vez más estamos aquí hablando de la AP9. No es empecinamiento del BNG, nuestra insistencia tiene razón de ser o —diría— razones de ser; si ustedes las comprendiesen con certeza, ya les habría llevado a actuar para resolver el problema. Dos razones de ser, fundamentalmente: lo que implica para todos los gallegos y gallegas seguir pagando portajes por una infraestructura ya amortizada y lo que representa como discriminación a Galicia, maltratada históricamente por los Gobiernos españoles, con evidencia, por aquellos que acordaron prórrogas de la autopista del Atlántico de diez y veinticinco años. ¿Qué implica? Usted sabe bien que la AP9 articula el eje atlántico, donde se sitúa el 70 % de la población gallega, los tres aeropuertos, todos los puertos de interés general y la mayor parte de la actividad económica de nuestro país. Por tanto, continuar pagando portajes durante veinticuatro años más cuando ya van cincuenta y uno es castigar a todos los gallegos y gallegas, especialmente a los trabajadores y trabajadoras que tienen que utilizar esa vida a diario y a las empresas que la utilizan necesariamente para mover sus productos. Es decir, saquear los bolsillos de las clases populares y gravar los costes de producción de las empresas gallegas, que ven cómo pierden competitividad frente a las empresas españolas, que sí cuentan con vías de alta capacidad gratuita y, por cierto, también con transporte ferroviario de mercancías, del que Galicia no está precisamente bien servida. Esa es la razón principal, pero, señor Puente, no es menos importante comprobar cómo los Gobiernos españoles discriminan a Galicia, que debe continuar pagando a una empresa transnacional mientras que en el resto del Estado español las autopistas de pago finalizaron sus concesiones a los cuarenta años, ¡cuarenta! Le recuerdo que nosotros ya llevamos cincuenta y un años. No es justo ni aceptable, porque los gallegos y gallegas no estamos ya dispuestos a aguantar más discriminaciones. Sabemos perfectamente que ahora estamos sufriendo las consecuencias de una decisión injusta del Partido Popular. Fue un Gobierno de Aznar el que decidió una prórroga de veinticinco años, entre 2023 y 2048. Por tanto, el PP es hoy por hoy totalmente responsable de que los gallegos y gallegas continuemos pagando peajes en la AP9, y los diputados y diputadas gallegas del Grupo Popular colaboraron en una decisión contra Galicia, contra los intereses de nuestro país y de nuestra gente. Esto es incontestable, pero, señor Puente, si usted y su Gobierno se empeñan en defender el mantenimiento de la concesión, incluso en el ámbito judicial europeo, estarán haciéndose corresponsables de una injusticia e incluso, con certeza, de una ilegalidad. Ilegalidad, sí, porque la Unión Europea abrió un expediente de infracción al Estado español sobre esa prórroga, que considera no ajustada a derecho por no respetar el criterio de concurrencia competitiva. Usted sabe bien que el argumento que este Gobierno baraja, el de que cuando se produjo la prórroga la concesionaria era una empresa pública, hace aguas desde el momento en que obra en manos de la Unión Europea, como advirtió en su día el comisario de Mercado Interior, Thierry Bretón; documentación que acredita que cuando el Gobierno de Aznar acordó la concesión, año 2000, ya había previsto privatizarla y, por tanto, la prórroga tendría como verdadero objetivo —cito a Thierry Breton literalmente— aumentar su valor para una venta futura, ya prevista, más rentable.
Pero más allá de todo esto, usted sabe que existen precedentes en la Unión Europea que serían aplicables en este caso; en concreto, una sentencia del Tribunal de Justicia de la Unión Europea de 18 de septiembre de 2019, resolutoria del recurso por incumplimiento formulado por la Comisión contra la república italiana en relación con la modificación sustancial del contrato de concesión de obra pública, de 23 de octubre de 1969, entre la Compañía Nacional Autónoma de Carreteras —poder adjudicador— y la Sociedad Autopista Tirrenica —concesionaria— para la construcción de la autopista entre Livorno y Civitavecchia, con un plazo original de treinta años. En este caso, la Comisión Europea alegó que la prórroga del plazo de una concesión es una modificación sustancial que requiere una nueva licitación, lo que fue avalado por el tribunal. Esto quiere decir que ustedes saben perfectamente que la concesión de la AP9 está condenada a desaparecer mucho antes de que lleguemos al año 2048 y que lo va a hacer, si no le ponemos remedio, por la vía judicial. ¿Por qué se empeña entonces en continuar castigando a los gallegos y gallegas a pagar portajes abusivos mientras eso no sucede? ¿No sería más razonable y justo poner fin a la concesión lo antes posible y convertir la AP9 en libre de peajes?
Sabemos que usted habla de un coste excesivo, inasumible para las arcas públicas, pero el pasado mes de junio, el Pleno de este Congreso aprobó por amplia mayoría una propuesta del BNG que pide al Gobierno que rescate la autopista del Atlántico y que para eso comience por realizar un estudio de los costes y del procedimiento; aún no lo han hecho. Cuando usted habla de 4000 o 6000 millones, realmente está soltando cantidades sin soporte ni rigor, y lamento decirle que eso no solo no tiene credibilidad, sino que lo desacredita a usted. Entre tanto, el BNG encargó un informe a la Universidade da Coruña, realizado por los profesores Carlos Aymerich Cano y José Antonio Blanco, con rigor técnico y jurídico, que da como resultado que la cantidad que costaría acabar con la concesión es bastante menor que la que usted señala: 904,7 millones de euros. (Muestra un documento). Este es el estudio realizado por la Universidade da Coruña, señor Puente; si no lo tiene, yo se lo facilito, porque sería bueno que los técnicos de su ministerio y usted mismo lo conociesen. ¿Por qué 904,7 millones de euros? Entre otras razones, porque, al tratarse de un contrato ilegal y por tanto anulable, la concesionaria no tendría derecho a indemnización por lucro cesante, tal y como recoge el Tribunal Supremo en una sentencia dictada en 2022.
También el Gobierno gallego encargó un informe y, a pesar de encargárselo a Eptisa, empresa consultora relacionada directamente con Audasa —por tanto, si de algo fuese sospechosa, sería de intentar favorecer a la concesionaria y no de lo contrario—, cifra el coste de rescate entre 1612 y 2355 millones de euros, aún muy lejos de las cantidades que usted baraja.
Es más, en 2018, Globalvia adquirió una parte del Grupo Itínere, propietario del cien por cien de Audasa, valorando el total de las acciones del grupo en 1300 millones de euros. Esta transacción, según recoge el informe, no consta que fuera forzada o como consecuencia de una situación de liquidación voluntaria, es decir, que fue una valoración ajustada a lo que se entiende que era la realidad. En las mismas fechas, el fondo de inversión neerlandés APG también adquirió un porcentaje de participación del Grupo Itínere, otorgándole nuevamente una valoración de 1300 millones de euros al cien por cien de las acciones del grupo. Esto significa que existe ya un valor de mercado del Grupo Itínere, fijado en 1300 millones de euros en 2018. Pero, cuidado, hay que tener en cuenta que dentro de este grupo existen más activos que la AP9, por lo que debe valorarse solo el porcentaje que representa la concesión de esta autopista, por lo tanto, inferior a 1300 millones de euros. Sobre esa base, el informe estima la cuantía referida. Por otra parte, en su día la propia concesionaria de la AP9, Audasa, cuantificó el rescate en poco más de 1000 millones.
Por tanto, señor Puente, ¿por qué se empeñan ustedes en inflar las cantidades en el sentido más favorable para la empresa cuando lo lógico sería que la Administración pública discutiese cada euro, cada céntimo? En fin, señor Puente, haga caso de lo que decidió este Congreso: encargue el estudio e inicien los trámites para el rescate. No solo es la única solución justa, es la más beneficiosa para el interés público doblemente: para el interés de los gallegos y gallegas y para las arcas del Estado.
El dictamen —usted lo conocerá— para la tramitación de las bonificaciones realizado en el año 2021 indica que solo por este concepto el Estado deberá pagar 2394,5 millones de euros a Audasa hasta 2048; esto lo dice el Consejo de Estado. Es una cantidad enorme y, por lo tanto, rescatando la autopista del Atlántico, el Estado ahorraría aproximadamente 1489 millones de millones de euros; ahorraría más incluso si incluyésemos, como debería ser, los portajes en la sombra. Así pues, señor Puente, es una cuestión de voluntad política y por eso espero que se imponga el sentido común y podamos avanzar en una AP9 gallega y libre de peajes.
Para finalizar, esto me lleva a otras dos cuestiones en las que creo que coincidiremos. Por una parte, que mientras no se produzca ese rescate, se apliquen ya las nuevas bonificaciones para personas usuarias superrecurrentes recogidas en el acuerdo de investidura firmado con el BNG, y que, una vez aprobados los presupuestos de Estado, se aplique también en la AP53. Es evidente que ya existe un decreto, un informe del Consejo de Estado desde el año 2021 y existe una partida; no debería haber dificultades para que se apliquen, incluso sin presupuestos, ya este año, pero entendemos que sea necesario para la AP53 y que en el momento en el que esos presupuestos estén aprobados también sea de aplicación, porque los criterios son similares.
Es evidente que aplicar lo previsto en el acuerdo de investidura de 2020 en agosto de 2021 para usuarios recurrentes y superrecurrentes fue un avance que logró aliviar la carga para las personas y empresas que tienen que usar esa vía de forma habitual. Ahora lo que corresponde es ampliarla según lo previsto y también agilizar la transferencia de la autopista del Atlántico, que está tramitando este Congreso por petición unánime —quiero recordarlo, por petición unánime— y reiterada, porque ya viene en cuatro ocasiones a este Pleno del Congres. del Parlamento de Galicia. No tiene sentido demorar más esa tramitación. Por eso esperamos que la mayoría de la Mesa conformada por su partido, por el Partido Socialista y por SUMAR no retrase más el trámite y pueda ser concluido lo antes posible. Lo esperamos nosotros y lo espera el conjunto de la sociedad gallega.
Muchas gracias.