Néstor Rego Candamil
Grazas, señora presidenta. Gostaría de ser breve, porque hoxe xa houbo aquí un intenso debate sobre a AP-9 no que, para alén da transferencia, foi inevitábel abordar a cuestión central: o rescate pondo fin á concesión, quero dicir, anular a prórroga de 25 anos que aprobou no ano 2000 un Goberno de Aznar do Partido Popular, mais hai algunhas razóns que preciso salientar. En primeiro lugar, porque unha autoestrada que debería ficar libre de peaxes no ano 2013 deu aumentada a concesión en dúas prórrogas de maneira inxustificada até o ano 2048, cando todas as autoestradas da xeración da AP-9 hoxe están libres de peaxe unha vez que finalizou o período inicial de concesión ou estarano proximamente. Só en setembro de 2021, como sinalaba hai 15 días na interpelación ó ministro, máis de 600 quilómetros, a maioría en Cataluña, ficaron libres de portaxes. En segundo lugar, porque Aznar non só se limitou a unha prórroga excesiva e inxustificada, senón que privatizou a prezo de saldo a empresa pública que a xestionaba. Hoxe as portaxes que pagamos os galegos e galegas por utilizar a autoestrada do Atlántico van engordar as contas de resultados de empresas e fondos estranxeiros. Hai apenas 15 días a parte, arredor do 40 %, que mantiña Globalvia foi vendida ó fondo neerlandés APG que, con isto, xa controla a práctica totalidade de Itínere Audasa. En terceiro lugar, porque a Unión Europea abriu un expediente de infracción ó Estado español no ano 2021 por considerar que as prórrogas da AP-9 se produciron de forma ilegal ó non cumpriren o requisito de concorrencia competitiva, mais recentemente, neste mesmo ano, a UE abre un novo expediente de infracción ó Estado español polo mesmo motivo. E, ademais, existen precedentes de casos similares, un en Italia, por exemplo, que xa foron resoltos anulando a concesión. Quero dicir, que é perfectamente posíbel que haxa que anular a concesión. O que nós estamos reclamando é que non se espere a que esa anulación sexa obrigada pola Unión Europea, senón que se faga porque responde ó interese público. En cuarto lugar, porque, como xa ficou dito, a AP-9 é unha vía vertebral no eixo atlántico galego arredor da cal se articula o territorio con máis do 70 % da poboación de Galiza, os tres aeroportos, todos os portos de interese xeral e tamén a maior parte da actividade económica e empresarial do noso país.
Por tanto, manter esa vía de pagamento durante 75 anos, durante 25 anos máis, para alén de inxusto, castiga a economía das familias galegas e prexudica a competitividade das nosas empresas e, por tanto, o desenvolvemento social e económico de Galiza.
Hoxe, o obxectivo de termos unha AP-9 galega e libre de peaxe é partillado polo conxunto da sociedade galega, que se sente estafada e discriminada por decisións de Gobernos de Madrid manifestamente inxustas e lesivas para os intereses do noso país. Tanto é así que este duplo obxectivo, transferencia e rescate, foi motivo de unanimidade reiterada no Parlamento de Galiza. A transferencia, como xa ficou explicitado no debate anterior, até en cinco ocasións foi motivo de unanimidade no Parlamento de Galiza. O rescate tamén xerou un acordo unánime a partir dunha iniciativa do BNG no pasado día 14 de maio. De facto, a proposta de resolución que hoxe traemos aquí, que hoxe trae aquí o BNG, recolle fielmente o contido do acordo unánime do Parlamento galego. Por iso, señoras e señores do Partido Popular e do PSOE, espero que voten aquí o mesmo que votaron hai menos dun mes en Compostela. O contrario sería un engano e unha fraude a todos os galegos e galegas.
Non nos vale o argumento do ministro de que custaría 4000 millóns e isto é excesivo para o Estado. Para alén de que esa cantidade é máis que cuestionábel e outras estimacións o reducen á metade ou a menos da metade, por iso incluímos na proposta a realización dun estudo rigoroso que estableza como facer e canto vai custar, non escoitamos ningunha das forzas estatais cuestionar no seu día o rescate das radiais madrileñas que custaron, esas si, unha cantidade, se non igual, superior ós 4000 millóns de euros. Parece que Madrid xustifica absolutamente todo. Ninguén discute os euros que van para Madrid. Por contra, os galegos e galegas temos que pelexar cada euro que se destina ó noso país, a pesar de que saen dos nosos propios impostos, que non nolos regala ninguén. Por iso, non imos resignarnos nunca a un trato de segunda. É de xustiza reparar unha flagrante discriminación con Galiza custe o que custar.
Mais mesmo dende o punto de vista económico é cuestionábel que sexa o mellor para o interese público manter a concesión. No ano 2021 o Goberno fixo unha reserva para facer fronte ás bonificacións establecidas de 2300 millóns até o ano 2048. Non será mellor destinar eses recursos ó rescate da AP-9 en vez de llos entregar a unha empresa privada que actualmente a xestiona? Nós temos claro que si. Aínda que defendemos as bonificacións, mentres existan as peaxes cremos que a solución definitiva é acabar coas peaxes.
Porque si, o BNG sempre reclamou a gratuidade. Non o conseguimos, pero arrancamos, e ese é o verbo, unha medida que aliviase a carga a particulares e transportistas: a bonificación a usuarios e usuarias recorrentes. A señora Taboadela, que interveu con anterioridade, con esa falta de respecto de dicir: «Di vostede que non sei que acordo arrancou ó Goberno», o único que consegue é pór en evidencia que lle custa recoñecer que o Goberno do PSOE só fai cousas positivas cando o obrigan. Neste caso, cousas positivas para Galiza cando o BNG o obriga, porque esta é a realidade.
Se non leu os acordos a señora Taboadela, pode lelos. Eu téñoos aquí, como calquera deputado ou deputada galega do PSOE. Están colgados e son públicos. Por tanto, pode lelos para saber que dende o ano 2020 están recollidas bonificacións e tamén nos do ano 2023, que aínda teñen que cumprir tanto para a AP-9 como para a AP-53 e que queremos que cumpran mentres non sexa gratuíta.
O Partido Popular, finalizo, leu os acordos, aínda que sexa para dicir que son papel mollado. Papel mollado? Díganllelo ós millares de usuarios e usuarias habituais que xa desfrutan de bonificacións da metade da tarifa ou mesmo do 60 %. E, de paso, explíquenlles o Partido Popular a todos eses usuarios e usuarias que se aínda pagan o 40 % restante é por culpa de Aznar e do propio Partido Popular. Que queren vostedes agora rectificar unha decisión errada dun Goberno do PP? Perfecto. Ó BNG o que realmente lle interesa é favorecer o noso país e favorecer todos os galegos e galegas. Por iso, máis unha vez, cumpran con Galiza e voten aquí o mesmo que votaron o día 14 de maio no Parlamento de Galiza, porque é unha cuestión, non xa de coherencia, senón tamén de xustiza. Moito obrigado.
Gracias, señora presidenta. Me gustaría ser breve porque hoy ya ha habido aquí un intenso debate sobre la AP-9 en el que, además de la transferencia, fue inevitable abordar la cuestión central, el rescate, poniendo fin a la concesión, es decir, anular la prórroga de veinticinco años que aprobó en el año 2000 un Gobierno de Aznar, del Partido Popular. Pero hay algunas razones que es necesario subrayar. En primer lugar, porque una autopista que debería quedar libre de peajes en el año 2013 vio aumentada la concesión en dos prórrogas, de manera injustificada, hasta el año 2048, cuando todas las autopistas de la generación de la AP-9 hoy están libres de peaje una vez finalizado el periodo inicial de concesión, o lo estarán próximamente.
Solo en septiembre de 2021, como señalaba hace quince días en la interpelación al ministro, más de 600 kilómetros, la mayoría en Cataluña, quedaron libres de peaje.
En segundo lugar, porque Aznar no solo se limitó a una prórroga excesiva e injustificada, sino que privatizó a precio de saldo la empresa pública que gestiona hoy los peajes que pagamos los gallegos y gallegas por utilizar la autopista del Atlántico, que van a engordar las cuentas de resultados de empresas de fondos extranjeros. Hace apenas quince días un 40 % que mantenía Globalvia fue vendida al fondo neerlandés APG, que con esto ya controla la práctica totalidad de Itínere-Audasa.
En tercer lugar, porque la Unión Europea abrió un expediente de infracción al Estado español en el año 2021 por considerar que estas prórrogas se produjeron de forma ilegal al no cumplir el principio de concurrencia competitiva. Más recientemente, este mismo año, la UE abrió un nuevo expediente de infracción al Estado español por el mismo motivo. Además, existen precedentes de casos similares en Italia, por ejemplo, que ya han sido resueltos anulando la concesión. Es decir, que es perfectamente posible que haya que anular la concesión, y lo que nosotros estamos reclamando es que no se espere a que esa anulación sea obligada por la Unión Europea, sino que se haga porque responde al interés público.
En cuarto lugar, porque, como ya se ha dicho, la AP-9 es una vía vertebral en el eje atlántico gallego alrededor de la cual se articula un territorio con más del 70 % de la población de Galicia, los tres aeropuertos, todos los puertos de interés general y también la mayor parte de la actividad económica empresarial de nuestro país. Por lo tanto, mantener esta vía de pago durante setenta y cinco años, durante veinticinco años más, además de injusto, castiga la economía de las familias y perjudica la competitividad de nuestras empresas y, por lo tanto, el desarrollo social y económico de Galicia.
Hoy, el objetivo de tener una AP-9 gallega libre de peajes es compartido por el conjunto de la sociedad gallega, que se siente estafada y discriminada por decisiones de gobiernos de Madrid manifiestamente injustas y lesivas para los intereses de nuestro país. Tanto es así que este doble objetivo, transferencia y rescate, ha sido motivo de unanimidad reiterada en el Parlamento de Galicia. La transferencia, como ya se ha dicho en el debate anterior, hasta en cinco ocasiones ha sido motivo de unanimidad en el Parlamento de Galicia. El rescate también generó un acuerdo unánime a partir de una iniciativa del BNG el pasado día 14 de mayo. De hecho, la propuesta de resolución que hoy traemos aquí, que hoy trae aquí el BNG, recoge fielmente el contenido del acuerdo unánime del Parlamento gallego.
Por eso, señoras y señores del Partido Popular y del PSOE, espero que voten aquí lo mismo que votaron hace menos de un mes en Compostela. Lo contrario sería un engaño y un fraude a todos los gallegos y gallegas. No nos vale el argumento del ministro de que costaría 4000 millones y que esto es excesivo para el Estado. Aparte de que esta cantidad es más que cuestionable y hay otras estimaciones que la reducen a la mitad o a menos de la mitad ―por eso incluimos en la propuesta la realización de un estudio riguroso que establezca cómo hacer y cuánto va a costar―, no hemos escuchado a ninguna de las fuerzas estatales cuestionar en su día el rescate de las radiales madrileñas, que costaron ―esas sí― una cantidad, si no igual, superior a los 4000 millones de euros. Parece que Madrid justifica absolutamente todo, nadie discute los euros que van a Madrid. Sin embargo, los gallegos y gallegas tenemos que pelear cada euro que se destina a nuestro país a pesar de que salen de nuestros propios impuestos, que no nos lo regala nadie.
Por eso no vamos a resignarnos nunca a un trato de segunda, es de justicia reparar una flagrante discriminación con Galicia, cueste lo que cueste. Incluso, desde el punto de vista económico, es cuestionable que sea lo mejor para el interés público mantener la concesión. En 2021, el Gobierno hizo una reserva para hacer frente a las bonificaciones establecidas de 2300 millones hasta el año 2048. ¿No será mejor destinar esos recursos al rescate de la AP-9, en lugar de entregárselos a una empresa privada que actualmente la gestiona? Nosotros tenemos claro que sí, aunque defendemos las bonificaciones mientras existan los peajes, creemos que la solución definitiva es acabar con los peajes. Porque sí, el BNG siempre reclamó la gratuidad. No lo conseguimos, pero arrancamos ―ese es el verbo, arrancar― una medida que aliviase la carga a particulares y a transportistas, la bonificación a usuarios y usuarias recurrentes.
La señora Taboadela intervino con anterioridad con una falta de respeto al decir: Dice usted que no sé qué acuerdo arrancó al Gobierno. Lo único que consigue así es poner en evidencia que le cuesta reconocer que el Gobierno del PSOE solo hace cosas positivas cuando le obligan, en este caso, cosas positivas para Galicia cuando el BNG le obliga, porque esta es la realidad. Si no ha leído los acuerdos, señora Taboadela, los puede leer, yo los tengo aquí (muestra un documento), cualquier diputada o diputado gallego del PSOE puede leer cualquiera de ellos ―están colgados, son públicos― para saber que desde el año 2020 están recogidas bonificaciones y que en el año 2023 todavía se tienen que cumplir tanto para la AP-9 como para la AP-53, y queremos que se cumpla mientras que no sea gratuita.
El Partido Popular ―finalizo― ha leído los acuerdos, aunque sea para decir que es papel mojado. ¿Papel mojado? Díganselo a los miles de usuarios y usuarias habituales que ya disfrutan de bonificaciones de mitad de la tarifa o incluso del 60 %, y de paso explique el Partido Popular a todos esos usuarios y usuarias que si todavía pagan el 40 % restante es por culpa de Aznar y del propio Partido Popular. ¿Quieren ustedes ahora rectificar una decisión equivocada de un gobierno del PP? Perfecto. Al BNG lo que realmente le interesa es favorecer a nuestro país y a todos los gallegos y gallegas.
Por eso, una vez más, cumplan con Galicia, voten aquí lo mismo que votaron el 14 de mayo en el Parlamento de Galicia, porque es una cuestión ya no de coherencia, sino también de justicia.
Muchas gracias.