Néstor Rego Candamil
Grazas, señora presidenta. Señor ministro, hoxe volvemos falar da AP-9 neste Congreso. Máis unha vez, o BNG trae aquí esta cuestión tan importante para o noso país. E xa avanzo que no próximo pleno teremos AP-9 por partida dupla, na medida na que a representación institucional do Parlamento de Galiza virá aquí defender máis unha vez a transferencia ó noso país desta infraestrutura. Esperamos que esta sexa de verdade a boa, despois de incumprimentos sistemáticos tanto por parte do Partido Popular, que mesmo chegou a impedir o debate parlamentario cando Ana Pastor era presidenta do Congreso, como do Partido Socialista, que bloqueou a lei na lexislatura anterior. E, ó mesmo tempo, será debatida a moción que corresponde a esta interpelación, que o que busca é pór final á concesión e que a autoestrada do Atlántico pase a ser galega e libre de peaxe. Eu entendo que haxa quen fique sorprendido ou sorprendida de que unha infraestrutura viaria sexa asunto recorrente nos debates políticos, quer no Parlamento da Galiza, quer neste Congreso, mais, na realidade, é fácil de entender, pois vémolo como un dos principais problemas sociais, económicos e políticos da Galiza. Mesmo diría como unha cuestión de xustiza ou, se o preferiren, como un símbolo da inxustiza coa que o Estado trata o noso país. Á partida, porque a autoestrada do Atlántico funciona como un eixo ó redor do cal se articula o territorio con máis do 70 % da poboación da Galiza, os tres aeroportos, todos os portos de interese xeral e tamén a maior parte da actividade económica empresarial do noso país. Por tanto, que un elemento de mobilidade tan central sexa unha vía de pagamento coas portaxes máis altas do Estado español é un evidente problema non só para os usuarios e usuarias particulares, senón tamén para as empresas que ven gravados os custos de produción e de distribución como consecuencia do pagamento das peaxes. Isto vese agravado por tres feitos. En primeiro lugar, porque no noso país, na Galiza, carecemos dun sistema de transporte público á altura das necesidades que estruture a mobilidade interna de forma racional, tanto para pasaxeiros como para mercadorías. En segundo lugar, pola nosa peculiar forma de habitar o territorio, cunha poboación dispersa que acentúa a dependencia do vehículo privado. E, en terceiro lugar, porque temos unha posición xeograficamente periférica na península e en Europa, o que, combinado cos aspectos anteriores, fainos practicamente cativos do transporte por estrada, especialmente as empresas galegas que queren mover os seus produtos ou sacalos fóra do noso país. Estas son tamén as razóns fundamentais polas que o BNG rexeita a implantación de peaxes nas autovías, unha medida que, polo menos en canto non se poña en marcha un sistema de transporte público de pasaxeiros e mercadorías eficaz, sería claramente antisocial e antigalega. Mais a esta razón debemos engadir aínda unha cuarta realmente importante: o mantemento das peaxes na AP-9 representa non só un castigo para todos os galegos e galegas, senón unha clara discriminación coa Galiza. Por que? Moi sinxelo: todas as autoestradas da xeración da AP-9 hoxe están libres de peaxe unha vez que caducou a cesión ou estarano proximamente. Reparen, só en setembro de 2021 ficaron libres de peaxe máis de 600 quilómetros de autoestradas, a maioría en Cataluña. No caso da autoestrada do Atlántico, a concesión inicial de corenta anos finalizou no ano 2013. Tivemos a desgraza, e xa lle digo que este tipo de desgrazas son, infelizmente, habituais nun país politicamente dependente como o noso, como Galiza, de que gobernantes insensatos e insensíbeis co noso país tomasen a decisión de prorrogar a concesión dunha infraestrutura xa suficientemente amortizada pola que os galegos e galegas levamos pagando moito tempo. Primeiro, un Goberno de Felipe González do Partido Socialista prorrogou a concesión durante dez anos, entre 2013 e 2023. Máis adiante, no ano 2000, un Goberno de Aznar do Partido Popular fixo unha nova prórroga entre o ano 2023 e 2048, nin máis nin menos que de 25 anos, ou o que é o mesmo: regalaron un negocio seguro durante máis de dúas décadas a unha empresa como Audasa, que fora pública, privatizada polo PP de Aznar no ano 2003 por mil millóns de euros. Por certo, agora xa totalmente de capital foráneo ó Estado español, en mans de fondos voitre á conta de que os galegos e galegas continuemos pagando relixiosamente as peaxes e sacrificando o noso desenvolvemento social e económico. Para ser máis claros, para dicilo de maneira máis clara, se continuamos pagando peaxes desde agosto do ano 2023 é por culpa dunha decisión antisocial e antigalega do Partido Popular.
O BNG leva moito tempo reclamando pór fin a concesión, moito tempo reclamando unha AP-9 galega e libre de portaxes. Impulsamos iniciativas neste sentido en todas as institucións. No Parlamento da Galiza xa en catro ocasións a nosa proposta para a transferencia da AP-9 ó noso país foi acordada por unanimidade e debatida neste Congreso en dúas. Xa explicamos por que nalgunha non foi posíbel. Levamos tamén a proposta de liberar de peaxe a AP-9 a todos os foros de negociación.
En todo caso, conseguimos que o Goberno se comprometese con bonificacións para os usuarios e usuarias habituais ou recorrentes, bonificacións que xa están en vigor desde o ano 2021 e que chegan ó 60 % das tarifas establecidas. Quero dicir máis unha vez que se aínda pagamos portaxes é culpa do PP, se pagamos menos é grazas ó BNG.
Mesmo conforme ó establecido no último acordo de investidura, vostede sábeo, señor ministro, as bonificacións deben ser aumentadas aínda até o 75 % e seren aplicadas tamén na AP-53. Por certo, outra autoestrada cunha concesión de longa duración, de 75 anos tamén, por obra e graza do Partido Popular.
Por tanto, señor ministro, e, aínda que este non sexa o asunto central da interpelación, aproveito para urxir ó Ministerio a que poña en marcha canto antes os descontos acordados. Entre outras cousas, non facelo é deixar a porta aberta á demagoxia infinita do Partido Popular, que obvia as súas responsabilidades na prórroga da concesión ou mesmo na sinatura dun convenio en 2013 por parte de quen era na altura ministra de Fomento, Ana Pastor, que, xunto con outro de 2011 de Xosé Blanco, obriga a unha compensación do 1 % por riba do IPC. E todos os meses de xaneiro critica o Partido Popular a suba das portaxes como se fose culpa do BNG. Como digo, demagoxia e hipocrisía infinitas.
Mais advertimos, e así quedou establecido no acordo de investidura, que non nos conformabamos con esta medida de abaratar as peaxes ós usuarios e usuarias recorrentes da AP-9. Positiva, mais non suficiente. O noso obxectivo sempre foi e continúa sendo que a AP-9 pase a ser unha autoestrada libre de peaxe. E cremos que, para alén de non nos faltaren razóns, que xa expuxen, tampouco nos falta a razón xurídica, porque no ano 2021 a Unión Europea abriu un expediente de infracción ó Estado español por considerar que as prórrogas da AP-9 se produciron de forma ilegal ó non cumpriren o principio de concorrencia competitiva. Máis recentemente, neste mesmo ano, non hai moito, a UE abriu un novo expediente de infracción ó Estado español polo mesmo motivo. Existen, por outra parte, precedentes de casos similares, por exemplo, en Italia, que xa foron resoltos anulando a concesión.
Por tanto, señor ministro, a reclamación que hoxe trae aquí o BNG, partillada maioritariamente pola sociedade galega, de que deixemos de pagar a estafa legalizada que implican as portaxes da autoestrada do Atlántico non só é socialmente xusta, senón que ademais se axusta á legalidade. Van ter que facelo si ou si, de modo que fágano xa por vontade propia e non obrigados.
Onte, por certo, coñeciamos que a última parte de capital que estaba en mans de empresas do Estado español deixou de estalo ó vender Globalvia a súa parte de Itínere, da xestora de Audasa, ó fondo holandés APG. Que sentido ten que continuemos pagando e sacrificando o noso futuro e o noso desenvolvemento para satisfacer a ambición de maiores lucros por parte de empresas que mesmo levan eses lucros non só fóra da Galiza, como xa é habitual, senón tamén fóra do Estado español?
Esta, señor ministro, é unha cuestión de vontade política, mais tamén, como dicía, unha cuestión de xustiza, de reparar unha discriminación coa Galiza que ten un custo moi importante en termos de desenvolvemento e de benestar. Mais implica tamén atender unha demanda maioritaria da sociedade galega. Non é falar por falar. Reparen que todas as forzas políticas con representación no Parlamento da Galiza coinciden nisto, incluído o seu propio partido, polo menos na Galiza, non? Quero lembrarlle que o candidato do Partido Socialista nas últimas eleccións galegas e, nesa altura, aínda deputado neste Congreso, o señor Gómez Besteiro, comprometeuse publicamente na campaña coa gratuidade da AP-9. Cumpran, por tanto, o que prometeron ó conxunto dos galegos e galegas.
Sabemos que a posición do Partido Popular é profundamente hipócrita. Hoxe reclaman a gratuidade cando, como dicía, se seguimos pagando portaxes é como consecuencia dunha decisión dun Goberno do PP. Mais a nós, o BNG, iso non nos preocupa, porque o que realmente nos importa é favorecer os intereses da maioría social do noso país, do conxunto dos galegos e galegas, e tamén do noso tecido produtivo, das nosas empresas. Por tanto, para nós é chave acabar co castigo que representan as peaxes na autoestrada do Atlántico. Este é o momento de facelo. Vostedes poden e vostedes deben facelo. Moito obrigado.
Gracias, señora presidenta. Señor ministro, hoy volvemos a hablar de la AP-9 en este Congreso. Una vez más, el BNG trae aquí esta cuestión tan importante para nuestro país. Y ya avanzo que en el próximo Pleno tendremos la AP-9 por partida doble, en cuanto a que la representación institucional del Parlamento de Galicia estará aquí defendiendo, una vez más, la transferencia a nuestro país de esta infraestructura, y esperamos que esta sea la definitiva, después de haber incumplido, sistemáticamente, tanto por parte del Partido Popular ― que llegó a impedir el debate parlamentario cuando Ana Pastor era presidenta del Congreso― como también por parte del Partido Socialista, que bloqueó la ley en la legislatura anterior. Al mismo tiempo, se debatirá la moción que corresponde a esta interpelación, que lo que busca es poner final a la concesión y que la autopista del Atlántico pase a ser gallega y libre de peajes. Comprendo que hay quien se sorprenda de que una infraestructura viaria sea una cuestión recurrente en los debates políticos que hay en Galicia o aquí en este Congreso, pero la realidad es fácil de comprender: porque lo consideramos uno de los principales problemas sociales, económicos y políticos de Galicia, e incluso diría una cuestión de justicia; o si lo prefieren, como un símbolo de la injusticia con la que el Estado trata a nuestro país. La autopista del Atlántico funciona como un eje en torno al que se articula más del 70 % de la población de Galicia y todos los aeropuertos y puertos de interés y también la mayor parte de interés económico y empresarial de nuestro país. Por tanto, que un elemento de movilidad tan central sea una vía de pago, con los peajes más altos de España, es un problema no solo para los usuarios particulares, sino también para las empresas que incrementan sus costes de producción y distribución a consecuencia del pago de los peajes. Esto se agrava por tres hechos. En primer lugar, porque en nuestro país, en Galicia, carecemos de un sistema de transporte público a la altura de las necesidades que estructure la movilidad interna de forma racional, tanto para pasajeros como para mercancías. En segundo lugar, porque por nuestra peculiar manera del territorio, con una población dispersa, se acentúa el uso del vehículo privado. Y, en tercer lugar, porque tenemos una posición geográficamente periférica en la península y en Europa, lo que, combinado con los aspectos anteriores, nos hace totalmente esclavos del transporte por carretera, sobre todo para las empresas gallegas que quieren mover sus productos o sacarlos fuera del país. Estas también son las razones fundamentales por las que el BNG rechaza la implantación de peajes en las autopistas, porque es una medida que, hasta que no se ponga en marcha un método de transporte público de mercancías eficaz, es antisocial y antigallega. A esta razón debemos añadir, además, una cuarta realmente importante: el mantenimiento de los peajes en la AP-9 representa no solo un castigo para todos los gallegos y gallegas, sino una clara discriminación para Galicia. ¿Por qué? Pues es muy sencillo, porque todas las autopistas de la generación de la AP-9 hoy ya no tienen peajes al haber caducado o lo estarán próximamente. Solo en septiembre de 2021 quedaron libres de peaje más de 600 kilómetros de autopista, la mayoría en Cataluña. En el caso de la autopista del Atlántico, la concesión inicial de treinta años finalizó en el año 2013. Tuvimos la desgracia —y ya le digo que este tipo de desgracia es lamentablemente habitual en un país políticamente dependiente como es el nuestro, Galicia— de que los gobernantes insensatos e insensibles con nuestro país tomasen la decisión de prorrogar la concesión de una infraestructura ya suficientemente amortizada por la que los gallegos y gallegas llevamos mucho tiempo pagando. Primero, un Gobierno de Felipe González, del Partido Socialista, aprobó la concesión durante diez años, entre 2013 y 2023; más adelante, en el año 2000, un Gobierno de Aznar, del Partido Popular, hizo una nueva prórroga entre el año 2023 y 2048, nada más y nada menos que veinticinco años; o lo que es lo mismo, le regalaron un negocio seguro durante más de dos décadas a una empresa como Audasa, que había sido pública ― privatizada por el PP de Aznar en el año 2003 por 23 millones de euros― y ahora ya en manos de capital extranjero, en manos de fondos buitre, a pesar de que los gallegos continuamos pagando los peajes y sacrificando el desarrollo social y económico de nuestro país. Para ser más claro y decirlo más claramente: si continuamos pagando peajes desde el año 2023, es por culpa de una decisión antigallega y antisocial del Partido Popular. El BNG hace tiempo que reclama poner fin a la concesión; llevamos mucho tiempo reclamando una AP-9 gallega libre de peajes. Impulsamos iniciativas en este sentido y en todas las instituciones. En el Parlamento de Galicia siempre se han hecho propuestas para la transferencia de la AP-9 a nuestro país; y fue acordada por unanimidad y votada en este Congreso en dos ocasiones, y ya explicamos por qué en alguna no ha sido posible. También llevamos la propuesta de liberación de la AP-9, pero conseguimos que el Gobierno se comprometiese para que se eliminasen las bonificaciones que llevan en vigor desde el año 2021, y que llegan al 60 % de las tarifas establecidas. Es decir, si una vez más continuamos pagando peajes, es por culpa del PP, y si pagamos menos es gracias al BNG. Incluso, según lo establecido en el último acuerdo de investidura, las bonificaciones deben aumentarse todavía hasta el 75 % y aplicarse también en la AP-53; por cierto, otra autopista con una concesión de larga duración, de setenta y cinco años, por obra y gracia del Partido Popular.
Por lo tanto, señor ministro, y aunque este no sea un asunto central de la interpelación, aprovecho para urgir al ministerio a que ponga en marcha cuanto antes los acuerdos alcanzados porque, entre otras cosas, no hacerlo es dejar la puerta abierta a la demagogia infinita del Partido Popular, que obvia su responsabilidad en la prórroga de la concesión o incluso en la firma de un convenio en 2013 por quien era en aquel momento ministra de Fomento, Ana Pastor, quien, junto con otro de 2011, de José Blanco, obliga a una compensación del 1 % por encima del IPC. Y todos los meses de enero critica el Partido Popular al BNG por la subida de los peajes como si fuese culpa de ellos, es decir, demagogia e hipocresía infinitas.
Pero advertimos ―y así quedó establecido en el acuerdo de investidura― que no nos conformamos con esta medida de abaratar los peajes a los usuarios y usuarias habituales de la AP-9, que es positiva pero insuficiente. Nuestro objetivo siempre ha sido ―y continúa siendo― que la AP-9 pase a ser una autopista libre de peajes. Creemos que, más allá de que no nos faltan razones que ya he expuesto, tampoco nos falta la razón jurídica, porque en 2021 la Unión Europea abrió un expediente de infracción al Estado español por considerar que las prórrogas de la AP-9 se realizaron de forma ilegal al no cumplir el principio de concurrencia competitiva. Más recientemente, en este año, no hace mucho, la Unión Europea abrió un nuevo expediente de infracción al Estado español por el mismo motivo. Existen, por otra parte, precedentes de casos similares, por ejemplo, en Italia, que ya han sido resueltos, anulando la concesión.
Por tanto, señor ministro, la reclamación que hoy trae aquí el BNG, compartida mayoritariamente en la sociedad gallega de que dejemos de pagar las tasas de los peajes de la autopista del Atlántico, no es solamente justo, sino que, además, se ajusta a la legalidad. Tendrán que hacerlo sí o sí, de modo que háganlo ya, por voluntad propia y no obligados.
Ayer, por cierto, conocíamos que la última parte de capital que estaba en manos de una empresa del Estado español dejó de serlo al vender Globalvia parte de su capital al fondo holandés APG. ¿Qué sentido tiene que continuemos pagando y sacrificando nuestro futuro y desarrollo para satisfacer la ambición de mayor beneficio por parte de empresas que llevan esos beneficios no solo fuera de Galicia, que es lo habitual, sino fuera del español también?
Esta, señor ministro, es una cuestión de voluntad política, pero también, como decía, una cuestión de justicia, de reparar una discriminación con Galicia que tiene un coste muy grande en términos de desarrollo y de bienestar, pero implica también atender una demanda mayoritaria de la sociedad gallega. No es hablar por hablar. Fíjense que todas las fuerzas políticas con representación en el Parlamento de Galicia coinciden con esto, incluido su propio partido, al menos en Galicia.
Quiero recordarle que el candidato del Partido Socialista en las últimas elecciones gallegas, el que en aquel momento era diputado en este Congreso, el señor Gómez Besteiro, se comprometió públicamente en la campaña —su campaña— con la gratuidad de la AP-9. Cumplan, por tanto, lo que han prometido al conjunto de los gallegos y gallegas.
Sabemos que la posición del Partido Popular es profundamente hipócrita. Hoy reclaman la gratuidad cuando, como decía, si seguimos pagando peajes es como consecuencia de una decisión del Gobierno del PP, pero a nosotros, al BNG, eso no nos preocupa, porque lo que realmente nos importa es favorecer los intereses de la mayoría social de nuestro país, del conjunto de los gallegos y gallegas, y también, de nuestro tejido productivo, de nuestras empresas. Por tanto, para nosotros es hora de acabar con el castigo que representan los peajes en la autopista del Atlántico. Este es el momento de hacerlo. Ustedes pueden y ustedes deben hacerlo.
Muchas gracias.