Néstor Rego Candamil
Obrigado, señora presidenta. Debatemos hoxe unha proposta á Asemblea da Comunidade de Madrid para modificar o artigo 330 da Lei orgánica do poder xudicial do seu apartado catro, no referido á forma de elección dos maxistrados do Tribunal Superior de Xustiza; unha proposta que, xa avanzamos, non partillamos por centralizadora, regresiva e uniformizadora.
Este artigo agora mesmo establece que na Sala do Civil e Penal dos Tribunais Superiores de Xustiza unha de cada tres prazas será cuberta por unha persoa xurista de recoñecido prestixio con máis de dez anos de exercicio profesional na comunidade autónoma, nomeada polo Consello Xeral do Poder Xudicial dentro dunha terna proposta pola Asemblea Lexislativa correspondente; no noso caso, o Parlamento da Galiza. O resto das prazas serán cubertas por maxistrados ou maxistradas con dez anos na categoría e na orde xurisdicional civil ou penal e con especiais coñecementos en dereito civil propio, foral ou especial.
Así pois, a reforma implicaría eliminar a posibilidade de que formen parte dos Tribunais de Xustiza xuristas de recoñecida competencia, quedando reducida a composición unicamente a membros da carreira xudicial.
Curiosamente, fano cos maxistrados dos Tribunais Superiores de Xustiza, pero manteñen esta posibilidade noutros órganos xudiciais, como é o caso do Tribunal Supremo, o que pon en evidencia que o problema non é a tan cacarexada independencia dos xuíces da que, por certo, vostedes se rin a diario. O que realmente cuestionan é a participación dos parlamentos autonómicos na proposta de persoas para ocupar eses postos. Parece que hai determinadas forzas políticas, como o Partido Popular e ultradereita, que non confían nas e nos representantes electos pola cidadanía para escoller as persoas que, cumprindo os requisitos antes citados, sexan idóneas para ocupar o cargo de maxistrado ou maxistrada no, por caso, Tribunal Superior de Xustiza da Galiza. E tamén é claro que o problema non é o sistema de elección, senón a concepción utilitaria, en beneficio propio, que algunhas forzas parecen ter da xustiza e o seu afán de controlala, sexa pola porta de diante ou sexa pola porta de atrás, e xa sabemos que nisto o PP ten experiencia acreditada e mesmo pregoada publicamente, de forma que aquí ben se pode aplicar aquilo de que «pensa o ladrón que todo o son da súa condición».
Na verdade, a participación da cidadanía na elección dos xuíces e maxistrados, así como no órgano de dirección do poder xudicial, xa está o suficientemente limitada no sistema implantado no Estado español. Que participe o poder lexislativo como representantes públicos das e dos cidadáns non é algo perverso, como pretenden facer crer, nin unha inxerencia. É unha medida democrática. Eliminar esa posibilidade sería, por tanto, regresivo porque, aliás, non se elimina só a posibilidade de que sexan electos polos parlamentos, senón tamén a posibilidade de que sexan xuristas, segundo se di na exposición de motivos, para que a elección se centre no mérito e na capacidade, como se iso fose algo exclusivo das persoas pertencentes á carreira xudicial: elitismo e corporativismo, todo xunto e a partes iguais.
Así mesmo, elimina que os dez anos de exercicio sexan no ámbito territorial do Tribunal Superior de Xustiza, unha experiencia que pode permitir a valoración de elementos máis alá dos esixidos, como o coñecemento e manexo da lingua ou do dereito civil especial; no noso caso, do dereito civil galego. Trátase, ademais, dunha reforma recentralizadora, profundamente centralizadora, pois eliminaría as poucas competencias ou formas de participación, agora depositadas en mans doutros organismos, para outorgarllos ao Consello Xeral do Poder Xudicial.
Esta liña vai na dirección oposta ao que defende o BNG en materia de xustiza e organización xudicial, que pasa por lograr un poder xudicial propio na Galiza, na súa democratización e transparencia e na adecuada distribución. Un sistema xudicial, tamén, en que o galego poida ser lingua de uso en pé de igualdade, en que reclamar trámites, resolucións ou documentos en galego non sexa unha verdadeira odisea, como lamentabelmente acontece até agora.
O que si hai que recoñecer é que o Partido Popular foi capaz de dar outra volta de rosca ás políticas centralizadoras. Até agora, cando falabamos en termos políticos de Madrid, acostumabamos referirnos ao Goberno do Estado ou á estrutura do Estado, sempre ocupados e preocupados, é verdade, por recentralizar. Agora, co Partido Popular, as políticas centralizadoras veñen directamente de Madrid. Madrid, Comunidade Autónoma, Madrid como modelo de todas as cousas e Ayuso como referente total. E si, é verdade que é referente en moito. Por exemplo, na privatización de servizos públicos, na deterioración da sanidade, nas políticas contra o avance de dereitos e da democracia, nos negocios de familia ou na deshumanización de deixar morrer máis de 7000 persoas idosas nas residencias durante a pandemia. Niso é referente. Mais claro, para sermos xustos, o Partido Popular da Galiza, con Feixoo primeiro e Rueda despois, tampouco ficou atrás da Comunidade de Madrid na maioría desas políticas. En todo caso, xa o dixo o portavoz do PP que me precedeu no uso da palabra: «de Madrid para toda España». Intervención urbi et orbe, como corresponde á súa concepción do que é o Estado español.
O máximo será ver deputados e deputadas galegas do Partido Popular votando para que sexan retiradas competencias e facultades ao Parlamento da Galiza. Todo para contentar a Ayuso, para tentar que Feixoo sobreviva un mes máis nesta selva madrileña. Se iso acontecer, non se pode caer en maior indignidade. Non se pode caer en maior indignidade. Mais, na verdade, con vostedes, co Partido Popular, xa nada sorprende. Por todo o contrario, por dignidade, o BNG vai votar en contra. Moito obrigado.
Gracias, señora presidenta. Debatimos hoy una propuesta de la Asamblea de la Comunidad de Madrid para modificar el artículo 330 de la Ley Orgánica del Poder Judicial en su apartado 4 en lo referido a la forma de elección de los magistrados del Tribunal Superior de Justicia, algo en lo que ya avanzamos que no estamos de acuerdo por centralizadora, regresiva y uniformizadora. Este artículo ahora mismo establece que en las salas de lo Civil y Penal de los tribunales superiores de Justicia una de cada tres plazas será cubierta por una persona jurista de reconocido prestigio, nombrado por el Consejo General del Poder Judicial dentro de una propuesta de la asamblea legislativa correspondiente, en nuestro caso, el Parlamento de Galicia. El resto de plazas serán cubiertas por magistrados o magistradas con diez años en la categoría en la orden jurisdiccional civil o penal y con especiales conocimientos en derecho civil propio, foral o especial. Así pues, la reforma implicaría eliminar la posibilidad de que formen parte de los tribunales de Justicia juristas de reconocida competencia, quedando reducida la composición únicamente a miembros de la carrera judicial. Curiosamente, lo hacen con los magistrados de los tribunales superiores de Justicia, pero mantienen esta posibilidad en otros órganos judiciales, como es el caso del Tribunal Supremo, lo que pone en evidencia que el problema no es la tan cacareada independencia de los jueces, de la que, por cierto, ustedes se ríen a diario; lo que realmente cuestionan es la participación de los parlamentos autonómicos en la propuesta de personas para ocupar esos puestos. Parece que hay determinadas fuerzas políticas, como el Partido Popular y la ultraderecha, que no confían en las y los representantes elegidos por la ciudadanía para escoger a las personas que, cumpliendo los requisitos antes citados, sean idóneas para ocupar el cargo de magistrado o magistrada en el, por ejemplo, Tribunal Superior de Justicia de Galicia. También está claro que el problema no es el sistema de elección, sino la concepción utilitaria en beneficio propio que algunas fuerzas parecen tener de la justicia y de su afán por controlarla, sea por la puerta de delante o por la puerta de atrás, y ya sabemos que en esto el PP tiene experiencia acreditada e incluso pregonada públicamente. De forma que aquí bien se puede aplicar aquello de «piensa el ladrón que todos son de su condición». En verdad, la participación de la ciudadanía en la elección de los jueces y de los magistrados, así como en el órgano de dirección del Poder Judicial, ya está lo suficientemente limitada en el sistema implantado en el Estado español. Que participe el Poder Legislativo como representante público de las y los ciudadanos no es algo perverso, como pretenden hacer creer, ni una injerencia; es una medida democrática. Eliminar esa posibilidad sería, por lo tanto, regresivo. De hecho, no se elimina solo la posibilidad de que sean elegidos por los parlamentos, sino también la posibilidad de que sean juristas, según se dice en la exposición de motivos, para que la elección se centre en el mérito y la capacidad, como si fuese algo exclusivo de las personas pertenecientes a la carrera judicial. Elitismo y corporativismo todo junto y a partes iguales.
De la misma manera, se elimina que los diez años de ejercicio sean en el ámbito territorial del Tribunal Superior de Justicia, una experiencia que puede permitir la valoración de elementos más allá de los exigidos, como el conocimiento y manejo de la lengua o del derecho civil especial; en nuestro caso, del derecho civil galego. Se trata, además, de una reforma recentralizadora, profundamente centralizadora, pues eliminaría las pocas competencias o formas de participación ahora depositadas en manos de otros organismos para otorgárselas al Consejo General del Poder Judicial. Esta línea va en dirección opuesta a lo que defiende el BNG en materia de justicia y organización judicial, que pasa por lograr un Poder Judicial propio en Galiza, en su democratización y transparencia y en la adecuada distribución; un sistema judicial también en el que el gallego pueda ser lengua de uso en pie de igualdad y en la que se puedan reclamar trámites, resoluciones o documentos en gallego sin que esto sea una verdadera odisea, como lamentablemente ocurre ahora.
Lo que sí hay que reconocer es que el Partido Popular ha sido capaz de dar otra vuelta de rosca a las políticas centralizadoras. Hasta ahora, cuando hablábamos en términos políticos de Madrid solíamos referirnos al Gobierno del Estado o la estructura del Estado, siempre ocupados y preocupados por recentralizar. Ahora, con el Partido Popular, las políticas centralizadoras vienen directamente de Madrid, de Madrid comunidad autónoma: Madrid como modelo de todas las cosas y Ayuso como referente total. Y, sí, es verdad que es referente en mucho; por ejemplo, en la privatización de servicios públicos, en el deterioro de la sanidad, en las políticas contra el avance de derechos y democracia, en los negocios de familia o en la deshumanización de dejar morir a más de siete mil personas de edad avanzada en las residencias durante la pandemia. En eso es un referente. Pero, claro, para ser justos, el Partido Popular de Galicia, con Fejióo primero y Rueda después, tampoco se ha quedado detrás de la Comunidad de Madrid en la mayoría de estas políticas. En todo caso, ya lo ha dicho el portavoz del PP que me ha precedido en el uso de la palabra: de Madrid para toda España; intervención urbi et orbi, como corresponde a su concepción de lo que es el Estado español. Lo máximo será ver a diputados gallegos y diputadas gallegas del Partido Popular votando para que sean retiradas competencias y facultades al Parlamento de Galicia, todo para contentar a Ayuso, para intentar que Feijóo sobreviva un mes más en esta selva madrileña. Si esto ocurriera, no se puede caer en mayor indignidad; no se puede caer en una mayor indignidad. Pero, en verdad, con ustedes, con el Partido Popular, nada sorprende.
Por todo lo contrario, por dignidad, el BNG va a votar en contra. Muchas gracias.