Néstor Rego Candamil
Grazas, señora presidenta. Moi boa tarde. Hoxe completamos unha tramitación dunha lei para a transferencia da AP‑9 en Galiza, que é facer realidade un obxectivo fundamental da sociedade galega. E creo que é un momento que non é esaxerado cualificar de histórico porque levamos moitos anos de reclamacións que sempre acabaron frustrándose por decisións políticas de uns ou doutros. Cando digo uns ou outros estou facendo referencia ás forzas do bipartidismo tradicional, á forza de ámbito estatal e no entanto nesta ocasión estamos xa completando esa tramitación. O certo é que hai décadas que o BNG, xuntamente co fin da concesión que tiña que concluír no ano 2013, —q uero lembrar iso— vén reclamando a transferencia, unha reclamación que tomou corpo institucional no ano 2014, cando o Bloque Nacionalista Galego rexistrou unha proposición de lei en decembro dese ano no Parlamento de Galiza, que acabou sendo debatida e aprobada na primavera de 2016. Na altura, o PP mantiña maioría absoluta no Parlamento de Galicia e tamén maioría absoluta nesta cámara con Mariano Rajoy de presidente do Goberno e cunha deputada por Pontevedra, Ana Pastor, como presidenta do Congreso. Curiosamente, nesa altura, nese debate, o señor Pedro Puy interveu aquí na anterior ocasión en que debatemos sobre a transferencia da AP‑9, era portavoz do Partido Popular no Parlamento de Galicia e expresamente reclamou ao resto das forzas políticas eliminar todas as esixencias económicas para evitar darlle un pretexto ao Partido Popular de España de que non votasen a favor desa lei. O BNG accedeu con boa vontade, mais é certo que non serviu absolutamente para nada porque non é xa que o PP votase en contra, non, e que vetou o debate, insisto con Ana Pastor como presidenta deste congreso, non se puido debater e non se puido votar.
Desde entón o PP reclama na Galiza coa boca pequena, iso si, a transferencia mentres aquí actúan para bloquear sistematicamente. Hoxe é a proba do algodón. Se o Partido Popular está a favor desa transferencia poden votar a favor, mais xa sabemos que non o van facer porque xa votaron dúas veces en contra, buscando pretextos falsos, valéndose da mentira e da manipulación para xustificar máis unha traizón a Galiza, como despois farán, por certo, coa débeda, coa quita da débeda ao noso país. E por que? Pois sinxelamente porque o PP realmente non quere esa transferencia, tamén porque non queren aceptar o papel que xogou o BNG para facela posíbel. Por iso utilizan mentiras, manipulacións, falsidades de tal calibre que, reparen, até a letrada do Senado no seu informe lle desmonta ás dúas principais. Di o Partido Popular: non é unha transferencia da AP‑9 porque se refire a que haxa un acordo na Comisión Mixta de Transferencias. E o segundo argumento: non hai garantías de que a administración galega non teña que asumir responsabilidades, como por exemplo a derivadas dunha finalización da concesión, como consecuencia dunha sentenza do Tribunal de Xustiza da Unión Europea. E que di a letrada no seu informe? Pois di que a Comisión Mixta de Transferencias é o mecanismo habitual para concretar aquilo que con carácter xeral se estabelece na lei. E en segundo lugar, di que queda clara a responsabilidade do Estado español e que a Xunta de Galiza non terá que asumir máis que as consecuencias das súas propias decisións unha vez que sexa titular da AP‑9. Isto é o que di o informe da letrada do Senado, desmontando as mentiras e as manipulacións do Partido Popular. Eu engadiría máis, que se concrete na Comisión Mixta de Transferencias, foi incorporado expresamente por vontade do BNG tamén como unha forma de respectar a capacidade de autogoberno de Galiza, pero parece que o Partido Popular non ten ningunha confianza na súa propia capacidade negociadora co goberno do Estado.
Vostedes seguirán coas mentiras e non lles valerá de nada porque esta lei vai ser aprobada. Só espero que non teñan, só esperamos que non teñan a tentación de bloquear despois de Madrid de maneira permanente a negociación na Comisión Mixta de transferencias porque se o fan terán que dar explicacións ao pobo galego e o que lles aconsellaría é que utilizasen ese foro para negociar o final da concesión, que é responsabilidade dun goberno do Partido Popular do señor Aznar, esa prórroga ilegal que Aznar fixo no ano 2000 e que precedeu á privatización de Audasa no ano 2003.
Agora vostedes reclaman o fin da prórroga tamén. Parécenos ben claro que nos parece ben. O que pasa é que non sabemos se é rectificación da súa propia actitude ou se realmente o fan tamén coa boca pequena. Porque eu quero lembrar que a única forza política que trouxo ao pleno deste congreso iniciativas para esixir ao Goberno poñer fin á concesión foi o BNG e lémbrolles que foron aprobadas en dúas ocasións con tres meses de diferenza no ano 2024.
Señores e señoras do Partido Popular, a súa folla de servizos está clara. No ano 2000 fixeron unha prórroga ilegal de 25 anos da concesión da AP‑9, no 2003 privatizaron e a propia Unión Europea establece que a prórroga feita foi para facer máis atraente esa privatización e polo tanto, fraudulenta. No ano 2016 vetaron neste congreso o debate e no ano 2026 votan en contra. E a folla de servizos do Partido Popular, perdón do Bloque Nacionalista Galego, tamén o está. Décadas reclamando a transferencia da AP‑9, catro proposicións de lei no Parlamento de Galicia, todas elas aprobadas, conseguimos bonificacións de até 75 % para usuarios e usuarias habituais e de 50 % para transportistas profesionais. Logramos, insisto, en dúas ocasións resolucións deste pleno para poñer fin á concesión, desbloqueamos a tramitación da lei e hoxe estamos dando un paso decisivo para aprobar e por tanto, poden seguir contando mentiras e manipulando na Televisión de Galicia ou nos medios afíns que ninguén lles vai xa crer porque a xente o que está vendo é que vostedes votan en contra dos intereses da Galiza.
Nós seguiremos traballando, saben para que? Unha vez feita realidade a transferencia, para facer tamén realidade a outra parte do uso dese slogan que concretou a aspiración da sociedade galega que é unha AP‑9 libre galega e libre de peaxes, para poñer fin a esa prórroga ilegal para acabar coa inxustiza de ter que seguir pagando portaxes, por unha infraestrutura suficientemente amortizada, porque queremos unha infraestrutura que sexa un motor do desenvolvemento de Galicia e non un lastre como até agora.
Cada quen, finalizo, ten a súa folla de servizos e a súa folla de ruta e a folla de ruta do BNG é defender os intereses de Galiza, de todos os galegos e galegas. E por iso hoxe, a pesar do Partido Popular e de VOX, vamos sacar adiante esta lei.
Moito obrigado.
Gracias, señora presidenta. Buenas tardes. Hoy completamos una tramitación de una ley para la transferencia de la AP‑9 en Galicia, que hace realidad un objetivo fundamental de la sociedad gallega. Creo que es un momento que no es exagerado calificar de histórico, porque llevamos muchos años de reclamaciones que siempre terminaban frustrándose por decisiones políticas de unos u otros. Cuando digo unos u otros hablo de las fuerzas del bipartidismo tradicional de ámbito estatal. Pero, en esta ocasión, estamos ya completando esa tramitación. Lo cierto es que hace décadas que el BNG luchaba por el fin de la concesión ―que debía concluir en 2013, quiero concretar eso―, que viene peleando por la transferencia. Una reivindicación que en 2014 se registró en forma de proposición de ley, en diciembre de ese año en el Parlamento de Galicia, que terminó siendo debatida y aprobada en la primavera de 2016. En aquel momento el PP tenía la mayoría absoluta en el Parlamento de Galicia, también mayoría absoluta en esta Cámara, con Mariano Rajoy de presidente del Gobierno y con una diputada de Pontevedra, Ana Pastor, como presidenta del Congreso. Curiosamente, en ese momento, en ese debate, el señor Pedro Puy ―que ha intervenido aquí, ahora que debatimos sobre la AP‑9― era el portavoz del Partido Popular en el Parlamento de Galicia. Y expresamente reclamó al resto de las fuerzas políticas eliminar todas las exigencias económicas para evitar darle un pretexto al Partido Popular de España para que no votasen a favor de esa ley. El BNG accedió de buena voluntad, pero lo cierto es que no sirvió para nada absolutamente, porque ya no es que el PP votase en contra, no, es que vetó el debate, insisto, con Ana Pastor como presidenta de este Congreso. No se pudo debatir y no se pudo votar. Desde entonces, el PP reclama en Galicia con la boca chica la transferencia, mientras aquí actúa para bloquear ese debate sistemáticamente. Hoy es la prueba del algodón. Si el PP está a favor de la transferencia, pueden votar a favor; pero ya sabemos que no lo van a hacer porque ya han votado dos veces en contra, buscando pretextos falsos, valiéndose de la mentira y de la manipulación para justificar una vez más una traición a Galicia; como después lo harán, por cierto, con la quita de la deuda para nuestro país. ¿Y para qué? Pues, sinceramente, porque el PP realmente no quiere esa transferencia y porque no quieren aceptar el papel que ha jugado el BNG para hacer esto posible. Por eso, utilizan mentiras, manipulaciones, falsedades, de tal calibre que ―dense cuenta― hasta la letrada del Senado en su informe desmonta todo eso. El PP dice que no es una transferencia de la AP‑9 porque se exige que haya un acuerdo de la Comisión Mixta de Transferencias. El segundo argumento: no hay garantías de que la Administración gallega no tenga que asumir responsabilidades como, por ejemplo, las derivadas de una finalización de la concesión como consecuencia de una sentencia del Tribunal de Justicia de la Unión Europea. ¿Y qué dice la letrada en su informe para desmentir todo esto? Que la Comisión Mixta de Transferencias es el mecanismo habitual para concretar aquello que, con carácter general, se establece en la ley y, en segundo lugar, que queda clara la responsabilidad del Estado español y que la Xunta de Galicia no tendrá que asumir más que las consecuencias de sus propias decisiones una vez que sea titular de la AP‑9. Esto es lo que dice el informe de la letrada del Senado, desmontando las mentiras y las manipulaciones del Partido Popular. Yo diría incluso más, que se concrete en la Comisión
Mixta de Transferencias fue incorporado expresamente por voluntad del BNG, también como una forma de respetar la capacidad de autogobierno de Galicia. Parece que el PP no tiene ninguna confianza en su propia capacidad de negociar con el Gobierno del Estado. Ustedes seguirán con las mentiras, pero no les va a valer de nada, porque esta ley se va a aprobar. Solo esperamos que no tengan la tentación de bloquear después de forma permanente la negociación en la Comisión Mixta de Transferencias, porque si lo hacen, tendrán que dar explicaciones al pueblo gallego. Les aconsejaría que utilicen ese foro para negociar el final de la concesión, que es responsabilidad de un Gobierno del PP, del señor Aznar, por esa prórroga ilegal que hizo en el año 2000 y que precedió a la privatización de Audasa en el año 2003. Ahora ustedes reclaman el fin de la prórroga y nos parece bien, claro que nos parece bien, lo que pasa es que no sabemos si es una rectificación de su propia actitud o lo hacen con la boca chica, porque la única fuerza política que ha traído a este Congreso iniciativas para poner fin a esta concesión ha sido el BNG, y se aprobaron en dos ocasiones con tres meses de diferencia en el año 2024.
Señoras y señores del Grupo Popular, en su hoja de servicios queda claro: en el año 2000 hicieron una prórroga ilegal de veinticinco años de la concesión de la AP‑9; en el 2003 privatizaron, y la propia UE establece que la prórroga hecha fue para hacer más atractiva esa privatización y, por tanto, es fraudulenta; en el año 2016 vetan en este Congreso el debate, y en el 2026 votan en contra. La hoja de servicios del BNG también está clara: llevamos décadas reclamando la transferencia de la AP‑9; cuatro proposiciones de ley en el Parlamento de Galicia, todas aprobadas; conseguimos bonificaciones de hasta el 75 % para usuarios y usuarias habituales y del 50 % para transportistas profesionales; logramos dos veces resoluciones de este Pleno para poner fin a la concesión; desbloqueamos la tramitación de la ley, y hoy estamos dando un paso decisivo para aprobarla. Por tanto, pueden seguir contando mentiras y manipulando la televisión gallega o los medios afines que nadie les va a creer, porque la gente está viendo que ustedes votan en contra de los intereses de Galicia.
Nosotros seguiremos trabajando, ¿saben para qué? Porque una vez hecha la realidad de la transferencia, hay que hacer realidad la otra parte de ese eslogan que concretó la aspiración de la sociedad gallega, una AP‑9 gallega y libre de peajes, para poner fin a esa prórroga y terminar con la injusticia de tener que seguir pagando peajes por una infraestructura que ya está suficientemente amortizada. Queremos una infraestructura que sea un motor de desarrollo para Galicia y no un lastre como hasta ahora. Cada uno, como digo, tiene su hoja de servicios y su hoja de ruta, y la del BNG es defender los intereses de Galicia, de todos los gallegos y gallegas, y por eso hoy, a pesar del PP y de VOX, vamos a sacar adelante esta ley.
Muchas gracias.