Néstor Rego Candamil
Obrigado, señora presidenta. Moi boa tarde aos deputados e deputadas presentes, non sei se é que é a hora de comer ou que a paz interesa pouco, en todo caso, a nós si nos interesa. Interésanos porque entendemos que a escalada belicista impulsada polos Estados Unidos e a OTAN, acelerada por Trump, é un problema para as maiorías sociais e os pobos con dúas vertentes. É un problema para a paz e tamén para as políticas sociais. O primeiro é evidente, a corrida armamentista non afasta o risco de confrontación militar a partir dunha hipotética disuasión. Polo contrario, achégaa de maneira perigosa. Quen quere paz non se prepara para a guerra, senón que opta por vías pacíficas e de diálogo para evitar os conflitos. Cando sostemos isto con frecuencia desde os sectores promilitaristas nos acusan de inxenuidade, de non vivirmos no mundo real, de termos unha posición louvábel máis naif. O certo é que o BNG se mantén nunha posición pacifista de longa data na tradición dos movementos populares e revolucionarios dende hai máis de cen anos. Unha tradición pacifista sostida pola esquerda internacional ao longo do tempo até que, infelizmente, moita desa esquerda virou atlantista e xustificadora do militarismo. Nós cremos que o naif é pensar que armarse até os dentes serve á disuasión cando o que fai é alimentar a maquinaria de guerra e a industria que a sustenta, especialmente a norteamericana, e aínda considerar que é posíbel incrementar o gasto militar sen prexudicar o investimento social. Porque esa é a segunda vertente. Cada céntimo que vai a armamento é un céntimo que se detrae da protección social e da necesaria mellora dos servizos públicos, por moito que se empeñe o goberno en negalo, un goberno que a pesar de se definir a si propio como progresista, leva anos embarcado nunha corrida armamentista seguindo os mandados dos Estados Unidos de América e de Trump por medio da OTAN, que está a implicar o destino de inxentes cantidades de diñeiro a gasto militar, precisamente nun momento en que é máis necesario que nunca impulsar políticas de protección social e de desenvolvemento económico. Mais niso tamén, lamentabelmente, non está só, porque a dereita e a ultra dereita sempre van apoiar e sempre van apostar por esa corrida armamentista e pola escalada belicista. De feito, como denunciamos hai quince días nesta mesma tribuna, este é con moita diferenza, o goberno que máis ten incrementado o gasto militar no Estado español nas últimas décadas, especialmente a partir da cimeira da OTAN de 2022 que acolleu en Madrid. Fíxoo nos orzamentos de 2023 e continuou facéndoo sen orzamentos nos anos seguintes, moi especialmente cos acordos de abril de 2025, 10 470 millóns de euros para gasto militar nun só Consello de Ministros, en xuño dese mesmo ano disponibilizar máis de 15 635 millóns de euros até o 2037 para financiar o novo Programa Especial de Modernización, incluído no Plan Industrial e Tecnolóxico de Seguridade e a Defensa.
Estamos a falar de que non só se supera xa amplamente ese 2 % do PIB do que fala o goberno, senón que se está a hipotecar o futuro, cando menos os próximos dous ou tres lustros. Porque que os recursos son limitados sabémolo todos e todas, que por tanto hai que escoller a que destinalos tamén. Iso implica, a pesar da insistencia machacona do goberno no sentido contrario, sacrificar as políticas sociais. E non o dicimos nós, non o di o BNG, dío a AIReF, que vén de advertir que o Estado español se situará no límite do permitido pola UE e que dificilmente poderá evitar di «axuste de calado», o que é o mesmo recortes sociais nos próximos dous anos concreta, mesmo en 0,6 % do PIB en 2027, 0,3 % en 2028. 10 000 e 5000 millóns de euros, ou sexa, un total de 15 000 millóns de euros. De feito, o goberno xa tivo que activar a finais de abril a cláusula de escape para dispensar 1,5 % adicional atribuído a gasto militar do cómputo global, chegando por tanto 4,5 %.
Mais reparemos en que a lóxica militarista da submisa Unión Europea leva a que estea permitido e até pareza normal sobrepasar o límite de déficit que ela propia estabelece sempre que for para gasto militar, mais fica prohibido se se quixeren destinar eses recursos a políticas de protección social. O mundo ao revés. O curioso é que esa mesma Unión Europea é a que inicia os recortes. Após acordar destinar nada menos que 800 000 millóns de euros para gasto militar, reduce no marco financeiro plurianual 10 2028‑2034, máis de 20 % os recursos da PAC e máis de 60 % para a pesca, precisamente dous sectores fundamentais na economía e no emprego no caso da Galiza e, ademais, fundamentais ao mesmo tempo para a soberanía alimentar e para garantir unha alimentación de calidade.
Por tanto, quero deixalo claro, como é imprescindíbel escoller, o BNG escolle tractores antes que tanques, pesqueiros antes que cazas, e educación, sanidade, a atención á dependencia, vivenda, emprego ou pensións, antes que bombas, mísiles, drons ou helicópteros de combate. E é precisamente esta escolla a que hoxe propomos a esta cámara e ás forzas políticas que a compoñen, cales son, cales deben ser para todos para todas vostedes as prioridades. E unha escolla tamén en relación coa guerra ou a paz, porque, ademais xa o sabemos, xa sabemos perfectamente o que acontece coas guerras, son habitualmente decididas polos ricos e poderosos, mais son os fillos e fillas da clase traballadora e das clases populares as que as pagan coa súa vida.
Por iso, presentamos á consideración das forzas políticas desta cámara unha moción con cinco puntos sinxelos mais absolutamente claros. Un, reverter todas as decisións que implicaron nos últimos dous anos, incremento do gasto militar e renunciar a calquera nova ampliación para destinar todos os recursos dispoñíbeis a políticas sociais, a reforzar os servizos públicos, a investimentos públicos necesarios. Dous, rexeitar o recorte previsto no marco financeiro plurianual 2028‑2034 da Unión Europea, tanto na PAC, como na pesca. Tres, rexeitar as guerras e agresións imperialistas e apostar pola vía do diálogo, a negociación para a paz, para propiciar un novo contexto de estabilidade e relación de boa veciñanza en Europa no mundo. Catro, denunciar os acordos que permiten as bases militares no Estado español a Estados Unidos e prohibir a presenza militar norteamericana en territorio do Estado español. E cinco, renunciar á participación do Estado español na OTAN, abandonando esta alianza militar e reclamando a súa disolución. Propomos isto porque cremos que é o que interesa ás maiorías sociais e ao obxectivo da paz mundial.
Moito obrigado.
Gracias, señora presidenta. Muy buenas tardes a los diputados y diputadas presentes; no sé si es por la hora de comer o si es que la paz interesa poco. En todo caso, a nosotros sí nos interesa. Nos interesa porque entendemos que la escalada belicista impulsada por Estados Unidos y la OTAN, acelerada por Trump, es un problema para las mayorías sociales y los pueblos, que tiene dos vertientes: se trata de un problema para la paz, pero también para las políticas sociales. La primera es evidente, la carrera armamentística no aleja el riesgo de enfrentamiento militar a partir de una hipotética disuasión; al contrario, lo acerca de manera peligrosa. Quien quiere paz no se prepara para la guerra, sino que opta por vías pacíficas y de diálogo para evitar los conflictos.
Cuando sostenemos esto, con frecuencia desde los sectores promilitaristas nos acusan de ingenuidad, de no vivir en el mundo real, de tener una posición loable pero naif. Lo cierto es que el BNG mantiene una posición pacifista de larga trayectoria, en la tradición de los movimientos populares y revolucionarios desde hace más de cien años; una tradición pacifista sostenida por la izquierda internacional a lo largo del tiempo, hasta que, desafortunadamente, gran parte de esa izquierda se volvió atlantista y justificadora del militarismo. Nosotros creemos que lo naif es pensar que armarse hasta los dientes sirve para la disuasión, cuando lo que hace es alimentar la maquinaria de guerra y la industria que la sostiene, especialmente a la estadounidense, y además considerar que es posible incrementar el gasto militar sin perjudicar la inversión social, porque esa es la segunda vertiente. Cada céntimo que va a armamento es un céntimo que se detrae de la protección social y de la necesaria mejora de los servicios públicos, por mucho que se empeñe este Gobierno en negarlo; un Gobierno que, a pesar de definirse a sí mismo como progresista, lleva años embarcado en una carrera armamentística, siguiendo los dictados de Estados Unidos de América y Trump a través de la OTAN, lo que está implicando destinar ingentes cantidades de dinero al gasto militar precisamente en un momento en el que es más necesario que nunca impulsar políticas de protección social y de desarrollo económico.
Pero, lamentablemente, en eso no está solo, porque la derecha y la ultraderecha siempre van a apoyar y va a apostar por esta carrera armamentística y la escalada belicista. De hecho, como denunciamos hace quince días desde esta misma tribuna, este es, con mucha diferencia, el Gobierno que más ha incrementado el gasto militar en el Estado español en las últimas décadas, especialmente a partir de la cumbre de la OTAN de 2022 celebrada en Madrid. Lo hizo en los presupuestos de 2023 y continuó haciéndolo sin presupuestos en los años siguientes, en especial con los acuerdos de abril de 2025, con 10 471 millones de euros para gasto militar en un solo Consejo de Ministros, y de junio de ese mismo año al habilitar otros 15 635 millones de euros hasta 2037 para financiar los nuevos programas especiales de modernización incluidos en el Plan Industrial y Tecnológico de la Seguridad y la Defensa.
Estamos hablando de que no solo se supera ampliamente ese 2 % del PIB del que habla el Gobierno, sino de que se está hipotecando el futuro, al menos, durante los próximos dos o tres lustros. Que los recursos son limitados lo sabemos todos y todas y que, por lo tanto, hay que elegir a qué destinarlos también, y eso implica, pese a la insistencia machacona del Gobierno en afirmar lo contrario, sacrificar las políticas sociales. Y no lo decimos nosotros, no lo dice el BNG; lo dice la AIReF, que acaba de advertir que el Estado español se situará en los límites de lo permitido por la Unión Europea y que difícilmente podrá evitar ajustes de calado —que es lo mismo que recortes sociales— en los próximos dos años, concretamente, del 0,6 % del PIB en 2027 y del 0,3 % en 2028, es decir, 10 000 y 5000 millones de euros respectivamente, con un total de 15 000 millones de euros. De hecho, el Gobierno ya tuvo que activar a finales de abril la cláusula de escape para excluir del cómputo global un 1,5 % adicional atribuido al gasto militar, alcanzando así el 4,5 %.
Observemos que la lógica militarista de la sumisa Unión Europea lleva a que esté permitido e incluso parezca normal sobrepasar los límites de déficit que ella misma establece siempre que sea para gasto militar, mientras que está prohibido si esos recursos se pretenden destinar a políticas de protección social: el mundo al revés. Lo curioso es que esa misma Unión Europea es la que inicia los recortes. Después de acordar destinar nada menos que 800 000 millones de euros al gasto militar, en el marco financiero plurianual desde 2028 a 2034 reduce más de un 20 % de los recursos para la PAC y más de un 60 % de los destinados a la pesca, cuando precisamente son los dos sectores fundamentales para la economía y el empleo en el caso de Galicia, al mismo tiempo que fundamentales para la soberanía alimentaria y garantizar una alimentación de calidad.
Por lo tanto, quiero dejarlo claro: como es imprescindible elegir, el BNG elige tractores antes que tanques, pesqueros antes que cazas y educación, sanidad, atención a la dependencia, vivienda, empleo o pensiones antes que bombas, misiles, drones o helicópteros de combate. Y es precisamente esta elección la que hoy proponemos a esta Cámara y a las fuerzas políticas que la componen. ¿Cuáles son, cuáles deben ser para todos y todas las prioridades? Y también una elección en relación con la guerra o la paz, porque, además, ya sabemos perfectamente lo que ocurre con las guerras: que habitualmente son decididas por los ricos y poderosos, pero son los hijos e hijas de la clase trabajadora y de las clases populares quienes las pagan con su vida.
Por eso, presentamos a la consideración de las fuerzas políticas de esta Cámara una moción, con cinco puntos sencillos pero absolutamente claros: en primer lugar, revertir todas las decisiones que han supuesto en los dos últimos años un incremento del gasto militar y renunciar a cualquier nueva ampliación para destinar los recursos disponibles a políticas sociales, al refuerzo de servicios públicos y a las inversiones públicas necesarias; en segundo lugar, rechazar el recorte previsto en el marco financiero plurianual 2028‑2034 de la Unión Europea tanto en la PAC como en la pesca; en tercer lugar, rechazar las guerras y las agresiones imperialistas y apostar por la vía del diálogo y la negociación para la paz, propiciando un nuevo contexto de estabilidad y relaciones de buena vecindad en Europa y en el mundo; en cuarto lugar, denunciar los acuerdos que permiten el uso de las bases militares en el Estado español por el Ejército de Estados Unidos y prohibir la presencia estadounidense en el territorio del Estado español, y, en quinto lugar, renunciar a la participación del Estado español en la OTAN, abandonando esta alianza militar y reclamando su disolución. Proponemos esto porque creemos que es lo que les interesa a las mayorías sociales con el objetivo de la paz mundial.
Muchas gracias.