Néstor Rego Candamil
Moitas grazas, señor presidente. Moi bo día. Señor ministro, este goberno que continúa a autodenominarse o máis progresista da historia leva anos embarcado nunha corrida armamentística ao ditado dos Estados Unidos por medio da OTAN, que está a implicar o destino de inxentes cantidades de diñeiro a gasto militar, precisamente nun momento en que é máis necesario do que nunca impulsar políticas de protección social e de desenvolvemento económico. De feito, este é, con moitísima diferenza, o goberno que máis ten incrementado o gasto militar no Estado español nas últimas décadas. Fíxoo especialmente a partir da cimeira da OTAN de 2022 que acolleu Madrid e ao abeiro das políticas belicistas ordenadas polos Estados Unidos e impulsadas sen vacilar por unha Unión Europea cada vez máis servil e submisa aos intereses norteamericanos. Unhas políticas que xeraron xa inmensas dificultades para as maiorías sociais e para as clases traballadoras dos pobos de Europa. Nos orzamentos do Estado do ano 2023 procederon ao maior incremento do orzamento de defensa até o momento, nun só ano, de máis de 26 % co obxectivo declarado de chegar a 2 % do PIB en gasto militar, cando na realidade se computarmos todos os gastos imputados a outros ministerios e esa ministerios, a porcentaxe xa estaba superada. Mais a partir de aí a escalada do gasto militar foi aínda peor. En abril de 2025 realizaron unha modificación de crédito para disponibilizar 10 471 millóns de euros para gasto militar, elevando o total segundo cálculos do Centro Delàs d’Estudis per la Pau até 33 000 millóns de euros, de forma que entre 2024‑2025 o incremento producido superou o 35 %. O mesmo centro Delàs estima que no final do ano 2025, o gasto militar alcanzara xa 2, 42 % do PIB e 39 476 millóns de euros, unha cantidade astronómica máis tendo en conta o contexto de crise económica e as necesidades sociais perentorias que un goberno dito progresista debería atender de forma prioritaria. Con isto, ademais, o Estado español sitúase no posto 15 do mundo entre os países que máis gastan en defensa e armamento. Mais a aloucada corrida do gasto militar non fica por aquí. Proxéctase como unha lousa sobre o futuro, cando menos sobre as próximas, os próximos dous ou tres lustros. En xuño de 2025, o Consello de Ministros aprobou a autorización da modificación dos límites para adquirir compromiso de gasto con cargo a exercicios futuros para permitir ao Ministerio de Defensa financiar 12 novos programas especiais de modernización incluídos no Plan Industrial e Tecnolóxico de Seguranza e Defensa. Segundo a información do propio Consello de Ministros, o Ministerio de Defensa solicita esta autorización con cargo aos exercicios orzamentarios de 2026 a 2037. En relación coa aplicación orzamentaria e investimentos reais coa finalidade financiar 12, como dicía, 12 novos programas especiais que permitan incrementar exponencialmente o gasto militar e o compromiso até o ano 2037. O orzamento total é de 15 635 millóns de euros, ademais dun pre‑financiamento por parte do Ministerio de Industria de 6327 millóns.
Trátase de continuar inflando os chamados programas especiais de modernización, quer dicir, grandes proxectos de armamento, até 42 aprobados, que implican xa máis de 82 000 millóns de euros a pagar nos próximos 15 anos hipotecando por tanto, o futuro e a capacidade de impulsar o investimento social e económico. Porque, non nos enganemos, a pesar das reiteradas declaracións do goberno e do seu presidente de que isto non afecta ás políticas sociais, a realidade é que ese incremento só é posíbel polo desvío de remanentes de crédito de outros ministerios, o que na práctica implica recortes ou detracción de recursos potenciais para políticas, ao noso xuízo máis prioritarias. Reparemos, por exemplo, no destino por parte do Ministerio de Industria, de máis de 20 000 millóns de euros de axudas a empresas de armamento. De verdade, esa é a prioridade.
A todo isto hai que engadir os recursos destinados a Ucraína, por mandado dos Estados Unidos. Para alén da entrega xa desde o primeiro momento de armamento, foron aprobadas diversas partidas de 1000 millóns de euros en maio de 2024, febreiro de 2025, marzo de 2026. E o máis escandaloso é que polo menos esta última veu a seguir unha declaración de Trump en que dicía literalmente que os Estados Unidos non daría máis diñeiro a Ucraína, mais o que ían facer é vender armas aos países da OTAN para que estes países lles entregasen as armas ao goberno de Zelensky, é dicir, o negocio perfecto. En calquera escalada belicista o único evidente, o único que non muda, é que o complexo militar industrial norteamericano sempre gaña.
Porque, a pesar da retórica antiTrump de Pedro Sánchez e do «non á guerra», e a pesar tamén do decreto de embargo de armas con Israel, a realidade é que o goberno español continúa os negocios armamentísticos con estes dous estados implicados en agresións militares, crimes de guerra e xenocidio. Seguindo os datos recollidos nun dos últimos informes do Centro Delàs per la Pau, esta sería a concreción deste negocio. No caso de Israel, a cláusula de exclusión foi aplicada xa respecto ás transferencias de armas relacionadas cos programas do avión de transporte A400M, o avión de reabastecemento en voo A330 MRTT, o avión de vixilancia e patrulla marítima C295 e o dron táctico SIRTAP. Con contratos aínda en vigor cabe destacar os programas de mísiles SPIKE LR2, 287 millóns de euros, o sistema SILAM, 697 millóns de euros, e o Ccordo Marco POD para sistemas de combate aéreo 207 millóns de euros, que acumulan en total case 1192 millóns de euros. Tamén inclúen empresas israelitas na súa formulación os programas do sistema de Radio Táctica SCRT para o Exército de Terra, ao que se consignaron 350 millóns de euros e mesmo 5 compoñentes israelís contemplados no programa do vehículo Dragón VCR 8x8 valorado en 2612 millóns de euros. Como queda en evidencia a anunciada ruptura de relacións comerciais no ámbito militar con Israel non é real.
No que ten a ver co negocio do complexo militar industrial norteamericano, teriamos o seguinte: os helicópteros Chinook CH‑47D cuxa modernización suporá 819 millóns de euros e está en mans da Boeing, os MH‑60R Sikorsky Romeo, 820 millóns na Lockheed Martin. Os mísiles Patriot, que inclúen a Lockheed Martin e Raytheon e ascenden a 2836 millóns e os drons RPAS Predator e minis, de General Atomics, 158 e 117 millóns, respectivamente. E tamén é de propiedade da estadounidense General Dynamics Santa Bárbara o cargo dos programas dos blindados Pizarro, 1131 millóns entre compras e modernización, e parte do programa de vehículos de cadeas VAC, 1970 millóns e do Dragón VCR 2612 millóns de euros.
Fica, por tanto, que a dinámica de gasto militar do goberno non só hipoteca grande cantidade de recursos nos orzamentos xerais do Estado para os próximos 15 anos, senón que está a beneficiar a empresas israelís e norteamericanas precisamente no momento en que estes dous estados están a violar o dereito internacional coas súas políticas de agresión a terceiros países e de xenocidio contra o pobo palestino.
Por último, sobre a opción entre gasto militar e investimento social, por moito que o goberno de Pedro Sánchez insista en que non se vai retirar un euro de políticas sociais, —mesmo que iso fose así, nun momento de incremento dos ingresos do Estado—, estaríamos falando de que todos os recursos novo dispoñíbeis van ser destinados a gasto militar desviados para gasto militar co conseguinte estancamento de políticas sociais, xa de por si sempre insuficientes. Mais a cuestión é peor, os recortes xa son directos como consecuencia do programa ReArm na Europa da senora Von der Leyen, a previsión —lembremos 800 000 millóns de euros—, a previsión de recorte no marco financeiro plurianual de 28 034 e de máis de 20 % na parte de máis de 60 % na pesca, precisamente dous sectores fundamentais na economía galega no emprego no meu país.
Ademais, vostedes xa tiveron que activar a finais de abril a cláusula de escape para dispensar un 5 % adicional atribuído a gasto militar do cómputo global, chegando por tanto a 4,5 %. E AIReF vén de advertir que o Estado español se situará nos límites permitidos pola Unión Europea e que dificilmente poderá evitar axustes de calado, quere dicir,recortes nos próximos dous anos concreta, mesmo en 0,6 do PIB en 2027, 0,3 en 2028, 10 000 e 5000 millóns de euros, ou sexa, un total de 15 000 millóns de euros de axuste de calado ou de recorte se queremos chamarlle ás cousas polo seu nome.
Como poden seguir dicindo que non hai que escoller entre tanques e tractores ou entre mísiles e hospitais? Nós témolo, claro, o BNG teno claro e estou convencido de que a cidadanía galega, de que o pobo galego, tamén hai que escoller e nós escollemos a protección social e o impulso a políticas de desenvolvemento económico, emprego, vivenda, mellora dos servizos públicos, da educación, da sanidade e da atención á dependencia fronte ás armas, ao belicismo e ao gasto militar e sinceramente, creo que son estas as escollas que nos definen e que a cidadanía valora e que ten en conta, mesmo tamén á hora de votar, moi especialmente a clase traballadora e as clases populares e, por tanto, vostedes coa escolla da vía belicista, o que están facendo, ademais, é un grande favor ás opcións autoritarias da dereita e da ultradereita porque lles abren a porta porque lles están abrindo o camiño. Están a tempo de rectificar, revertan as políticas de gasto militar e destinen eses recursos a investimento social non só o axuste necesario, senón que sería a mellor maneira de frear as opcións da dereita e da ultradereita. O BNG sempre estará coa prioridade social e cos intereses da clase traballadora e das clases populares do noso país, da Galiza.
Moito obrigado.
Muchas gracias, señor presidente. Buenos días. Ministro, este Gobierno, que sigue denominándose el más progresista de la historia, lleva años embarcado en una carrera armamentística al dictado de los Estados Unidos a través de la OTAN, que implica el destino de ingentes cantidades de dinero a gasto militar precisamente en un momento en que es más necesario que nunca impulsar políticas de protección social y de desarrollo económico. De hecho, este es, con muchísima diferencia, el Gobierno que más ha incrementado el gasto militar en el Estado español en las últimas décadas. Lo hizo especialmente a partir de la cumbre de la OTAN de 2022, que acogió en Madrid, y al amparo de políticas belicistas ordenadas por Estados Unidos e impulsadas sin vacilar por una Unión Europea cada vez más servil y sumisa a los intereses norteamericanos. Son unas políticas que ya han generado inmensas dificultades para las mayorías sociales y las clases trabajadoras de los pueblos de Europa. En los presupuestos del Estado del año 2023 se procedió al mayor incremento del presupuesto de Defensa hasta el momento en un solo año, de más de un 26 %, con el objetivo declarado de llegar al 2 % del PIB en gasto militar, cuando la realidad —s i computáramos todos los gastos imputados a otros ministerios— es que ese porcentaje ya se había superado. Pero, a partir de ahí, la escalada del gasto militar aún fue a peor. En abril de 2025, se realizó una modificación de crédito para disponer de 10 471 millones de euros para gasto militar, elevando el total, según cálculos del Centro Delàs d’Estudis per la Pau, hasta 33 000 millones de euros, de forma que, entre 2024 y 2025, el incremento producido superó el 35 %. El centro Delàs estima que a finales de 2025 el gasto militar ya alcanzó el 2,42 % del PIB y 39 476 millones de euros. Es una cantidad astronómica, incluso teniendo en cuenta el contexto de crisis económica y las necesidades sociales perentorias de un Gobierno que se hace llamar progresista y que debería atender de forma prioritaria estas cuestiones. Con esto, además, el Estado español se sitúa en el puesto quince del mundo entre los países que más gastan en defensa y armamento.
Pero la alocada carrera del gasto militar no se queda aquí, se proyecta como una losa sobre el futuro, cuando menos sobre los próximos dos o tres lustros. En junio de 2025, el Consejo de Ministros aprobó la autorización de la modificación de los límites para adquirir compromisos de gasto con cargo a ejercicios futuros, para permitir al Ministerio de Defensa financiar doce nuevos Programas Especiales de Modernización incluidos en el Plan Industrial y Tecnológico para la Seguridad y la Defensa. Según la información del propio Consejo de Ministros, el Ministerio de Defensa solicita esta autorización con cargo a los ejercicios presupuestarios de 2026 a 2037 en relación con la aplicación presupuestaria «inversiones reales», con la finalidad de financiar doce nuevos programas especiales que permitirán incrementar exponencialmente el gasto militar y el compromiso hasta 2037. El presupuesto total es de 15 635 millones de euros, además de una prefinanciación por parte del Ministerio de Industria de 6327 millones. Así, se trata de continuar inflando los llamados Programas Especiales de Modernización, es decir, grandes programas de armamento ―hay hasta 42 aprobados―, que implican ya más de 82 000 millones de euros a pagar en los próximos quince años, hipotecando, por tanto, el futuro y la capacidad de impulsar la inversión social y económica. Porque, no nos engañemos, a pesar de las reiteradas declaraciones del Gobierno y del presidente de que esto no iba a afectar a las políticas sociales, la realidad es que este aumento solo es posible por el desvío de remanentes de crédito de otros ministerios, lo que en la práctica implica recortes o detracción de recursos potenciales para políticas que, en nuestra opinión, son más prioritarias. Por ejemplo, hay que señalar que el Ministerio de Industria ha destinado más de 22 000 millones de euros en ayudas a empresas de armamento. ¿De verdad esa es la prioridad? A todo esto hay que incluir los recursos destinados a Ucrania bajo el mandato de Estados Unidos.
Además de la entrega de armamento, desde el primer momento se aprobaron también varias partidas de 1000 millones de euros en mayo de 2024, febrero de 2025 y marzo de 2026. Y lo más escandaloso es que, por lo menos esta última, se produjo después de una declaración de Trump en que decía literalmente que los Estados Unidos no darían más dinero a Ucrania pero que iban a vender armas a los países de la OTAN para que esos países las entregasen al Gobierno de Zelenski. Es decir, el negocio perfecto. En cualquier escalada belicista, lo único que no cambia es que el complejo militar industrial norteamericano siempre gana.
A pesar de la retórica anti‑Trump de Pedro Sánchez ―el «no a la guerra»― y a pesar también del decreto de embargo de armas a Israel, la realidad es que el Gobierno español continúa haciendo negocios armamentísticos con estos dos Estados implicados en agresiones militares, crímenes de guerra y genocidio. Sobre la base de los datos recogidos en los dos últimos informes del Centre Delàs d’Estudis per la Pau, esta sería la concreción de este negocio.
En el caso de Israel, la cláusula de exclusión se aplicó ya respecto a las transferencias de armas relacionadas con programas del avión de transporte A400M, el avión de reabastecimiento en vuelo A330 MRTT, el avión de vigilancia y patrulla marítima C295 y el dron táctico SIRTAP. Con contratos todavía en vigor, cabe destacar los programas de los misiles SPIKE LR2, con 287 millones; el sistema SILAM, con 697 millones, y el acuerdo marco POD para sistemas de combate aéreo, con 207 millones de euros, que acumula un total de casi 1192 millones de euros.
También incluyen a empresas israelíes en su formulación de programas de Sistema de Radio Táctica SCRT para el Ejército de Tierra, a los que se consignaron 350 millones de euros, e incluso cinco componentes israelíes contemplados en el programa del vehículo Dragón VCR 8x8, valorado en 2612 millones de euros. Como queda bastante claro, la ruptura de relaciones comerciales con el ámbito militar de Israel no es real.
En lo relacionado con el negocio del complejo militar industrial norteamericano, tenemos los helicópteros Chinook CH‑47D, cuya modernización supondrá 819 millones y que está en manos de Boeing; los MH‑60R Sikorsky Romeo de Lockheed Martin, 820 millones; los misiles Patriot, que incluyen a Lockheed Martin y a Raytheon, y que ascienden a 2830 millones, y los drones RPAS Predator y minis, de General Atomics, 158 y 117 millones respectivamente. También es de propiedad estadounidense General Dynamics Santa Bárbara, a cargo de los programas de los blindados Pizarro ―1131 millones entre compras y modernización―, parte del programa de vehículos de cadenas VAC ―1970 millones― y el dragón VCR ―2612 millones de euros―.
Por tanto, queda claro que la dinámica del gasto militar del Gobierno no solo hipoteca grandes cantidades de recursos en los presupuestos generales del Estado para los próximos quince años, sino que, además, está beneficiando a empresas israelíes y norteamericanas precisamente en el momento en que estos dos Estados están violando el derecho internacional con sus políticas de agresión a terceros países y genocidio contra el pueblo palestino.
Por último, sobre la opción entre gasto militar e inversión social, por mucho que el Gobierno de Pedro Sánchez insista en que no se va a retirar ni un euro de políticas sociales, aunque esto fuese así en un momento de incremento de los ingresos del Estado, estaríamos hablando de que todos los recursos nuevos disponibles van a ser destinados a gastos militares, con el consiguiente estancamiento de políticas sociales, que ya de por sí siempre son insuficientes. Pero la cuestión es aún peor: los recortes ya son directos como consecuencia del Plan ReArm Europa de la señora Von der Leyen ―recordemos: 800 000 millones de euros―, y la previsión de recorte del marco financiero plurianual 2028‑2034 es de más del 20 % en la PAC y de más del 60 % en la pesca, precisamente, dos sectores fundamentales en la economía gallega y en el empleo de mi país.
Por lo demás, ustedes tuvieron que activar a finales de abril la cláusula de escape para proporcionar un 1,5 % adicional atribuido a gasto militar en el cómputo global ―llegando, por tanto, al 4,5 %―, y la AIReF acaba de advertir que el Estado español se situará en los límites permitidos por la Unión Europea y que difícilmente podrá evitar ajustes de calado ―es decir, recortes― en los próximos dos años: más específicamente, el 0,6 % del PIB en 2027 y el 0,3 % en 2028 ―10 000 y 5000 millones de euros―; es decir, un total de 15 000 millones de euros de ajustes de calado o recortes, si queremos llamar a las cosas por su nombre.
¿Cómo pueden seguir diciendo que no hay que elegir entre tanques y tractores o entre misiles y hospitales? Nosotros lo tenemos claro, el BNG lo tiene claro y estoy convencido de que la ciudadanía gallega también. Hay que escoger, y nosotros escogemos la protección social y el impulso a políticas de desarrollo económico, empleo, vivienda, mejora de los servicios públicos, de la educación, de la sanidad y de la atención a la dependencia frente a las armas, al belicismo y al gasto militar. Sinceramente, creo que estas son las decisiones que nos definen y que la ciudadanía valora y tiene en cuenta, especialmente a la hora de votar, y más específicamente la clase trabajadora y las clases populares.
Por tanto, ustedes, escogiendo la vía belicista, están haciendo un gran favor a las opciones autoritarias de la derecha y la ultraderecha, porque les abren la puerta, les abren el camino. Pero están a tiempo de rectificar: reviertan las políticas de gasto militar y destinen esos recursos a inversión social. No solamente es justo y necesario, sino que sería el mejor modo de frenar las opciones de la derecha y la ultraderecha. El BNG siempre estará con la prioridad social y con los intereses de la clase trabajadora gallega y de las clases populares de nuestro país, de Galicia.
Muchas gracias.