Néstor Rego Candamil
BNGDiputado.Página 114Vídeo
Grazas, señor presidente. Nos quince días que transcorreron entre a interpelación que defendín no nome do BNG reclamando un novo e máis xusto sistema de financiamento para a Galiza e a defensa desta moción, houbo felizmente algún paso na boa dirección. Refírome á aprobación no día de onte no Consello de ministros e ministras do proxecto para a condonación da débeda. Quero lembrar que no caso da Galiza, grazas ao BNG que o incorporou ao acordo de investidura, coa particularidade de abranguer tamén a débeda con entidades bancarias e non só co FLA, porque esa foi a incomprensíbel decisión do Partido Popular na Galiza, de recorrer ao sector privado en vez de facelo con mecanismo público, implica a condonación, no caso de Galiza digo, de 4010 millóns de euros, exactamente terza parte da débeda pública que xerou no noso país a pésima xestión do Partido Popular de Feijoo e Rueda. Mais, a pesar diso, o presidente do goberno galego, seguindo servilmente as directrices partidarias, partidistas que recibe desde Madrid, rexeita a condonación da débeda, rexeita que lle sexan condenados un de cada tres euros en débeda, o que reduciría a partida para o pagamento de principal e xuros, que é a terceira máis importante dos orzamentos galegos após a sanidade e a educación, e posibilitaría destinar máis recursos a políticas sociais, urxentes, educación, sanidade, vivenda, atención á dependencia, etcétera. Máis unha vez o Partido Popular e Rueda demostran que colocan por diante os espurios intereses partidistas que os intereses lexítimos de todos os galegos e galegas. Mellorar a vida das maiorías sociais non lles tira o sono. O desvelo da dereita e tentar voltar ao goberno a toda custa para intentar tamén beneficiar aos de sempre, mais se callar sáenlles as contas furadas, polo menos o BNG traballará para que iso sexa así. No entanto, a cuestión da débeda é apenas unha pequena parte do problema. Galicia sofre hoxe un verdadeiro espolio fiscal como consecuencia dun sistema de financiamento caducado, ineficaz e claramente inxusto, que nin sequera pondera adecuadamente factores esenciais para o noso país que encarecen sobremaneira os servizos, como por exemplo, a dispersión poboacional ou o envellecemento. Estamos a falar —h ai que lembralo— de máis de 5000 millóns de euros, datos de 2022, de diferenza entre o que os galegos e galegas pagamos en impostos e o que Estado nos devolve pola vía do financiamento. 5000 millóns de euros! A isto hai que acrecentar o chamado efecto sede, polo que case 4000 empresas que operan na Galiza, entre elas todas as grandes, as enerxéticas, as de telecomunicacións, as grandes distribuidoras, as bancarias, as grandes e medianas empresas manufactureiras, as construtoras do sector extractivista, por teren o domicilio fiscal fóra da Galiza pagan o imposto de sociedades tamén fóra, fundamentalmente en Madrid. E aínda é un sistema de financiamento local que prexudica gravemente os concellos galegos. En termos per cápita cada concello da Galiza recibe de media por habitante, 50 euros menos que a media estatal. É, por tanto, é imprescindíbel, revisar e mellorar o financiamento local e a participación das entidades locais nos tributos do Estado, asegurando o criterio xusto que non discrimine a ninguén e velando porque os concellos non se vexan na obriga de asumir gastos extraordinarios polos denominados servizos impropios.
En todo caso, por estas razóns, o BNG reclama para Galiza un novo modelo de financiamento que permita a administración galega recadar todos os seus impostos, plena capacidade de decisión en materia fiscal e dotarse dunha facenda propia co obxectivo fundamental de que os tributos pagados na Galiza redunden na mellora dos servizos públicos, da calidade de vida e benestar de todos os galegos e galegas. Estamos a falar dun modelo de concerto perfectamente posíbel no marco xurídico político actual, que de facto está en vigor con evidente éxito nas dúas comunidades autónomas de Euskalherría e sen dúbida sería beneficioso para a Galiza. Un sistema no que aínda descontando a cota que correspondería para sufragar os chamados servizos comúns ou non transferidos, a Galiza evidentemente sairía gañando. Cada vez que o BNG impulsa este debate saen en tromba os agoireiros de sempre os profetas da Galiza incapaces e subsidiada a asegurar que o noso país iría á ruína con ese modelo. Mais nunca, nunca achegan datos económicos que fagan acreditar niso e que desmintan o que o soberanismo galego defende, o que defende o BNG.
De facto hai quince días, nesta mesma tribuna, a ministra de Facenda alegou que non estabamos a computar as pensións que cobran os galegos e galegas. Mais, señora ministra, que os galegos e galegas tamén cotizamos á Seguridade Social, que as pensións non entran pola vía do financiamento, polo contrario, saen do esforzo e do traballo da nosa xente. Mais calquera argumento parece que vale para tentar manter o mito dunha Galiza incapaz por si propia, subsidiada que vive da caridade de España. E nada máis falso e máis lonxe da realidade. De facto é xustamente ao revés, España vive, boa parte, tamén do espolio da Galiza, sexa este fiscal do noso aforro eléctrico ou de recursos que non están a reverter adecuadamente na mellora da calidade de vida e benestar das clases populares galegas. Nós temos plena confianza no noso pobo e por iso tampouco non temos ningunha dúbida de que autoresponsabilizarnos do noso futuro é o mellor que podemos facer. Tamén no inmediato, no ámbito fiscal, ter a chave do noso diñeiro para poder empregalo no desenvolvemento social e económico do noso país, sobre a base das súas inmensas potencialidades. Galiza debe ter capacidade —ten capacidade— e debe ter tamén a facultade normativa e responsabilidade fiscal sobre o conxunto dos impostos soportados pola nosa xente para garantir a consecución dos principios de xustiza, proporcionalidade, progresividade fiscal porque ese é para nós tamén un obxectivo fundamental apostar por un sistema retributivo, un sistema retributivo máis xusto, equitativo e redistributivo que faga realidade o principio de que contribúe a máis quen ten máis capacidade económica. En definitiva, estamos a propor acabar cun sistema inxusto que posibilita o espolio, que lastra o noso desenvolvemento porque apostamos por tomar as rédeas do futuro nas propias mans, a comezar pola chave do noso diñeiro e dos nosos impostos, como sen dúbida, aspiran a facer todos os pobos do mundo.
Moito obrigado.
Gracias, señor presidente. En los quince días que han transcurrido entre la interpelación que defendí en nombre del BNG reclamando un sistema de financiación nuevo y más justo para Galicia, y la defensa de esta moción ha habido, por suerte, algún paso en la buena dirección. Me refiero a la aprobación ayer, en el Consejo de ministros y ministras, del proyecto para la condonación de la deuda. Quiero recordar que, en el caso de Galicia y gracias al BNG, que lo incorporó al acuerdo de investidura, con la particularidad de abarcar también la deuda con entidades bancarias y no solo con el FLA, aunque esa fue la incomprensible decisión del Partido Popular en Galicia, recurrir al sector privado en lugar de hacerlo con un organismo público, esto implica, como digo, la condonación en el caso de Galicia de 4010 millones de euros, exactamente la tercera parte de la deuda pública que generó en nuestro país la pésima gestión del Partido Popular de Feijóo y
Rueda. Pero, a pesar de esto, el presidente del Gobierno gallego, siguiendo servilmente las directrices partidistas que recibe desde Madrid, rechaza la condonación de la deuda, es decir, rechaza que les sean condonados uno de cada tres euros en deuda, lo que reduciría la partida para el pago del principal y de los intereses, que es la tercera más importante de los presupuestos gallegos después de sanidad y de educación, y que posibilitaría destinar más recursos a políticas sociales urgentes, como educación, sanidad, vivienda, atención a la dependencia, etcétera. Una vez más, el Partido Popular y Rueda demuestran que colocan los espurios intereses partidistas por delante de los intereses legítimos de todos los gallegos y las gallegas. Mejorar la vida de las mayorías sociales no les quita el sueño. El desvelo de la derecha es intentar echar al Gobierno a toda costa para beneficiar a los de siempre. Pero, a lo mejor, se llevan un chasco y les sale el tiro por la culata; por lo menos, el BNG trabajará para que esto sea así.
En cualquier caso, la cuestión de la deuda no es más que una pequeña parte del problema. Galicia hoy sufre un verdadero espolio fiscal como consecuencia de un sistema de financiación caducado, ineficaz y claramente injusto, que ni siquiera pondera adecuadamente factores esenciales para nuestro país que encarecen enormemente los servicios, como la dispersión poblacional o el envejecimiento de la población. Estamos hablando, hay que recordarlo, de más de 5000 millones de euros ―datos de 2022― de diferencia entre lo que los gallegos y las gallegas pagamos en impuestos y lo que el Estado nos devuelve por la vía de la financiación. ¡Son 5000 millones de euros! A esto hay que añadirle el llamado efecto sede, por el que casi 4000 empresas que operan en Galicia, entre ellas todas las grandes, las energéticas, las de telecomunicaciones, las grandes distribuidoras, bancarias, las grandes y medianas empresas manufactureras, constructoras o las del sector extractivista, por tener su domicilio fiscal fuera de Galicia, pagan el impuesto de sociedades también fuera, principalmente en Madrid.
Y también un sistema de financiación local que perjudica enormemente a los ayuntamientos gallegos. En términos per cápita, cada ayuntamiento gallego recibe de media por habitante 50 euros menos que la media estatal. Es, por lo tanto, imprescindible revisar y mejorar la financiación local y la participación de las entidades locales en los tributos del Estado, asegurando unos criterios justos que no discriminen a nadie y velando por que los ayuntamientos no se vean obligados a asumir gastos extraordinarios por los denominados servicios impropios. En todo caso, por estas razones, el BNG reclama para Galicia un nuevo modelo de financiación que le permita a la Administración gallega recaudar todos sus impuestos, plena capacidad de decisión en materia fiscal y dotarse de una Hacienda propia, con el objetivo fundamental de que los tributos pagados en Galicia redunden en la mejora de los servicios públicos y de la calidad de vida y el bienestar de todos los gallegos y las gallegas. Estamos hablando de un modelo de concierto perfectamente posible en el marco jurídico actual y que, de hecho, está en vigor con evidente éxito en las dos comunidades autónomas de Euskal Herria, y sin duda sería beneficioso para Galicia. Un sistema en el que, aun descontando la cuota que correspondería para sufragar los denominados servicios comunes o no transferidos, Galicia evidentemente saldría ganando.
Cada vez que el BNG impulsa este debate salen en tromba los agoreros de siempre, los profetas de la Galicia incapaz y subsidiada, a asegurar que nuestro país se iría a la ruina con ese modelo, pero nunca aportan datos económicos que nos hagan realmente poder creer en esto y que desmientan lo que el soberanismo gallego, lo que el BNG defiende. De hecho, hace quince días, en esta misma tribuna, la ministra de Hacienda alegaba que no estábamos computando las pensiones que cobran los gallegos y las gallegas. Pero, señora ministra, que los gallegos y las gallegas también cotizamos a la Seguridad Social, que las pensiones no entran por la vía de la financiación; al contrario, salen del esfuerzo y del trabajo de nuestra gente. Cualquier argumento parece que vale para intentar mantener el mito de una Galicia incapaz por sí misma, subsidiada, que vive de la caridad de España. Y nada más falso y más lejos de la realidad. De hecho, es justamente al contrario, España vive en buena parte también del espolio de Galicia, sea este fiscal, de nuestro ahorro eléctrico o de recursos que no están revirtiendo adecuadamente en la mejora de la calidad de vida y en el bienestar de las clases populares gallegas. Nosotros tenemos plena confianza en nuestro pueblo, por eso no tenemos tampoco ninguna duda de que autorresponsabilizarnos de nuestro futuro es lo mejor que podemos hacer. También en lo inmediato, en el ámbito fiscal, queremos tener la llave de nuestro dinero para poder emplearlo en el desarrollo social y económico de nuestro país sobre la base de sus inmensas potencialidades. Galicia tiene capacidad y debe tener también la facultad normativa y la responsabilidad fiscal sobre el conjunto de los impuestos soportados por nuestra gente para garantizar la consecución de los principios de justicia, proporcionalidad y progresividad fiscal. Porque ese es para nosotros también un objetivo fundamental: apostar por un sistema tributario más justo, equitativo y redistributivo, que haga realidad el principio de que contribuya más quien tiene más capacidad económica.
En definitiva, estamos proponiendo acabar con un sistema injusto que posibilita el espolio y que lastra nuestro desarrollo. Nosotros apostamos por tomar las riendas del futuro en nuestras propias manos y comenzar por la llave de nuestro dinero y nuestros impuestos, como sin duda aspiran a hacer todos los pueblos del mundo.
Muchas gracias.