A Galiza, con 5,8 do territorio do Estado español ten 50 % dos quilómetros de estradas do Estado e a maioría de titularidade municipal ou provincial. Imaxine, señora ministra o custo de mantemento que iso implica, o sobreesforzo que é preciso facer e non está a ser compensado nos criterios de financiamento. Aliás, poderiamos falar da insuficiente ponderación doutros factores, como o de poboación máis vella de 65 anos, só 8,5 % do peso cando a Galiza ten os índices de envellecemento máis elevados.
Todo isto leva a un evidente infrafinanciamento, que non só resulta inxusto e discriminatorio, senón que incide moi negativamente na calidade de vida e benestar de todos os galegos e galegas. Non é que o diga o BNG, non o dicimos só nós, dio, por exemplo, o último informe dun organismo oficial fiscalizador como o Consello de Contas de maio de 2024 que advirte dun infrafinanciamento de 1535 millóns anuais. De feito, ese órgano fiscalizador cifran arredor de 20 000 millóns o déficit de financiamento autonómico da Galiza entre 2009 e 2021. Por habitante implica un déficit medio anual de 529 euros. Na senda de crecemento do financiamento autonómico que se mantivo até 2019 a Galiza foi dos que menos creceu. O informe de Contas sinala ademais a falta de transparencia do modelo actual, o que evidencia que este debate non é técnico nin neutro, senón que se basea en criterios e decisións políticas. Foi así, por outro lado, desde o comezo desde decisións como a diferenza entre comunidades de réxime foral e de réxime común, a que determina a cesión de competencias e porcentaxe sobre determinados tributos, a que fixa as distintas variábeis que inciden no cálculo de necesidades para o fornecemento de servizos públicos fundamentais das comunidades de réxime común ou a súa ponderación, como antes dicía, en función do peso político exercido polas forzas predominantes en cada territorio e que tamén determina os criterios utilizados para distribuír os fondos de converxencia ou o volume total de recursos a distribuír entre as comunidades sen relación co custo real das competencias transferidas a cada unha das comunidades autónomas.
Fica claro, por tanto, que as características do sistema de financiamento actual dependen da correlación de forzas políticas existentes no momento da súa negociación e aprobación. A elaboración e utilización de informes técnicos ou académicos serviu apenas como un pretexto para xustificar posicións políticas exante, como continúa a acontecer cando o BNG defende a súa proposta, que non se basea xa en revisar o sistema anterior en canto a peso e ponderación de criterios, senón en mudar o modelo para Galiza por un de concerto económico. Sei que vostede dirá —porque xa o fixo en anteriores ocasións— que ese modelo sería peor para o noso país, e aí vostede coincide non só cos seus correlixionarios galegos do PSOE, senón tamén cun partido Popular que nunca quixo, que nunca quere, que a Galiza avance e o faga por si propia, polos propios medios. Mais os datos están aí e son teimosos. Galiza está baixo a media estatal en PIB per cápita e precisamente a ineficacia e insuficiencia de xustiza e inxustiza do actual sistema de financiamento son os principais factores que reforzan a nosa vulnerabilidade e non resolven a falta de converxencia na actual situación de atraso. Por que? Porque a realidade é que a diferenza entre os impostos estatais que pagamos na Galiza e o que o Estado nos devolve pola vía do financiamento supera os 5000 millóns de euros.
Segundo o balance do sistema de financiamento para a Galiza, elaborado por un economista de recoñecido prestixio galego, Xosé Díaz, para o exercicio do 2022, o Estado recadou na Galiza un total de 15 385 millóns de euros de euros e o montante do fondos que recibiu do Estado polo sistema de financiamento foi de 10 041 millóns. A diferenza alcanzou, por tanto, os 5344 millóns de euros en favor do Estado. Considerando o período de vixencia actual do sistema de financiamento, 2009 e até ese momento 2022, totalizarían 59 300 millóns de euros a prezos correntes. Temos que tomar en conta ademais o chamado «efecto sede», polo que case 4000 empresas que operan na Galiza pagan o imposto de Sociedades fóra, fundamentalmente en Madrid. No concreto 3787 empresas, 1211 sociedades anónimas, 2560 sociedades limitadas e 16 cooperativas que inclúen, por certo, as grandes, as enerxéticas, as de telecomunicacións, as grandes distribuidoras, as bancarias, as grandes e medianas empresas manufactureiras, as construtoras, as extractivistas, etcétera, co seu domicilio fiscal fóra da Galiza. A realidade é que Madrid é un pozo sen fondo, unha aspiradora de recursos alleos que, para alén de aproveitar de maneira perversa o chamado «efecto sede», permite despois o luxo de sinalar que é a que máis contribúe. Iso si, esquece dicir que o fai co diñeiro que pagamos outros que non vivimos aquí.
Acabar con ese espolio fiscal permanente é a razón que leva o BNG a defender un modelo de concerto perfectamente posíbel no marco xurídico político actual —d e facto está en vigor con evidente éxito nas dúas comunidades de Euskalerria— é sen dúbida beneficioso para a Galiza. Certo que habería que descontar a cota, que no caso de Euskadi en español se denomina «cupo», a pagar polos chamados servizos comúns ou non transferidos, mais aínda así, señora ministra, as contas saen. Reparemos que Euskadi con menos poboación que a Galiza, porén, con máis PIB e recadación das súasdeputacións forais no ano 2022 de 17 131 millóns de euros, ten establecido o cupo para o quinquenio 2022-2026 en 1467 millóns de euros.
Eses recursos a maiores con que podería contar a administración galega serían fundamentais para poder mellorar os servizos públicos e elevar o nivel de vida e benestar de todos os galegos e galegas. Isto é o que nos move con absoluta confianza na capacidade do noso país para se valer por si propio e para se auto responsabilizar do seu futuro, tamén do punto de vista fiscal. Porque estamos a falar de que en canto o réxime común está baseado no principio de necesidade ou de concerto, faino no principio de capacidade. E a Galiza tena. Por iso queremos que teña tamén a plena facultade, normativa e responsabilidade fiscal sobre todos os impostos soportados na Galiza para garantir a consecución dos principios de xustiza, proporcionalidade e progresividade fiscal. O que non implica non ter que contribuír —caso de proceder— para un mecanismo de redistribución interterritorial, respectando o principio de solidariedade e tamén de calquera maneira, considerando a débeda histórica en investimentos que ten o Estado coa Galiza.
Vostede falou na última reunión do Consello de política fiscal e financeira dun novo sistema multilateral e bilateral ao mesmo tempo. Con efecto, o concepto de multilateralidade non é incompatíbel coa negociación bilateral entre nacións como Galiza e o Estado. A Galiza necesita esixir e exercer o dereito á soberanía fiscal. Unha reforma do sistema financeiro actual que se limite a elevación de porcentaxe de cesión de determinados impostos estatais non é suficiente, pois seguiría a constituír un modelo que non consideraría a capacidade financeira total da Galiza nin as súas necesidades reais.
E para alén de todo isto, temos que ter en conta o problema gravísimo que temos de infrafinanciamento tamén no ámbito local. Só algúns datos moi brevemente. En termos per cápita nos últimos anos veuse arrastrando unha situación que implica que cada Concello galego recibe de media por habitante por volta de 50 euros menos que a media estatal. A situación agudízase sen falarmos das sete cidades galegas. A modo de exemplo, unha cidade como Málaga vén recibindo o mesmo financiamento do Estado que as sete cidades galegas xuntas, pese a que estas case duplican a poboación da primeira. Unha fenda que se agranda máis se a comparación se fai entre o que recibe un concello galego por habitante e un municipio madrileño. Neste caso, estariamos falando por volta de 142 euros máis no caso dos concellos de Madrid ou sobre 108 de euros máis no caso de Cataluña en relación coa Galiza, é unha situación inxusta que tamén é preciso revisar.
E gustaríame falar tamén da quita da débeda e da posición indigna do Partido Popular de se negar no caso da Galiza a unha quita de 4010 millóns de euros que implicaría non só un beneficio evidente, senón unha baixada directa nos recursos que a administración galega dedica ao pagamento da débeda e os xuros por volta de 770 millóns de euros cada ano, que a administración galega podería destinar a outros fins en políticas sociais e servizos públicos que son absolutamente necesarios.
Moito obrigado.
Galicia, con el 5,8 % del territorio español, tiene el 50 % en los kilómetros de carretera del Estado y la mayoría de ellas son de titularidad municipal o provincial. Imagínese, señora ministra, el mantenimiento que esto implica, el sobreesfuerzo que hay que hacer y que no está compensado en los criterios de financiación. Y, sí, podríamos hablar de la insuficiente ponderación de otros factores, como el de población mayor de 65 años, un 5 % del peso, cuando Galicia tiene los índices de envejecimiento más elevados.
Todo esto lleva a una evidente infrafinanciación, y no solamente resulta discriminatoria, sino que incide muy negativamente en la calidad de vida de todos los gallegos y gallegas. No es que lo diga el BNG, no lo decimos solamente nosotros, sino que lo dice, por ejemplo, el último informe de un organismo oficial fiscalizador como el consejo de cuentas, de mayo de 2024, que advierte de una infrafinanciación de 1535 millones anuales. De hecho, este órgano fiscalizador cifra en alrededor de 20 000 millones el déficit de financiación autonómico de Galicia entre 2009 y el 2021. Por habitante implica un déficit medio anual de 529 euros. En la senda de crecimiento de la financiación autonómica que se mantiene hasta el 2019, Galicia fue de los que menos creció. Este informe señala, además, la falta de transparencia del modelo actual, lo que evidencia que este debate no es técnico ni neutro, sino que se basa en criterios y decisiones políticas. Fue así, por otra parte, desde el comienzo, desde decisiones para diferenciar entre comunidades de régimen foral y de régimen común, la que determina la cesión de competencias y porcentajes sobre determinados tributos, lo que fija las distintas variables que inciden en el cálculo de necesidades para proveer de servicios públicos fundamentales a las comunidades de régimen común o su ponderación, como decía antes, en función del peso político ejercido por las fuerzas predominantes en cada territorio, y que también determina los criterios utilizados para distribuir los fondos de convergencia o el volumen total de recursos a distribuir entre las comunidades, sin relación con el coste real de las competencias transferidas a cada una de las comunidades autónomas.
Queda claro, por lo tanto, que las características del sistema de financiamiento actual dependen de la correlación de fuerzas políticas existentes en el momento de su negociación y aprobación. La elaboración y la utilización de informes técnicos o académicos sirvió solo como un pretexto para justificar posiciones políticas ex ante, como sigue sucediendo cuando el BNG defiende su propuesta, que no se basa ya en revisar el sistema anterior en cuanto a peso y ponderación de criterios, sino en cambiar el modelo para Galicia por uno de concierto económico. Sé que usted dirá, porque ya lo ha dicho en anteriores ocasiones, que este modelo sería peor para nuestro país, y ahí usted coincide no solamente con sus correligionarios gallegos del PSOE, sino también con un Partido Popular que nunca quiere que Galicia avance por sí misma, por sus propios medios, pero los datos están ahí y Galicia está debajo de la media estatal en producto interior bruto per cápita, precisamente por la ineficacia, insuficiencia e injusticia del actual sistema de financiamiento, que son los principales factores que refuerzan nuestra vulnerabilidad y no resuelven la falta de convergencia actual en la situación de atraso. ¿Por qué? Porque la realidad es que la diferencia entre los impuestos estatales que pagamos en Galicia y lo que el Estado nos devuelve por medio de la financiación supera los 5000 millones de euros.
Según el balance del sistema de financiamiento para Galicia, elaborado por un economista gallego de reconocido prestigio, Xosé Díaz, para el ejercicio del 2022 el Estado recaudó en Galicia un total de 15 375 millones de euros y el montante de fondos que recibió del Estado, del sistema de financiación, fue de 10 041 millones. La diferencia alcanzó, por tanto, los 5344 millones de euros a favor del Estado. Considerando el periodo de vigencia actual del sistema de financiación, de 2009 hasta ese momento, 2022, totalizarían 59 391 millones de euros a precios corrientes. Tenemos que tener en cuenta también el llamado «efecto sede», por el cual casi 4000 empresas que operan en Galicia pagan un impuesto de sociedades fuera, fundamentalmente en Madrid; son, específicamente, 3787 empresas y 1211 sociedades anónimas, 2560 sociedades limitadas y 16 cooperativas, que incluyen, por cierto, a las grandes energéticas, las de telecomunicaciones, las grandes distribuidoras, las bancarias, las grandes y medianas empresas manufactureras, las constructoras, las extractivistas, etcétera, con su domicilio fiscal fuera de Galicia. La realidad es que Madrid es un pozo sin fondo, una aspiradora de recursos ajenos que busca aprovechar de manera perversa el «efecto sede», y se permite después el lujo de señalar que es la que más contribuye. Eso sí, olvida de decir que lo hace con el dinero que pagamos otros que no vivimos aquí.
Acabar con ese espolio fiscal permanente es la razón que lleva el BNG a defender un modelo de concierto perfectamente posible en el marco jurídico político actual; de hecho, está en vigor con evidente éxito en las dos comunidades de Euskal Herria. Es sin duda beneficioso para Galicia. Es cierto que habría que descontar la cuota en el caso de Euskadi —en español se denomina cupo— a pagar por los llamados servicios comunes o no transferidos, pero, aun así, señora ministra, en las cuentas sale. (El señor vicepresidente, Rodríguez Gómez de Celis, ocupa la Presidencia).
Reparemos en que Euskadi tiene menos población que Galicia y, sin embargo, tiene más producto interior bruto y recaudación de sus comunidades forales —e n el año 2022, unos 7000 millones de euros— y tienen establecido el cupo en 1467 millones de euros. Estos recursos a mayores, con los que podría contar la Administración gallega, serían fundamentales para poder mejorar los servicios públicos y elevar el nivel de vida y el bienestar de todos los gallegos y las gallegas. Esto es lo que nos mueve, la absoluta confianza en la capacidad de nuestro país para valerse por sí mismo y para autorresponsabilizarse de su futuro, también desde el punto de vista fiscal. Porque estamos hablando de que, en cuanto a que el régimen común está basado en el principio de necesidad, el de concierto lo hace en el principio de capacidad, y Galicia la tiene. Por eso, queremos que tenga también plena facultad normativa y responsabilidad fiscal sobre todos los impuestos soportados en Galicia para garantizar la consecución de los principios de justicia, proporcionalidad y progresividad fiscal. Ello no implica no tener que contribuir, en el caso de que así procediese, a un mecanismo de redistribución interterritorial, respetando el principio de solidaridad y también, de cualquier manera, considerando la deuda histórica en inversiones que el Estado tiene con Galicia.
Usted habló en la última reunión del Consejo de Política Fiscal y Financiera de un nuevo sistema multilateral y bilateral al mismo tiempo. Con respecto al concepto de multilateralidad, no es incompatible con la negociación bilateral entre naciones como Galicia y el Estado. Galicia necesita exigir y ejercer el derecho a la soberanía fiscal. Una reforma del sistema financiero actual que se limite a la elevación del porcentaje de cesión de determinados impuestos estatales no es suficiente, pues seguiría constituyendo un modelo que no consideraría la capacidad financiera total de Galicia ni sus necesidades reales.
Y, aparte de todo esto, debemos tener en cuenta el problema gravísimo que tenemos de infrafinanciación también en el ámbito local. Solamente daré algunos datos, muy brevemente. En términos per cápita en los últimos años se viene arrastrando una situación que implica que cada ayuntamiento gallego recibe de media por habitante alrededor de 50 euros menos que la media estatal. La situación se agudiza si hablamos de las siete ciudades gallegas. A modo de ejemplo, una ciudad como Málaga viene recibiendo la misma financiación del Estado que las siete ciudades gallegas juntas, pese a que estas casi duplican la población de la primera. Es una herida que se agranda más si la comparación se hace entre lo que recibe un ayuntamiento gallego por habitante y un municipio madrileño. Estaríamos hablando de alrededor de 142 euros más en el caso de los ayuntamientos de Madrid o de alrededor de 110 euros en el caso de Cataluña en relación con Galicia. Es una situación injusta que también es preciso revisar.
Me gustaría hablar también de la condonación de la deuda y de la posición indigna del Partido Popular de negarse, en el caso de Galicia, a una eliminación de 4010 millones de euros, que implicaría no solamente un beneficio evidente, sino una bajada directa de los recursos que la Administración gallega dedica al pago de la deuda y a los intereses, alrededor de 770 millones de euros cada año, y que la Administración gallega podría destinar a otros fines, como a políticas sociales y a servicios públicos, que son absolutamente necesarios.
Muchas gracias.