Néstor Rego Candamil
Obrigado, señora presidenta. Señor ministro, vostede sabe da importancia da planta de Alcoa en San Cibrao para o noso país, para Galiza, para o conxunto do Estado español, porque na realidade estamos falando de dúas plantas, unha de alúmina e outra de aluminio primario, a única do Estado español nun sector estratéxico. É unha factoría que leva anos en crise, con constantes vaivéns por parte de Alcoa sobre a decisión de vender ou continuar, que está xerando unha enorme incerteza entre os traballadores e traballadoras e a sociedade galega. Por iso nós lle queremos preguntar que está a facer o Ministerio para garantir a continuidade da factoría de Alcoa na Mariña e o mantemento da totalidade dos postos de traballo?
Gracias, señora presidenta. Señor ministro, usted sabe lo importante que es la planta de Alcoa en San Ciprián. Es importante para Galicia y para todo el Estado español porque hablamos de dos plantas, una de alúmina y otra de aluminio primario. Es un sector estratégico. Es una fábrica que lleva años en crisis, con muchos vaivenes por parte de Alcoa, con la decisión de si vende o si continúa. Y está generando mucha incertidumbre entre los trabajadores y en la sociedad gallega. Por eso, hoy le queremos preguntar ¿qué está haciendo el ministerio para garantizar la continuidad de la fábrica de Alcoa en A Mariña y mantener todos los puestos de trabajo? Gracias.