Néstor Rego Candamil
BNGDiputado.Página 107Vídeo
Grazas, señor presidente. Moi boa tarde. A pasada semana traiamos unha interpelación ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación sobre medidas de apoio ao sector pesqueiro galego e corresponde esta semana concretar as propostas que fai o Bloque Nacionalista Galego, de medidas que entendemos que son fundamentais para que se removan todos os escollos, todas as dificultades que constantemente está encontrando o sector pesqueiro no noso país.
Hai que lembrar que a frota galega era unha das máis importantes do mundo, a primeira da Unión Europea hai apenas 40 anos e que as decisións comunitarias fórona reducindo de maneira decisiva, decidida, mais, en todo caso, continúa sendo a primeira frota pesqueira do Estado español, tanto por capacidade, por barcos e por capturas. De feito, representan máis do 50 % do esforzo pesqueiro do Estado español. Mais, como digo, continúa achando enormes dificultades para saír adiante, que eu describía pormenorizadamente na pasada semana e nesa medida insisto, creo que o que corresponde é concretar que medidas. Nós comezamos por aquelas de carácter máis xeral. Xa vexo que á bancada do PP lle interesa pouco o sector pesqueiro, menos o sector pesqueiro galego, mais era bo que alguén do Partido Popular atendese, tendo en conta as responsabilidades que teñen nesta materia, case sería mellor dicir as irresponsabilidades que veñen facendo nesta materia polo abandono en que teñen o noso sector pesqueiro desde o Goberno galego.
En primeiro lugar, impulsar a revisión e modificación das bases da política pesqueira común europea, comezar polo principio de estabilidade relativa que o que fai é perpetuar un reparto de TACs e cotas que son enormemente prexudiciais para o noso país. Polo tanto, en algún momento será o momento de poñer en cuestión ese principio de estabilidade relativa e, vinculado a isto, avanzar no recoñecemento de Galiza como zona altamente dependente da pesca e na capacidade, por tanto tamén, de participación directa na toma de decisións en materia pesqueira, de representación directa, por exemplo, diante da Unión Europea, con capacidade de decidir naquilo que nos pode afectar.
En terceiro lugar, nós reclamabamos xa o outro día ao ministro que recorrese a sentenza do Tribunal de Xustiza da Unión Europea, que avala a prohibición de pesca con artes de fondo en 87 zonas do Atlántico, porque non estaba sustentada en informes científicos rigorosos e ademais non tiña en consideración as consecuencias económicas e sociais, equiparando, por outra parte, o palangre, que é unha arte sustentábel, co arrastre de fondo. Ben, hoxe soubemos que o Ministerio, xunto coa Xunta de Galiza, recorreu xa esa sentenza. Alegrámonos. En todo caso, entendemos que é positivo que hoxe esta cámara avale esta medida porque sería un apoio máis diante da Unión Europea a esa reclamación xusta do sector pesqueiro do noso país.
En cuarto lugar, reclamar á Unión Europea que abandone calquera proposta de aumentar esas zonas vedadas ás artes de fondo. Se estamos dicindo que van recorrer esas 87, de ningunha maneira podemos permitir que se amplíen para 105 ou para 115, como no seu momento anunciou a propia Unión Europea, tendo en conta ademais que xa temos un problema, como dicía ao comezo, de limitación da capacidade pesqueira que, por outro lado, pois se pode ver agravada. Tamén coñeciamos que como consecuencia da decisión de países como Noruega e Islandia ou as Illas Feroe de autoasignarse cota de xarda, de cabala e o ICES está a recomendarlle á Unión Europea unha redución de 70 % na cota de xarda, isto sería un desastre para o segmento de frota, na nosa frota pesqueira galega que se dedica precisamente á pesca de xarda. Polo tanto, habería que buscar solucións alternativas e negociar con eses países que están levando a cabo unha actuación que non ten en conta os intereses de terceiros.
En quinto lugar, rexeitar o recorte do 67 % ou calquera outro que se poida producir nos fondos europeos destinados á pesca, como propuxo a Comisión Europea para o novo marco orzamentario 2028-2034, tendo en conta que este recorte do PP na pesca se produce como consecuencia do que se pretende ser un incremento exponencial do gasto militar, dicía o ministro que non hai que confrontar tractores con tanques ou barcos con tanques, pois nós non lle vemos outra solución. Hai que escoller se queremos recursos para a pesca, eses recursos non poden ir destinados aos tanques e ás bombas, hai que promover políticas de paz que fagan desnecesaria esa aposta que nós entendemos, en todo caso, non é lóxica esa aposta belicista, esa aposta polo incremento do gasto militar.
En sexto lugar, acordaron a moratoria ao desenvolvemento da eólica mariña nas costas galegas, especialmente antes de que o propio IEO, que ademais é un instituto público, desenvolva os estudos pertinentes sobre os efectos negativos no sector pesqueiro e nos ecosistemas mariños.
En sétimo lugar, realizar as accións precisas ante a Unión Europea para lograr que se incremente o TAC de sardiña para o 2026. Negociar, renegociar, o reparto con Portugal que non ten moita lóxica, xa o dixemos aquí, 2/3 partes de sardiña para Portugal e 1/3 para o Estado español cando a frota pesqueira é superior en capacidade, en barcos que se dedica á sardiña a frota portuguesa e só a galega. E por tanto habería que estudar isto. Tamén realizar unha nova distribución entre zonas proporcionada atendendo ás capturas que se están producindo, tendo en conta que é e que non ten sentido que queden nun sitios fronte á cota sen consumir e que despois se negocie con posibilidade de pesca. O que non parece que teña ningunha lóxica.
En oitavo lugar, e finalizo, manter todas as instalacións e servizos de ISM na Galiza. En noveno lugar, dar cumprimento aos mandatos da Lei de Pesca Sustentábel en relación co Catálogo de enfermidades profesionais. Está na lei, hai que cumprilo. Co impulso aos convenios colectivos no sector e co establecemento dun mecanismo de voto para os mariñeiros embarcados. Gracias, señor presidente. Muy buenas tardes. La semana pasada traíamos una interpelación al ministro de Agricultura, Pesca y Alimentación sobre las medidas de apoyo al sector pesquero gallego. Esta semana corresponde concretar las propuestas que hace el Bloque Nacionalista Galego de medidas que entendemos que son fundamentales para que se eliminen los escollos, las dificultades que constantemente está encontrando el sector pesquero de nuestro país. Hay que recordar que la flota gallega era una de las más importantes del mundo, la primera de la Unión Europea hace apenas cuarenta años y que las decisiones comunitarias la han ido reduciendo de manera decisiva, decidida, pero, en todo caso, sigue siendo la primera flota pesquera del Estado español, tanto por capacidad de barcos como por capturas. De hecho, representa más del 50 % del esfuerzo pesquero del Estado español; pero, como digo, sigue encontrando enormes dificultades para salir adelante, que describía yo pormenorizadamente la semana pasada. En esa medida, insisto, creo que lo que corresponde es concretar qué medidas. Empezamos por aquellas de carácter más general… (Rumores). Ya veo que a la bancada del Grupo Popular le interesa poco el sector pesquero y mucho menos el gallego, pero estaría bien que alguien del Grupo Popular atendiese, teniendo en cuenta las responsabilidades que tienen en esta materia. Casi sería mejor decir las irresponsabilidades que vienen haciendo en esta materia por el abandono que tiene nuestro sector pesquero del Gobierno gallego. (El señor De Olano Vela pronuncia palabras que no se perciben). En primer lugar, impulsar la revisión y modificación de las bases de la política pesquera común europea, empezando por el principio de estabilidad relativa, que lo que hace es perpetuar un reparto de TAC y de cuotas que son muy perjudiciales para nuestro país. Por tanto, en algún momento será el momento de poner en cuestión ese principio de estabilidad relativa. En segundo lugar, vinculado a esto, avanzar en el reconocimiento de Galicia como zona altamente dependiente de la pesca y en la capacidad, por tanto, también de participación directa en la toma de decisiones en materia pesquera: representación directa, por ejemplo, ante la Unión Europea, con capacidad de decidir en aquello que nos puede afectar. En tercer lugar, reclamábamos el otro día al ministro ya que recurriese la sentencia del Tribunal de Justicia de la Unión Europea que avala la prohibición de pesca con artes de fondo en 87 zonas del Atlántico, porque no estaba apoyada en informes científicos rigurosos y, además, no tenían en consideración las consecuencias económicas y sociales, equiparando, por otra parte, el palangre, que es un arte sostenible, con el arrastre de fondo. Hoy hemos sabido que el ministerio, con la Xunta de Galicia, ha recurrido esa sentencia. Nos alegramos. Entendemos, en todo caso, que es positivo que hoy esta Cámara avale esta medida, porque sería un apoyo más ante la Unión Europea a esa reclamación justa del sector pesquero de nuestro país. En cuarto lugar, reclamar a la Unión Europea que abandone cualquier propuesta de aumentar esas zonas vedadas a las artes de fondo. Si estamos diciendo que se van a recurrir esas 87, no podemos permitir de ninguna manera que se amplíen a 105 o a 115, como en su momento anunció la propia Unión Europea. Habida cuenta, además, de que ya tenemos un problema, como decía al principio, de limitación de la capacidad pesquera, que, por otro lado, se puede ver agravada. Sabíamos también que, como consecuencia de la decisión de países como Noruega o Islandia o las Islas Feroe de autoasignarse cuotas de caballa, pues, claro, ahora recomiendan a la Unión Europea una reducción del 70 % en la cuota de caballa. Sería un desastre para un segmento de nuestra flota pesquera gallega que se dedica precisamente a la pesca de la caballa. Por tanto, habría que buscar soluciones alternativas y negociar con esos países que están llevando a cabo una actuación que no tiene en cuenta los intereses de terceros. En quinto lugar, rechazar el recorte del 67 % o cualquier otro que se pueda producir en los fondos europeos destinados a la pesca, como propuso la Comisión Europea para el nuevo marco presupuestario 2028-2034, teniendo en cuenta que este recorte de la pesca se produce como consecuencia de lo que se pretende según el incremento exponencial del gasto militar. Decía el ministro que no hay que enfrentar tractores con tanques o barcos con tanques. Pues, la verdad, nosotros no vemos otra solución. Hay que escoger. Si queremos recursos para la pesca, esos recursos no pueden destinarse a los tanques y a las bombas. Hay que promover políticas de paz que hagan menos necesarias esa apuesta que, en todo caso, nosotros entendemos que no es lógica, esa apuesta belicista por el incremento del gasto militar.
En sexto lugar, acordar una moratoria para el desarrollo de la eólica marina en las costas gallegas, especialmente antes de que el propio IEO ―que, además, es un instituto público― desarrolle los estudios pertinentes sobre los efectos negativos en el sector pesquero y en los ecosistemas marinos.
En séptimo lugar, realizar las acciones necesarias ante la Unión Europea para lograr que se incremente el TAC de sardina para 2026; negociar también el reparto con Portugal, que no tiene mucha lógica ―ya lo dijimos aquí― dos terceras partes de la sardina para Portugal y un tercio para el Estado español, cuando la flota pesquera que se dedica a la sardina es superior en capacidad y barcos, la gallega por encima de la portuguesa. Entonces, hay que realizar una nueva distribución proporcionada atendiendo a las capturas que se producen, teniendo en cuenta que no tiene sentido que en algunos sitios queden cuotas sin consumir y que después se negocie con esas posibilidades de pesca; no parece tener lógica ninguna.
En octavo lugar ―y termino―, mantener todas las instalaciones y servicios del ISM en Galicia. En noveno lugar, dar cumplimiento a los mandatos de la ley de pesca sostenible en relación con el catálogo de enfermedades profesionales. Está en la ley, hay que cumplirla, con el impulso también a los convenios colectivos en el sector y el establecimiento de un mecanismo de votación para los marineros embarcados.