Néstor Rego Candamil
Obrigado, señora presidenta. Moi boa tarde. No pasado 10 de setembro este Congreso debatía e votaba un proxecto de lei para a redución da xornada semanal a 37,5 horas. O BNG, que votou a favor, xa advertiu, no entanto, que considerabamos a proposta pouco ambiciosa e insuficiente. E razón non nos faltan. De modo que tentarei debullalas a seguir. Anunciabamos tamén que traeriamos aquí a debate esta proposición que recolle a redución a 35 horas semanais e que fora rexistrada no pasado mes de febreiro, por tanto, con anterioridade ao proxecto de lei do Goberno. Haberá aquí quen diga que se non pasou unha proposta para a redución a 37,5 horas tampouco o fará unha que busca deixar a xornada en 35 horas semanais e que sinala o horizonte de 32 horas e 4 días de traballo á semana. Eu quero dar a volta ao argumento, traer aquí un obxectivo realmente modesto, como fixo o Ministerio de Traballo, non evitou que a dereita e a ultra dereita se colocasen en fronte seguindo os ditados da patronal española. O resultado está á vista, o que é preciso do noso punto de vista é marcar un obxectivo realmente transformador que como tal sexa tamén mobilizador, que concite o interese e o apoio do conxunto dos traballadores e traballadoras e das súas representacións sindicais. Se ese efecto mobilizador se producir, a patronal e os seus representantes nesta cámara, aquí á dereita, terán realmente máis difícil oporse.
O obxectivo desta proposta, que se nutre do impulso que a esta reclamación ven dando na Galiza a central sindical maioritaria, a Confederación Intersindical Galega CIG é cuádruplo: mellorar as condicións de vida e laborais da clase traballadora, facilitar a conciliación da vida laboral e familiar, repartir o traballo, facilitando a incorporación ao mundo laboral de todas esas persoas, especialmente a mocidade que hoxe están no desemprego, e tamén incidir positivamente na saúde e mesmo nun aforro para as arcas públicas pola redución de enfermidades e problemas relacionados co estrés, así como pola diminución de riscos psicosociais, accidentes de traballo en itínere, patoloxías músculo-esqueléticas e problemas asociados ao sedentarismo que non tería que enfrontar a sanidade pública.
Partimos de que a xornada semanal está fixada nun máximo de 40 horas desde 1983, hai xa máis de 40 anos. É tempo de mudar isto. Mais en todo este período tamén creceu a conciencia de que é preciso traballar menos para vivir máis e para traballar todos e todas. E ademais, a experiencia demostra que é posible facelo sen perder produtividade. Hoxe a xornada de 37,5 horas e xeral na administración pública e mesmo moitos sectores está fixada en 35 horas. Do mesmo modo acontece en moitas empresas a través de convenios da negociación, dos convenios colectivos que foron fixando xornadas de 35 horas ou xornadas por debaixo das 37,5. Por iso, esa xornada de 37,5 se evidenciaba insuficiente, mais ao mesmo tempo tamén pon de manifesto que son os traballadores e traballadoras con menos capacidade de negociación, normalmente en condicións laborais máis precarias, os que aínda non puideron beneficiarse de ningunha redución e, por tanto, é imprescindíbel o impulso público, establecendo unha limitación xeral.
Esta proposta ademais vai na liña do que acontece ou está a acontecer na nosa contorna. Lembrábase aquí hai un mes, Francia, por caso, fixou a xornada en 35 horas no ano 2000, mais mesmo que nunha maioría de países Europeos a xornada laboral segue fixada en 40 horas legalmente, as estatísticas demostran que de media se traballa menos das máximas fixadas. No entanto, no Estado español o tempo traballado de media supera o da xornada laboral máxima. Segundo a EPA na Galiza 534 000 persoas traballadoras recoñecen realizar xornadas semanais superiores ás 40 horas, 60 000 máis que antes da aprobación, por certo, da reforma laboral no ano 2021, que non diminuíu esa porcentaxe, senón que a incrementou. Destas 98 900 persoas traballadoras e traballadoras realizan xornadas superiores ás 50 horas semanais, ás 50 horas semanais. No caso da xornada laboral estabelecida por convenio constátase que a media europea tamén é notabelmente inferior. Así, no caso da Galiza, segundo o Consello Galego de Relacións Laborais, a xornada laboral no 3.º trimestre do 2024 era de 1757 horas, 1760 para os convenios de sector e 1719 para os convenios de empresa. Moi lonxe, por tanto, da xornada anual doutros países da nosa contorna, como o caso das 1341 de Alemaña, máis de 400 horas de diferenza, ou as 1478 en Francia, case 300 horas máis.
Uns datos que mesmo son peores, xa que nunha importante parte dos convenios colectivos, o tempo de descanso obrigatorio de 15 minutos en xornada diaria superiores a 6 horas de traballo recollidas no artigo 34.4 do Estatuto dos Traballadores non aparece infelizmente como tempo efectivo de traballo. Por tanto, a lexislación debe acompañar e promover os avances sociais nesta materia fixando unha xornada laboral máxima de 35 horas e favorecendo o descanso e a conciliación e desconexión das persoas traballadoras.
Como dicía, isto permite avanzar para unha futura normalización dunha xornada laboral que debe estar sempre no horizonte dunha xornada semanal de 4 días e 32 horas semanais, que xa é perfectamente posíbel a día de hoxe en moitos sectores, especialmente naqueles en que existe unha alta dixitalización e apoio en tecnoloxía. A redución da xornada laboral facilita a conciliación e non repercute negativamente na produtividade. O mantemento de longas xornadas laborais favorece o denominado presentismo, termo que define a situación en que as persoas traballadoras permanecen no seu posto mais sen desenvolver a actividades produtivas efectivas, ben pola fatiga ben polo estrés.
Segundo datos da OCDE no ano 2019, as persoas traballadoras no Estado español traballaban de media unhas 1686 horas anuais e a produtividade media foi de 48 €/hora. No entanto, Alemaña con tan só 1341 horas traballadas de media rexistrou unha produtividade de case 61 € de media. Fica constatado que traballar máis horas non significa máis produtividade, máis ben todo o contrario. Acurtar a 35 horas a xornada laboral é unha medida de xustiza social que distribuiría o traballo remunerado de forma máis homoxénea entre as persoas que non teñen emprego e as que acumulan demasiadas horas de traballo diario. Esta medida posibilitará que a clase traballadora poida vivir de forma máis sustentábel e plena, reducindo o desemprego e permitindo unha maior conciliación. A xornada de 35 horas tense demostrado positiva en termos de produtividade e saúde laboral para a clase traballadora. Ademais, pode reducir os gastos xerais, variábeis das compañías, e por tanto, sería tamén unha medida real e eficiente para a descarbonización da economía ou para mellora do medio ambiente. Ou, como dicía, contribúe para mellorar a saúde laboral e diminuír o gasto sanitario.
Fixar a xornada laboral máxima en 35 horas permitirá, por outra parte, a incorporación de máis persoas a un posto de traballo, así como combater a perda de emprego que vai provocar a automatización e robotización dos procesos de produción e a dixitalización e introdución da intelixencia artificial. Aliás, a nosa proposta incorpora a regulación do rexistro de xornada, que tamén caeu no proxecto anterior. A flexibilidade da xornada laboral do ano 2012 foi reforzada coa flexiseguridade da última reforma, que busca desordenar desinteresadamente para a empresa os horarios e quendas, ampliando a xornada de facto de forma que as persoas eventuais fixas, descontinuas e indefinidas a tempo parcial e de ETT son as principais damnificadas. Precisamente para corrixir isto, a proposta introduce unha modificación no apartado 2.º do artigo 34 que reverte nos aspectos da reforma laboral de 2012, pois permitirá que só mediante convenio colectivo ou, no seu defecto, por acordo entre as empresas e os representantes das persoas traballadoras se poda establecer unha distribución irregular da xornada ao longo do ano de 10 % da xornada de traballo. Foi precisamente a flexibilidade horaria facilitada pola lexislación laboral a que favoreceu a litixiosidade sobre a xornada laboral e a redución das horas extraordinarias, problemática que xa levou no ano 2017 a que a Confederación Intersindical Galega CIG fixese unha proposta para estabelecer a obriga de rexistrar diariamente a xornada das persoas traballadoras. Un texto que, por certo, serviu de base para o Real Decreto 8/2019 de 8 de marzo de medidas urxentes de protección social e de loita contra a precariedade laboral na xornada de traballo, aínda que non incorporou todas as garantías naquela altura, por tanto, é necesario facelo neste momento. Esta é a oportunidade de modificar a regulación do rexistro e asegurar así ferramentas efectivas para impedir prolongacións irregulares de xornada que prexudican os intereses económicos e xurídicos das persoas traballadoras, ademais de menoscabar o dereito á conciliación da vida persoal e laboral.
En definitiva, esta proposición de lei representa unha segunda oportunidade de comezar a traballar na redución de xornada e nas garantías reais das persoas traballadoras en relación co respecto da xornada establecida e do dereito á desconexión. Por iso finalizo apelando ás forzas políticas a que aproveiten esta nova oportunidade. Loxicamente, as que xa apoiaron a proposta anterior, mais tamén a aquelas que non o fixeron. Este é un debate e votación de toma en consideración, por tanto, abre un proceso en que haberá marxe de falar, dialogar e negociar sobre todos os aspectos que incorpora ou aqueles que as forzas políticas consideraren necesario incorporar, tamén para establecer medidas de transición que se achan necesarias para as pequenas e medianas empresas. O BNG está aquí para defender os intereses do pobo galego, das maiorías sociais do noso país, comezando pola clase traballadora e esta proposta beneficia e mellora as condicións de vida dos traballadores e traballadoras da Galiza e de todos os pobos do Estado. Unha proposta en positivo que esperamos ver saír adiante. E se hoxe non for, non lles caiba a dúbida de que persistiremos até conseguilo.
Moito obrigado.
Gracias, señora presidenta. Muy buenas tardes. El pasado 10 de septiembre este Congreso debatía y votaba un proyecto de ley para la reducción de la jornada semanal a 37,5 horas. El BNG, que votó a favor, ya advirtió, no obstante, que consideraba la propuesta poco ambiciosa e insuficiente ―y razones no nos faltaban―, de modo que intentaré desgranarlas a continuación. Anunciamos también que traeríamos a debate esta proposición que recoge la reducción a 35 horas semanales y que había sido registrada el pasado mes de febrero; o sea, con anterioridad al proyecto de ley del Gobierno. Habrá aquí quien diga que, si no pasó una propuesta para la reducción a 37,5 horas, tampoco lo hará una que busca dejar la jornada en 35 horas semanales y que señala el horizonte de 32 horas y 4 días de trabajo a la semana. Yo quiero darle la vuelta al argumento. Traer aquí un objetivo realmente modesto, como hizo el Ministerio de Trabajo, no ha evitado que la derecha y la ultraderecha se colocasen enfrente, siguiendo los dictados de la patronal española. El resultado está a la vista. Lo que es preciso, bajo nuestro punto de vista, es marcar un objetivo realmente transformador, que como tal sea también movilizador, que suscite el interés y el apoyo del conjunto de los trabajadores y de las trabajadoras y de sus representaciones sindicales. Si ese efecto movilizador se produjese, la patronal y sus representantes en esta Cámara, aquí a la derecha, tendrán realmente más difícil oponerse.
El objetivo de esta propuesta, que se nutre del impulso que a esta reclamación viene dando en Galicia la central sindical mayoritaria, la Confederación Intersindical Galega, CIGA, es cuádruple: mejorar las condiciones de vida y laborales de la clase trabajadora; facilitar la conciliación de la vida laboral y familiar; repartir el trabajo, facilitando la incorporación al mundo laboral de todas esas personas, especialmente la juventud, que hoy están en el desempleo, y también incidir positivamente en la salud e, incluso, en un ahorro para las arcas públicas por la reducción de enfermedades y problemas relacionados con el estrés, así como también por la disminución de riesgos psicosociales, acciones de trabajo in itinere, patologías músculo-esqueletales y problemas asociados al sedentarismo, que no tendría que enfrentar la sanidad pública.
Partimos de que la jornada semanal está fijada en un máximo de 40 horas desde 1983, hace ya más de cuarenta años. Es hora de cambiar esto. Sin embargo, en todo este periodo también ha crecido la conciencia de que es necesario trabajar menos para vivir más y para trabajar todos y todas y, además, la experiencia demuestra que es posible hacerlo sin perder productividad. Hoy, la jornada de 37,5 horas es general en la Administración pública; incluso en muchos sectores está fijada en 35 horas. Lo mismo sucede en muchas empresas, que, a través de la negociación de los convenios colectivos, han ido fijando jornadas de 35 horas o jornadas por debajo de las 37,5 horas. Por eso, esta jornada de 37,5 horas se evidenciaba como insuficiente; pero, al mismo tiempo, también pone de manifiesto que las trabajadoras y los trabajadores con menos capacidad de negociación, normalmente en condiciones laborales más precarias, los que aún no han podido beneficiarse de ninguna reducción y, por lo tanto, es imprescindible el impulso público, estableciendo una limitación general.
Esta propuesta, además, viene en la línea de lo que está aconteciendo en nuestro entorno. Por ejemplo, Francia fijó la jornada laboral en 35 horas semanales en el año 2000. Pero incluso, aunque en una mayoría de los países europeos la jornada laboral sigue fijada en 40 horas, las estadísticas demuestran que, de media, se trabaja menos de las máximas fijadas. Sin embargo, en el Estado español el tiempo trabajado de media supera el de la jornada laboral máxima. Según la EPA, en Galicia, 574 000 personas trabajadoras reconocen realizar jornadas semanales superiores a las 40 horas; unas 60 000 más que antes de la aprobación, por cierto, de la reforma laboral del año 2021, que no ha disminuido ese porcentaje, sino que lo ha aumentado. De estas, 98 900 trabajadoras y trabajadores realizan jornadas superiores a las 50 horas semanales; repito, 50 horas semanales. En el caso de la jornada laboral establecida por convenio, se constata que la media europea también es notablemente inferior. Así, en el caso de Galicia, según el Consejo Gallego de Relaciones Laborales, la jornada laboral en el tercer trimestre de 2024 era de 1757 horas, 1760 para los convenios de sector y 1719 para los convenios de empresas, muy lejos, por lo tanto, de la jornada anual de otros países de nuestro entorno. Como es el caso de las 1341 horas de Alemania, más de 400 horas de diferencia, o las 1478 horas en Francia, casi 300 horas más.
Son unos datos incluso peores, ya que, en una importante parte de los convenios colectivos, el tiempo de descanso obligatorio de 15 minutos en jornadas diarias superiores a las 6 horas de trabajo recogidas en el artículo 34.4 del Estatuto de los Trabajadores no aparece, desgraciadamente, como tiempo efectivo de trabajo. Por lo tanto, la legislación debe acompañar y promover los avances sociales en esta materia, fijando una jornada laboral máxima de 35 horas y favoreciendo el descanso, la conciliación y la desconexión de las personas trabajadoras.
Como decía, esto permite avanzar hacia una futura normalización de una jornada laboral que debe estar siempre en el horizonte de una jornada semanal de 4 días y 32 horas semanales, que ya es perfectamente posible en la actualidad en muchos sectores, especialmente en aquellos en los que existe una alta digitalización y apoyo en tecnología. La reducción de la jornada laboral facilita la conciliación y no repercute negativamente en la productividad. El mantenimiento de largas jornadas laborales favorece el denominado presentismo, término que define la situación en que las personas trabajadoras permanecen en su puesto, pero sin desarrollar actividades productivas y efectivas, ya sea por fatiga, ya sea por estrés.
Según datos de la OCDE, en el año 2019 las personas trabajadoras del Estado español han trabajado de media alrededor de 1686 horas anuales y la productividad media fue de 48 euros la hora. Sin embargo, Alemania, con tan solo 1341 horas trabajadas de media, registró una productividad de casi 61 euros de media. Queda constatado que trabajar más horas no significa más productividad, sino más bien todo lo contrario. Acortar a 35 horas la jornada laboral es una medida de justicia social que distribuiría el trabajo remunerado de forma más homogénea entre las personas que no tienen empleo y las que acumulan demasiadas horas de trabajo diario. Esta medida posibilitará que la clase trabajadora pueda vivir de forma más sostenible y plena, reduciendo el desempleo y permitiendo una mayor conciliación. La jornada de 35 horas se ha demostrado positiva en términos de productividad y salud laboral para la clase trabajadora; además, puede reducir los gastos generales variables de las empresas y, por lo tanto, sería también una medida real y eficiente para la descarbonización de la economía, para la mejora del medioambiente o, como decía, contribuir para mejorar la salud laboral y disminuir el gasto sanitario.
Por otra parte, fijar la jornada laboral máxima en 35 horas permitirá la incorporación de más personas a un puesto de trabajo, así como combatir la pérdida de empleo que va a provocar la automatización y robotización de los procesos de producción y la digitalización y la introducción de la inteligencia artificial. Además, nuestra propuesta incorpora la regulación del registro de jornada, que también ha caído en el proyecto anterior. La flexibilidad de la jornada laboral del año 2012 fue reforzada con la flexiseguridad de la última reforma, que busca desordenar interesadamente para la empresa los horarios y turnos, ampliando las jornadas de facto, de forma que las personas eventuales, fijas discontinuas, indefinidas, a tiempo parcial y ETT son las principales damnificadas. Precisamente para corregir esto, la propuesta ha introducido una modificación en el apartado 2 del artículo 34 que revierte uno de los aspectos de la reforma laboral de 2012, pues permitirá que solo mediante convenio colectivo, o, en su defecto, por acuerdo entre las empresas y los representantes de las personas trabajadoras, se pueda establecer una distribución irregular de la jornada a lo largo del año del 10 % de la jornada de trabajo. Fue precisamente la flexibilidad horaria, facilitada por la legislación laboral, la que ha favorecido la litigiosidad sobre la jornada laboral y la realización de horas extraordinarias, problemática que llevó en el año 2017 a que la Confederación Intersindical Galega, CIGA, hiciese una propuesta para establecer el deber de registrar diariamente la jornada de las personas trabajadoras. Un texto que, por cierto, ha servido de base para el Real Decreto 8/2019, de 8 de marzo, de medidas urgentes de protección social y de lucha contra la precariedad laboral en la jornada de trabajo, aunque no incorporó todas las garantías en aquel momento y, por lo tanto, es necesario hacerlo ahora. Esta es la oportunidad de modificar la regulación del registro y asegurar así herramientas efectivas para impedir prolongaciones irregulares de la jornada que perjudican los intereses económicos y jurídicos de las personas trabajadoras, además de menoscabar el derecho a la conciliación de la vida personal y laboral.
En definitiva, esta proposición de ley representa una segunda oportunidad de empezar a trabajar en la reducción de la jornada y en las garantías reales de las personas trabajadoras en relación con el respeto de la jornada establecida y del derecho a la desconexión. Por eso, finalizo apelando a las fuerzas políticas a que aprovechen esta nueva oportunidad; lógicamente, a las que ya apoyaron la propuesta anterior, pero también a aquellas que no lo han hecho. Este es un debate y votación de toma en consideración y, por lo tanto, abre un proceso en el que habrá margen para hablar, dialogar y negociar sobre todos los aspectos que incorpora o aquellos que las fuerzas políticas consideren necesario incorporar, y también para establecer las medidas de transición que se encuentren necesarias para las pequeñas y medianas empresas. El BNG está aquí para defender los intereses del pueblo gallego, de la mayoría social de nuestro país, empezando por la clase trabajadora, y esta propuesta beneficia y mejora las condiciones de vida de los trabajadores y de las trabajadoras de Galicia y de todos los pueblos del Estado. Esta es una propuesta en positivo que esperamos ver salir adelante. Y si no fuese hoy, no les quepa duda de que persistiremos hasta conseguirlo.
Muchas gracias.