Néstor Rego Candamil
Grazas, señor presidente. A pasada semana trouxemos a este pleno unha interpelación dirixida á ministra de Inclusión, Seguranza Social e Migración relativa aos coeficientes redutores para a xubilación das persoas traballadoras do sector da extracción e transformación de pedra, granito e lousa, principalmente, e o recoñecemento da incapacidade permanente coa diagnose de silicose que afecta todo o Estado, mais fundamentalmente na Galiza, onde este é un sector de actividade relevante. Infelizmente, e a pesar das boas palabras por parte da ministra, non houbo compromisos concretos e, loxicamente, nós defendemos hoxe unha moción cunha serie de puntos que cremos que debe ser aprobada por este Congreso, que debe ser tomada en conta porque nos parece que son razoábeis e que son de absoluta xustiza. Lembrabamos que a silicose é un tipo de enfermidade caracterizada pola acumulación de po nos pulmóns e a reacción do tecido en presenza dese po. Trátase dun tipo de pneumoconiose dunha doenza pulmonar progresiva e irreversíbel causada pola inhalación prolongada de partículas de sílice e, por tanto, unha enfermidade debida á actividade laboral. Sobre isto non hai ningunha dúbida. E unha enfermidade cun prognóstico de curación case imposíbel e cunha tendencia de agravación progresiva. Os traballadores e as traballadoras das canteiras de pedra e da lousa están sometidos a unha situación profesional que, en moitos casos, deriva en doenza debido a inhalación de altas porcentaxes de sílice. Por tanto, é unha cuestión que debe ser abordada seriamente polas Administracións públicas coa adopción de medidas urxentes. Por exemplo, no acceso á incapacidade permanente total pois, segundo establece o artigo 45 da Orde ministerial do 15 de abril de 1969, que regula a aplicación do desenvolvemento de prestacións de invalidez no réxime da Seguridade Social, o primeiro grao de silicoses en enfermidade interrecorrente non é suficiente para o recoñecemento da incapacidade permanente e o BNG ten claro que debe selo. Entre outras cousas porque, segundo a regulación vixente, o traballador ou traballadora afectada tampouco pode continuar traballando nas mesmas condicións e debería ser trasladada a outro posto dentro da mesma empresa en que non exista un risco de inhalación para evitar a progresión da enfermidade, o que dificilmente pode acontecer nunha empresa dedicada á extracción ou transformación do granito a lousa onde non existen postos de traballo non expostos ao po. Por iso, resulta inxusto que unha persoa traballadora diagnosticada de silicose de primeiro grao non poida seguir traballando; o efecto máis habitual é que sexa despedida e que, non existindo un posto exento de po, o empresario deba extinguir a relación por causas obxectivas, mais non teña acceso a esa incapacidade permanente e, por tanto, fica nunha situación clara de indefensión.
Existe, ademais, unha ampla xurisprudencia e mesmo resolucións internas en que se insta a considerar a persoa traballadora nestes casos como inhabilitada para a súa profesión habitual e, por tanto, que debe proceder ao recoñecemento dunha incapacidade permanente total. Mais isto obriga o traballador a ter que recorrer á vía xudicial para o seu recoñecemento. Esta sería, por tanto, a primeira das reclamacións: o recoñecemento da incapacidade dos traballadores diagnosticados de silicose sen necesidade de recorrer á vía xudicial e atendendo ao seu prognóstico evolutivo e á imposibilidade de atribuír outro posto de traballo libre de po de sílice.
Outros asuntos que afectan este colectivo que necesitan atención urxente é o referido á asignación de coeficientes redutores da idade de xubilación adecuados ás persoas traballadoras deste sector. Porque, á hora de aplicar os coeficientes redutores para a idade de xubilación, o sector da transformación e extracción de pedra, granito e mármore, encóntrase con moitas reticencias e problemas por parte da Seguranza Social e, por este motivo, en moitas ocasións deben recorrer tamén á vía xudicial para obter ese dereito. Lembraba eu a semana pasada que en Lugo e Ourense xa é recoñecido por convenio colectivo a aplicación de coeficiente redutor no caso da lousa. Porén, non están equiparados os que se aplican na minería interior. No caso do granito, só se permite a aplicación no caso da extracción, mais non nas actividades relacionadas coa transformación do material en fábricas e marmoreiras, cando a exposición ambiental ao po de sílice é semellante. Os que se aplican seguen tamén sen equipararse aos da minería interior, o cal nos parece inxusto. E máis: distintas sentenzas xudiciais recoñeceron xa esa equiparación e, no entanto, a Seguranza Social segue sen recoñecelo, sen iniciar os trámites de reforma normativa que permita a aplicación xeral.
Por todo o exposto, esta moción do BNG insta ao Goberno a que adopte as medidas e modificacións lexislativas necesarias para dar solución a estes problemas e, nomeadamente, para revisar os actuais coeficientes redutores asignados de modo que, cando menos, equipararamos á categoría de minería exterior cos da minería interior, para ascender os traballadores e traballadoras de empresas de transformación de mineral a asignación de coeficientes redutores para a idade de xubilación, xa que os niveis de po e ruídos son similares á da parte extractiva, para asinar dentro do sistema da Seguranza Social un código identificador das empresas que desenvolvan a súa actividade no sector da extracción e transformación de pedra, como o granito e a lousa, para que nos informes de vida laboral se identifiquen automaticamente esa actividade, de modo que o traballador acredite unicamente o posto de traballo desempeñado e non teña que acreditar a actividade da empresa á hora de efectuar o cálculo de idade de xubilación.
E, por último, para recoñecer a situación de incapacidade permanente total, as persoas traballadoras diagnosticadas de silicose de primeiro grao, dando así solución á situación deses traballadores e traballadoras que non poden acceder a outro posto de traballo exento do risco de exposición a inhalación do po silicótico dentro da mesma empresa.
Chamo a que se tome en conta esta moción porque creo que estamos atendendo a unha situación de discriminación de traballadores e de traballadoras que se ven expostos a unha situación de penosidade que afecta a súa saúde de maneira directa e que afecta a súa vida laboral e, por tanto, tamén que afecta as súas familias. É de xustiza e, nesa medida, cremos que esta moción debería saír adiante; esperamos que así sexa. Moito obrigado.
Gracias, señor presidente. La semana pasada trajimos a este Pleno una interpelación dirigida a la ministra de Inclusión, Seguridad Social y Migraciones relativa a los coeficientes reductores para la jubilación de las personas trabajadoras del sector de la extracción y la transformación de la piedra, granito y pizarra principalmente, y el reconocimiento de la incapacidad permanente con diagnosis de silicosis, que afecta a todo el Estado, pero principalmente a Galicia, donde este es un sector de actividad relevante. Por desgracia y a pesar de las buenas palabras por parte de la ministra, no hubo compromisos concretos, y, lógicamente, nosotros defendemos hoy una moción con una serie de puntos que consideramos que debe ser aprobada por este Congreso y que debe ser tomada en cuenta, porque nos parece que son razonables y que son de absoluta justicia.
Recordábamos que la silicosis es un tipo de enfermedad caracterizada por la acumulación de polvo en los pulmones y las reacciones del tejido en presencia de ese polvo. Se trata de un tipo de neumoconiosis, una enfermedad pulmonar progresiva irreversible causada por la inhalación prolongada de partículas de sílice. Por tanto, es una enfermedad que se debe a la actividad laboral, y sobre esto no hay ninguna duda. Es una enfermedad con pronóstico de curación casi imposible y con una tendencia de agravación progresiva. Los trabajadores y trabajadoras de las canteras de la piedra y de la pizarra están sometidos a un tipo de actividad profesional que en muchos casos deriva en enfermedad, debido a la inhalación de altos porcentajes de sílice. Se trata, por tanto, de una cuestión que tiene que ser abordada seriamente por las administraciones públicas, con la adopción de medidas urgentes.
Por ejemplo, en el acceso a la incapacidad permanente total, según establece el artículo 45 de la Orden Ministerial de 15 de abril de 1969, que regula la aplicación y el desarrollo de las prestaciones de invalidez del Régimen General de la Seguridad Social, el primer grado de la silicosis sin enfermedad intercurrente no es suficiente para el reconocimiento de la incapacidad permanente, y el BNG tiene claro que tiene que ser así. Entre otras cosas porque, según la reglamentación vigente, el trabajador o trabajadora ya no puede seguir trabajando en las mismas condiciones y debería ser trasladado o trasladada a otro puesto dentro de la misma empresa en que no exista el riesgo de inhalación para evitar la progresión de la enfermedad, y esto muy difícilmente puede pasar en una empresa que se dedica a la extracción y transformación de granito o pizarra, donde no existen puestos de trabajo que no estén expuestos a este polvo. Por tanto, resulta muy injusto que una persona trabajadora diagnosticada de silicosis de primer grado no pueda seguir trabajando. De hecho, lo más habitual es que sea despedida, pues el empresario puede extinguir la relación por causas objetivas, pero es injusto que no tenga acceso a la incapacidad permanente, es una situación de indefensión clara. Existe además una amplia jurisprudencia, incluso resoluciones internas en las que se insta a considerar a la persona trabajadora en estos casos como inhabilitada para su profesión habitual y, por tanto, debe proceder el reconocimiento de una incapacidad permanente total, pero esto obliga a que el trabajador tenga que recurrir a la vía judicial para su reconocimiento. Esta sería, por tanto, la primera de las reclamaciones: el reconocimiento de la incapacidad a los trabajadores diagnosticados de silicosis sin necesidad de acudir a la vía judicial, y atender a su pronóstico evolutivo y a la imposibilidad de atribuir otro puesto de trabajo libre de polvo de sílice.
Otro de los asuntos que afecta a este colectivo y que necesita una atención urgente es el referido a la asignación de coeficientes reductores de la edad de jubilación adecuados a las personas trabajadoras de este sector, porque a la hora de aplicar los coeficientes reductores para la edad de jubilación, el sector de transformación y extracción de la piedra, granito y mármol se encuentra con muchas reticencias y problemas por parte de la Seguridad Social. Por este motivo, en muchas ocasiones hay que recurrir también a la vía judicial para obtener este derecho. La semana pasada, recordaba que en Lugo y Orense ya se reconoce por convenio colectivo la aplicación de coeficientes reductores en el caso de la pizarra; sin embargo, no están equiparados a los que se aplican en la minería interior. En el caso del granito, solo se permite la aplicación en el caso de la extracción, pero no en las actividades relacionadas con la transformación del material en fábricas y en marmolerías, cuando la exposición ambiental al polvo de sílice es semejante, y los que se aplican en estos casos siguen sin equipararse a los de la minería interior, lo cual nos parece muy injusto. Es más, distintas sentencias judiciales reconocieron ya esta equiparación, pero la Seguridad Social sigue sin reconocer y sin iniciar los trámites de reforma normativa que permitan la aplicación general.
Por todo esto, esta moción del BNG anima al Gobierno a que adopte las medidas y modificaciones legislativas necesarias para dar solución a estos problemas, y especialmente para revisar los actuales coeficientes reductores asignados, de modo que por lo menos se equiparen los de la categoría de la minería exterior con los de la minería interior, para extender a los trabajadores y trabajadoras de empresas de transformación de mineral la asignación de coeficientes reductores para la edad de jubilación, ya que los niveles de polvo y ruido son similares a los de la parte extractiva; para asignar dentro del sistema de Seguridad Social un código identificador de las empresas que desarrollen su actividad en el sector de la extracción y transformación de piedra, como el granito y la pizarra; para que en los informes de vida laboral se identifique automáticamente esa actividad, de forma que el trabajador acredite solamente el puesto de trabajo desempeñado y no tenga que acreditar la actividad de la empresa a la hora de efectuar el cálculo de la edad de jubilación; y, por último, para reconocer la situación de incapacidad permanente total a las personas trabajadoras diagnosticadas de silicosis en primer grado, dando así solución a la situación de estos trabajadores y trabajadoras que no pueden acceder a otro puesto de trabajo exento del riesgo de exposición a la inhalación del polvo silicótico dentro de la misma empresa.
Hago un llamamiento a que se tenga en cuenta esta moción, porque creo que estamos viendo aquí una situación de discriminación de trabajadores y trabajadoras que se ven expuestos a una situación de penosidad que afecta a su salud de forma directa y que afecta a su vida laboral y, por tanto, también afecta a sus familias. Es de justicia, y en esa medida, creemos que esta moción debería salir adelante, y esperamos que así sea.
Muchas gracias.