Néstor Rego Candamil
Grazas. Obrigado, señora presidenta. Moi boa tarde. A crise da habitación, o problema da vivenda é, sen dúbida, un dos problemas sociais máis graves cos que nos enfrontamos hoxe en día, cos que se enfrontan especialmente sectores sociais con menos ingresos, particularmente a mocidade, que acha grandes dificultades para iniciar un proxecto de vida independente como consecuencia dunha escalada de prezos que parece imparábel e que non encontra unha resposta adecuada por parte de quen debería tela, que son precisamente as administracións públicas, a administración do Estado e as administracións que teñen a competencia directa en materia de vivenda, as administracións autonómicas. Por iso, o BNG trae hoxe aquí unha proposta que pode contribuír. Evidentemente, non vai solucionar todo o problema, pero pode contribuír a solucionalo e evidentemente pode facer que haxa, xa de maneira case inmediata, a alternativa habitacional para persoas que o precisen sen continuar esperando. E esa proposta ten que ver precisamente con un fondo de vivendas que xa están, podemos dicir, en mans públicas, por medio dun organismo como a Sareb, un organismo que, como sabemos, foi creado en 2012 para xestionar os activos tóxicos dos bancos. É dicir, non foi creado para facer política de vivenda pública, senón facendo parte desas políticas do Partido Popular de rescate á banca, á que se destinaron simplemente para o rescate bancario máis de 65 000 millóns de euros mentres aplicaban durísimos recortes sociais para as clases populares e para a clase traballadora. Ese organismo, en principio, non se concibiu como maioritariamente público, senón cunha maioritaria participación privada, pero é verdade que no ano 2022 aquí veu unha proposta para que o Estado se fixese coa maioría e, por tanto, tamén co control da Sareb. Eu teño que recoñecer que nós, o BNG, xunto con outras forzas políticas, entendo que con criterios similares, votamos a favor desa proposta porque entendiamos, tiñamos a convicción, de que isto podería contribuír a que o Estado e a administración do Estado, o goberno, se tivese vontade, podería utilizar este parque de vivendas de inmobles e de solos da Sareb para facer unha política eficaz de vivenda, de vivenda pública. Mais a realidade infelizmente é que non foi así, nin mesmo após o anuncio estrela de Pedro Sánchez en plena campaña das municipais, lembrarán, de mobilizar as vivendas da Sareb. O Estado mantén millares de activos inmobiliarios en mans da Sareb, que como dicimos, podería converterse nun valioso instrumento para mellorar a oferta de vivenda pública, a oferta de aluguer social, precisamente neste contexto de importante encarecemento da vivenda e de escaseza de vivendas de protección pública e de contracción do mercado de aluguer. No BNG estamos convencidos de que só a intervención pública no mercado da vivenda pode conseguir políticas que faciliten o acceso igualitario á vivenda, que garantan o dereito a unha vivenda digna, especialmente de mozos e mozas, de persoas e de familias con menos recursos.
Como estamos convencidos de que é precisa a intervención pública, cando tivemos oportunidade desenvolvemos esas políticas desde o Goberno galego, en concreto unha, podemos dicir, espectacular política de vivenda pública, porque desde a Consellería de Vivenda do BNG no goberno bipartito impulsamos en só 4 anos máis de 9000, perdón, en só tres anos, porque non chegaron a ser catro, máis de 9000 vivendas públicas. E hai que dicir que mesmo a inercia das que deixamos programadas se mantivo durante un tempo, de forma que o goberno do PP, pois, puido inaugurar no ano 2 010 3000 vivendas públicas que programara previamente o BNG. Pero a verdade é que cando esa inercia se disipou, a política de vivenda do PP quedou ao descuberto, tendendo a 0. En 4 anos foron exactamente 16 vivendas as que construíu o Partido Popular; no ano 2018 a cifra espectacular de 2 vivendas. Claro, coa agudización da crise da habitación, agora o goberno do PP na Galiza fai que fai, cando na realidade non fai nada ou si, fai en negativo, por exemplo, desestimando a solicitude do goberno municipal do BNG na capital de Galiza, en Santiago de Compostela, de declaración de zona tensionada, porque o único que interesa ao PP é seguir favorecendo os amigos, seguir favorecendo a especulación inmobiliaria.
Mais é verdade que o goberno do PSOE e de SUMAR, o goberno español do PSOE e de SUMAR, tamén lles custa pasar das declaracións aos feitos e da propaganda á realidade. Pedro Sánchez anunciou, lembremos, a mobilización de 50 000 vivendas da Sareb e despois anunciou 43 000 vivendas en alugueiro e 20 000 máis en terreos de defensa. Infelizmente todo isto ficou en nada ou case nada fóra do chamado Plan Viena, que é pouco máis que outra fórmula de rendibilidade para investidores. Un plan pensado para grandes fondos de investimento aos que o Estado cede solos públicos en vez de colocalos a disposición de quen ten a competencia para política de vivenda pública, especialmente en réxime de aluguer. E o certo é que cada vez que aquí se produce un debate sobre política de vivenda, o goberno republicita os seus plans e alega que leva tempo efectivizalos.
O problema é que as persoas que hoxe están sen lar, sen poder emanciparse, non teñen tempo porque levan demasiado esperando. E a cuestión é que a Sareb posúe un parque de vivendas que en parte pode ser xa utilizado de maneira inmediata. Porque dos máis de 3000 inmobles que ten na Galiza, máis da metade estarían prontos para seren ocupados ou poderían estalo con pequenos e rápidos arranxos. E non só ao BNG, como estou certo que a totalidade das persoas afectadas por falta de alternativa habitacional, parécenos indecente, indecente, ter vivenda desocupada cando hai tantas persoas que a necesitan de maneira urxente. Vemos o slogan de «xente sen casa e casa sen xente» é revelador da realidade brutal da inxustiza do capitalismo do mercado se se aplica ou se se pode aplicar a unha administración pública, o que revela é o desinterese por intentar resolver o problema.
Por iso, o BNG trae hoxe aquí esta PNL que actualizamos cunha autoemenda, basicamente para alén de reclamar o que xa reclamabamos na inicial que era a transferencia de todas as inmobles da Sareb á administración galega ou ás administracións autonómicas competentes ou aos concellos que o soliciten, tamén que se informe con total transparencia sobre os activos inmobiliarios que hai en cada comunidade, en cada concello e sobre cales foron transferidos á SEPE, a empresa de Vivenda e tamén que se estabelezan políticas activas de limitación aos alugueres para impedir que o prezo siga subindo de maneira incontrolada e que se fixen mecanismos de financiamento suficiente ás comunidades autónomas, que son as administracións competentes para a política de vivenda pública.
Moitísimo obrigado.
Gracias, señora presidenta. Buenas tardes. Las crisis como la de la vivienda son uno de los problemas sociales más graves a los que nos enfrentamos hoy en día, especialmente para sectores sociales con menos ingresos, sobre todo los jóvenes, que se enfrentan a muchas dificultades para poder iniciar un proyecto de vida independiente como consecuencia de una escalada de precios que parece imparable y no acaba de encontrar una respuesta adecuada por parte de quienes tendrían que tenerla, las Administraciones públicas, las Administraciones del Estado y las Administraciones que tienen la competencia directa en materia de vivienda, las Administraciones autonómicas.
Por eso, el BNG hoy presenta una propuesta que puede contribuir a solucionar el problema― evidentemente no va a solucionarlo― y puede hacer de manera inmediata que ya haya alternativa habitacional para personas que la necesiten, sin tener que seguir esperando. Dicha propuesta tiene que ver, precisamente, con un fondo de viviendas que ya están en manos públicas, podemos decir, por medio de un organismo que se llama la Sareb. Es un organismo que, como ya sabemos, fue creado en 2012 para gestionar los activos tóxicos de los bancos. Es decir, no se creó para hacer política de vivienda pública, sino que formaba parte de estas políticas del Partido Popular de rescate a la banca, para las que se destinaron más de 65 000 millones de euros, mientras se aplicaban durísimos recortes sociales para las clases populares y trabajadoras.
Dicho organismo, en principio, no se concibió como mayoritariamente público, sino con una participación principalmente privada. Pero en el año 2022 se estableció una propuesta para que el Estado se hiciese con la mayoría. En este sentido, yo tengo que reconocer que nosotros, el BNG, junto con otras fuerzas políticas, entiendo que con criterios similares, votó a favor de dicha propuesta, porque tenía la convicción de que esto podía contribuir a que la Administración del Estado, es decir, el Gobierno, si tuviese la voluntad, utilizase este parque de viviendas, de inmuebles y de suelos de la Sareb para hacer una política eficaz de vivienda pública. Desafortunadamente, la realidad no fue así. Ni siquiera después del anuncio estrella de Pedro Sánchez en plena campaña de las municipales se acordaron de movilizar las viviendas de la Sareb.
El Estado mantiene muchos activos inmobiliarios de la Sareb que podrían convertirse en un instrumento muy importante para mejorar la vivienda pública de alquiler social, especialmente en este contexto de encarecimiento de la vivienda, de escasez de vivienda de protección pública y de contracción del mercado del alquiler. En el BNG estamos convencidos de que solamente la intervención pública en el mercado de la vivienda puede conseguir políticas que faciliten el acceso igualitario a la vivienda, que fomenten el derecho a una vivienda digna para los jóvenes, para los chicos y las chicas, y para las familias con menos recursos.
Como estamos convencidos de que es necesario que haya una intervención pública, cuando tuvimos la oportunidad desarrollamos esas políticas desde el Gobierno gallego más específicamente. Establecimos una política espectacular de vivienda pública: la Consellería de Vivienda del BNG del Gobierno bipartito en solo tres años ―no llegaron a ser cuatro― desarrolló más de nueve mil viviendas públicas. Hay que decir que incluso la inercia de las que dejamos programadas se mantuvo durante un tiempo. De este modo, el Gobierno del PP pudo inaugurar en el año 2010 tres mil viviendas públicas, que dejó programadas previamente el BNG. Pero, cuando esa inercia se desinfló, la política de vivienda del PP quedó al descubierto, tendiendo a cero en cuatro años. De hecho, fueron exactamente dieciséis viviendas las que construyó el Partido Popular y, en el año 2018, registró la cifra espectacular de dos viviendas. Con el empeoramiento de la crisis de la vivienda, ahora el Gobierno del PP no hace nada, hace como que hace, bueno, sí, hace algo en realidad, hace en negativo: desestima, por ejemplo, la solicitud del Gobierno municipal del BNG, en la capital de Galicia, en Santiago de Compostela, de zona tensionada, porque lo que quiere el PP es seguir favoreciendo a los amigos y seguir favoreciendo la especulación inmobiliaria.
También al Gobierno del PSOE y de SUMAR le gusta pasar de las declaraciones a los hechos y de la propaganda a la realidad. Pedro Sánchez anunció la movilización de 50 000 viviendas de la Sareb, luego 43 000 en Andeiro, luego en terreno de Defensa, pero todo esto al final se quedó en nada o en casi nada. Se llamó plan Viena, que al final fue otra forma de rentabilidad para los inversores, pensado para los grandes fondos a los que el Estado cede suelos públicos en lugar de dejarlos a disposición de quienes tienen la competencia, especialmente en términos de alquileres. En cualquier caso, lo cierto es que cada vez que aquí se lleva a cabo un debate acerca de política de vivienda, el Gobierno vuelve a publicitar sus planes y dice que lleva tiempo flexibilizarlos.
El problema es que las personas que, hoy en día, no tienen hogar y que no pueden emanciparse ya no tienen tiempo, porque llevan demasiado esperando, y el tema es que la Sareb tiene un parque de viviendas que ya se podrían utilizar de manera inmediata. De los más de los tres mil inmuebles que hay en Galicia, más de la mitad estarían ya disponibles para poder ocuparse, con modificaciones rápidas. En el BNG consideramos que faltan alternativas, y nos parece indecente, por tanto, contar con viviendas desocupadas cuando hay personas que las necesitan de manera urgente. Vemos que el eslogan «Gente sin casa, casa sin gente» es una realidad brutal de la injusticia del mercado de la vivienda. Si se puede aplicar a una Administración pública, lo que vemos es que hay un desinterés por intentar solucionar el problema.
Por eso, el BNG hoy plantea esta proposición no de ley, que actualizamos con una autoenmienda, para reclamar lo que ya reclamábamos en la inicial, que es la transferencia de todas las viviendas de la Sareb a la Administración gallega o a las Administraciones autonómicas competentes o a los ayuntamientos que lo soliciten también, para que sean informados con transparencia acerca de todos los inmuebles que hay en cada una de las comunidades y cuáles se transfirieron a las empresas de vivienda. También que se establezcan políticas activas de delimitación a los alquileres para evitar que los precios sigan subiendo de manera incontrolada, así como mecanismos de financiación suficientes para las comunidades autónomas o para las Administraciones competentes de política de vivienda pública.
Muchísimas gracias.