Néstor Rego Candamil
Grazas. Grazas, señora presidenta. A pasada semana o BNG presentaba unha interpelación ao ministro de Transporte en relación coas infraestruturas e os servizos ferroviarios no noso país, na Galiza. Eu facía fincapé no feito de que o meu país leva décadas sufrindo unha discriminación en investimentos, particularmente en infraestruturas e servizos do transporte, moi especialmente no ámbito do ferrocarril, que debe ser corrixido con urxencia, por xustiza, e co obxectivo de mellorar a calidade de vida e benestar de todos os galegos e galegas. Consecuencia desa interpelación traemos hoxe aquí unha proposta de moción con dez puntos que creo que son suficientemente amplos, mais tamén suficientemente claros como para que poidan ser apoiados por todas as forzas políticas. Con certeza haberá máis cousas que se poidan reclamar, que nós reclamamos todos os días, mais do que se trata é de que aquilo que é esencial para mellorar de maneira urxente o funcionamento do servizo ferroviario no noso país sexa tomado en consideración polo goberno. A esta moción vimos que se presentaran emendas por parte de tres forzas políticas. Sempre nos parece ben, mais non deixa de ser curiosa a orientación desas emendas. A de Vox é basicamente: Galicia es una región más de España. Pois sinto decepcionalos, señoras e señores da ultradereita, Galicia é unha nación con características propias e diferenciadas que fai que tamén precise políticas propias e diferenciadas. Iso si, é unha nación sen soberanía política e por tanto, é Madrid quen decide sobre moitos dos aspectos que continúan sendo fundamentais para o noso desenvolvemento e para o noso benestar, particularmente no que ten a ver con infraestruturas como esta de que estamos falando.
As do Partido Socialista fundamentalmente baséanse en suprimir algúns puntos porque non queren asumir que é necesario dar eses pasos, que é necesario, por exemplo, para evitar unha inxustiza que se non temos servizo de cercanías no noso país e en tanto non o teñamos que se aplique a tarifa bonificada de cercanías a aqueles traxectos de media distancia que poden ser equiparábeis, quer por tempo de duración, quer por quilómetros que hai entre os puntos a comunicar ou recuperar todas aquelas frecuencias e servizos que foron suprimidos co pretexto da pandemia e a partir de aí, porque algúns foron posteriormente, desde a pandemia, foron suprimidos moitos servizos, frecuencias, paradas no noso país que nós entendemos que deben ser recuperadas como de maneira clara e explícita eu sinalei aquí a pasada a pasada semana, a pesar de que algunhas como a de A Gudiña, porta da Galiza, pois o ministro lle parece que non teñen excesiva importancia.
E as do Partido Popular consisten en engadir 6 puntos máis. Créame, o Partido Popular que eu a eses 6 puntos poderían engadir 12 máis e non estaría dicindo nada que non fose absolutamente xusto, pero non deixa de ser sorprendente, porque claro, o PP non trae aquí nunca propostas que teñan por obxectivo mellorar o servizo de transporte na Galiza nin o servizo ferroviario na Galiza. O PP utiliza as súas mocións ás súas PNL sempre no mesmo, sempre é a corrupción, a máis corrupción, a manipulación mediática, o control mediático, o control do aparello xudicial. Sempre proxectando as súas propias miserias e comportamentos, tanto que proxectan que o outro día o Señor Feijoo fixo unha declaración sobre Radio Televisión Española, que, claro, se por un lapsus —que non sería impensábel nel nin en calquera— muda TVE por TVG, pois estaría escribindo perfectamente o que levan feito nos últimos 15 anos coa Televisión de Galicia e coa Radio Galega, convertela nun aparello de propaganda ao servizo do Partido Popular. Pero é que hoxe mesmo o PP levou unha moción sobre transporte ferroviario ao Senado: nin unha soa referencia a Galiza. Aquí presenta unha emenda con 6 puntos máis, perfecto. Hoxe no Senado nin unha soa referencia a Galicia. Iso si, o primeiro punto de reprobar o ministro, Óscar Puente, que iso é o que máis nos vai axudar a que mellore o transporte ferroviario no noso país. Seguramente pensan que con un ministro ou ministra do Partido Popular como Ana Pastor, a da curva de Angrois, vai mellorar o transporte ferroviario no noso país. Como Ana Pastor, a que fixo boa parte da liña de AVE a Galicia con vía única que agora hai que desdobrar para evitar os problemas que iso representa. Non é precisamente o Partido Popular quen pode dar leccións de cumprir con Galiza, senón todo o contrario. Os seus gobernos foron os que máis prexudicaron ao noso país en materia de infraestruturas ferroviarias.
De calquera caso, eu xa adianto non é xa unha cuestión de estar máis ou menos de acordo, eu podo concordar con algunhas das propostas do Partido Popular, porque queremos, porque é importante que haxa un apoio a esta moción nós vamos pedir que sexa votada por puntos.
Pero antes de sinalar de forma breve, porque case non me queda tempo, cales son eses puntos quixera facer referencia a outra cuestión que non me parece tampouco menor, porque ao fin e ao cabo estamos falando de como se castiga un país que ten servizos de transporte inadecuados. Estamos a escasas horas de finalizar o prazo dado pola Unión Europea para que o goberno do Estado presente recurso diante do Tribunal de Xustiza da Unión Europea ou non en relación coa prórroga ilegal da AP-9. Pois ben, eu reclamo ao goberno do Estado que non presente ese recurso e que deixe caer a concesión da AP-9 para que a autoestrada do Atlántico poida ser unha autoestrada libre de peaxe que poidamos utilizar todos os galegos e galegas porque non é xusto que teñamos que seguir pagando peaxes desde o ano 2013 que acababa a concesión, prórroga do Partido Socialista até agora, prórroga do Partido Popular de 2023 até 2048. Se hoxe pagamos peaxes é culpa do Partido Popular. E non é lóxico co PSOE recoñeza esa responsabilidade, pero pretenda que o sigamos a facer. Por tanto, renuncien a ese recurso e consigamos ter unha AP-9 galega e libre de peaxes.
En todo caso, fiquei sen tempo. O conxunto da moción está suficientemente claro e espero que efectivamente sexa votada maioritariamente a favor por esta cámara.
Moito obrigado.
Gracias, señora presidenta. La semana pasada, el BNG presentaba una interpelación al ministro de Transportes en relación con las infraestructuras y los servicios ferroviarios en nuestro país, en Galicia, y hacía hincapié en el hecho de que mi país lleva décadas sufriendo una discriminación en inversiones, en concreto en infraestructuras y servicios de transporte, y muy especialmente en el ámbito del ferrocarril, que debe corregirse con urgencia, por justicia y con el objetivo de mejorar la calidad de vida y bienestar de todos los gallegos y gallegas. A consecuencia de esa interpelación, traemos hoy aquí una propuesta de moción con diez puntos que creo que son suficientemente amplios, pero también suficientemente claros como para que puedan ser apoyados por todas las fuerzas políticas. Con toda seguridad habrá más cosas que puedan reclamarse, que nosotros reclamamos todos los días, pero de lo que se trata es de que aquello que es esencial para mejorar de manera urgente el funcionamiento de los servicios ferroviarios en nuestro país sea tomado en consideración por el Gobierno.
Vemos que a esta moción se han presentado enmiendas por parte de tres fuerzas políticas. Siempre nos parece bien, pero no deja de ser curiosa la orientación de esas enmiendas. La de VOX básicamente es que Galicia es una región más de España. Siento decepcionarlos, señoras y señores de la ultraderecha, porque Galicia es una nación con características propias y diferenciadas, que hace que también necesite políticas propias y diferenciadas. Eso sí, es una nación sin soberanía política y, por tanto, es Madrid quien decide sobre muchos de los aspectos que siguen siendo fundamentales para nuestro desarrollo y bienestar, en concreto lo que tiene que ver con las infraestructuras como esta de la que estamos hablando. La del Grupo Socialista fundamentalmente se basa en suprimir algunos puntos, porque no quieren asumir que es necesario dar esos pasos. Por ejemplo, para evitar una injusticia, pues si no tenemos servicio de cercanías en nuestro país, y mientras no lo tengamos, es necesario que se aplique la tarifa bonificada de cercanías a aquellos trayectos de media distancia que puedan ser equiparables tanto por tiempo de duración como por el kilometraje que hay entre esos puntos que se comunican; o bien recuperar las frecuencias y servicios que se suprimieron con el pretexto de la pandemia y a partir de ahí, porque posteriormente, a partir de la pandemia, se suprimieron muchos servicios, frecuencias y paradas en nuestro país, y entendemos que hay que recuperarlos, como de manera clara y explícita señalé aquí la semana pasada, a pesar de que algunas, como la de A Gudiña-Porta de Galicia, al ministro le parece que no tienen excesiva importancia.
Las del Grupo Popular consisten en añadir seis puntos más. Créanme, señorías del Grupo Popular, a esos seis puntos podrían añadir doce más y no dirían nada que no fuese absolutamente justo. Pero no deja de ser sorprendente, porque, claro, el Grupo Popular no trae aquí nunca propuestas que tengan por objetivo mejorar los servicios de transporte ni los servicios ferroviarios en Galicia. El Grupo Popular utiliza sus mociones y sus PNL siempre para lo mismo, la corrupción, más corrupción, manipulación mediática, control mediático o control del aparato judicial, y siempre proyectando sus propias miserias y comportamientos. Tanto proyectan que el otro día el señor Feijóo hizo una declaración sobre Radiotelevisión Española y, claro, si por un lapsus ―que no sería impensable en él ni en nadie― cambia TVE por TVGA, estaría describiendo perfectamente lo que llevan haciendo en los últimos quince años con la televisión de Galicia y la radio galega, convertirlos en un aparato de propaganda al servicio del Partido Popular. (Muestra un documento). Pero es que hoy mismo el PP llevó una moción sobre transporte ferroviario al Senado y no había ni una sola referencia a Galicia. Traen una enmienda aquí con seis puntos más, perfecto, pero en el Senado hoy no hacen ni una sola referencia a Galicia. Eso sí, el primer punto es para reprobar al ministro Óscar Puente, que es el que más nos va a ayudar a nosotros a que mejore el transporte ferroviario en nuestro país. Seguramente piensan que con un ministro o ministra del Partido Popular, como Ana Pastor, la de la curva de Angrois, van a mejorar el transporte ferroviario en nuestro país. Ana Pastor fue quien hizo buena parte de la línea de AVE a Galicia con vía única, que ahora hay que desdoblar para evitar los problemas que eso representa. No es precisamente el Partido Popular quien puede dar lecciones de cumplir con Galicia, sino todo lo contrario, pues sus Gobiernos fueron los que más perjudicaron a nuestro país en materia de infraestructuras ferroviarias. En cualquier caso, les adelanto que no es una cuestión de estar más o menos de acuerdo, porque puedo estar de acuerdo con algunas de las propuestas del Partido Popular.
Como creemos que es importante que haya un apoyo a esta moción, nosotros vamos a pedir que se vote por puntos. Pero antes de señalar de forma breve cuáles son esos puntos, porque casi no me queda tiempo, quisiera hacer referencia a otra cuestión que no me parece tampoco menor, porque al fin y al cabo estamos hablando de cómo se castiga a un país que tiene servicios de transporte inadecuados. Estamos a escasas horas de finalizar el plazo dado por la Unión Europea para que el Gobierno del Estado presente recurso ante el Tribunal de Justicia de la Unión Europea en relación con la prórroga ilegal de la AP-9. Yo reclamo al Gobierno del Estado que no presente ese recurso y que deje caer la concesión en la AP-9, para que la autopista del Atlántico pueda ser una autopista libre de peajes y la podamos utilizar todos los gallegos y gallegas, porque no es justo que tengamos que seguir pagando peajes desde el año 2013, que era cuando acababa la concesión, con la prórroga del Partido Socialista hasta ahora y la prórroga del Partido Popular de 2023 hasta 2048. Si hoy pagamos peajes es culpa del Partido Popular. No es lógico que el PSOE reconozca esa responsabilidad, pero luego pretenda que sigamos haciéndolo. Por tanto, renuncien a ese recurso y consigamos tener una AP-9 gallega libre de peajes.
En todo caso, como me he quedado sin tiempo, quiero decir que el conjunto de la moción está suficientemente claro y espero que efectivamente sea votada mayoritariamente a favor por esta Cámara.
Muchas gracias.