Néstor Rego Candamil
Moitas grazas, señora presidenta. Señor ministro, falamos hai aínda unha semana da situación do ferrocarril na Galiza na Comisión de Transportes e posteriormente teremos aínda tamén unha comparecencia súa. En todo caso, xa lle adiantei a pasada semana que nós non nos cansaremos de falar sempre que sexa para reclamar a mellora do transporte público ferroviario no noso país, na Galiza. Nesa comisión vostede queixouse de que non lle recoñecemos ao seu goberno todo o que leva feito. Non se preocupe, eu recoñecerei todo o que haxa que recoñecer, mais como vostede sabe, eu estou aquí como deputado do BNG para defender os intereses da Galiza e do pobo galego. Con certeza sabe tamén, aínda que só sexa por relación familiar, que o meu país leva décadas sendo discriminado nos investimentos en infraestruturas e servizos de transporte, especialmente ferroviarios por parte dos gobernos do Estado. A consecuencia é que acumulamos un atraso importante nun país como o noso que, ademais polas características do seu hábitat, precisa moito de un sistema de transporte público dos que infelizmente aínda carece en boa parte do territorio. O exemplo máis elocuente da discriminación é o feito de que na Galiza, a pesar de existiren áreas urbanas de 650 000 ou 750 000 habitantes como a Coruña-Ferrol ou Vigo-Pontevedra non teñamos aínda servizo de tren de proximidade, as cercanías de Renfe. Eu espero hoxe saír de aquí, que todo o pobo galego saia deste debate, con boas noticias en relación con isto, particularmente co estudo que o Goberno se comprometeu a elaborar no acordo de investidura asinado co BNG que, non o esquezamos, ten unha segunda parte e é que antes de finalizar esta lexislatura se inicien os servizos de tren de proximidade nas principais áreas urbanas e metropolitanas da Galiza. Isto é o que a sociedade galega está esperando. Se callar non lle gusta escoitalo, mais a realidade é que o
BNG foi a única forza política, e aí están as hemerotecas ou Google para comprobalo, que colocou a cuestión das cercanías na axenda do Estado en canto outros se dedicaban a presumir do AVE ou a reclamar, caso do presidente do goberno galego do Partido Popular, a chegada dos trens Avril para aforrar 5-10 minutos na conexión con Madrid.
Por que acontece isto? Ben, pois, porque nós, porque o BNG, temos unha visión de país, dunha Galicia que ten que aspirar a un desenvolvemento sobre a base das súas potencialidades para mellorar en benestar, para o que precisa de infraestruturas e dos servizos de transporte adecuados. Non desprezamos en absoluto a conexión de alta velocidade con Madrid. En absoluto, mais reiteramos, porque é verdade, porque é constatábel que a principal preocupación da inmensa maioría dos galegos e galegas é resolver todos os días a mobilidade obrigada e habitual por razóns laborais, de estudos, de calquera tipo. Por iso insistimos na necesidade do tren de proximidade, mais tamén da modernización e completado da rede ferroviaria interna que contribúa para articular o noso país. E é realmente moi necesario, razón pola que tamén introducimos as cuestións máis relevantes no acordo de investidura. Por exemplo, a modernización da liña a Coruña-Ferrol e a construción do bypass de Betanzos. En que houbo avances, pois pasou a exposición pública. A modernización e electrificación da conexión entre a Coruña e Lugo. A reforma e mellora integral da liña de FEVE, Ferrol-Ribadeo. A mellora da liña do Miño-Vigo-Ourense, a saída sur de Vigo para conectar coa rede portuguesa de alta velocidade en Tui, Valença ou estudar a conexión entre Santiago de Compostela e Lugo.
Houbo avances? Houbo si, recoñecemos que houbo avances, lentos, mais houbo. No acordo de investidura anterior de 2020 e está en fase final de execución a modernización integral da liña LugoOurense, xa concluído estes días o túnel de Oural. Despois de ter a infraestrutura, Lugo debe ter tamén os servizos. Está en andamento a conexión ferroviaria co porto exterior da Coruña chave para a intermodalidade, para aumentar o transporte de mercadorías por ferrocarril. Co actual acordo de 2023, como dixen en relación co proxecto de bypass de Betanzos, coa licitación do estudo para a conexión Santiago-Lugo, coa realización do estudo para o tren de proximidade e un maior impulso, aínda que insuficiente pero en todo caso, recoñecemos o maior impulso do que tiñan feito os gobernos do Partido Popular ou os primeiros gobernos do Partido Socialista despois da moción de censura, ao corredor atlántico de mercadorías. Dicíalle señor Puente que non se preocupe, todo o que vostede faga ímolo e ímosllelo recoñecer porque o que nos interesa, o que interesa ao BNG é que os galegos e galegas teñan máis e mellor servizo. Vostedes actúan e nós darémoslles os parabéns. Agora si, tamén imos sinalar os déficits porque queremos que estes déficits sexan resolvidos. Galiza non aparecía no documento Mercancías 30 chave para impulsar as autoestradas ferroviarias e a intermodalidade estrada-camiños de ferro. Falta empurrar as actuacións para garantir que a conexión de alta velocidade coa fronteira portuguesa de viaxeiros e mercadorías estea pronta en 2030, data inicial de Portugal e a que figura no acordo de investidura. E impulsar de forma urxente as actuacións para modernizar e electrificar as conexións da Coruña con Lugo e con Ferrol, vías que non coñeceron ningunha actuación significativa de mellora en máis de 100 anos, e non esaxero señor ministro, estamos falando de 1913, hai, por tanto, 112 anos.
Mire, Ferrol, unha vez que se complete claro a as obras Lugo-Ourense ese doten os servizos adecuados, Ferrol é hoxe por hoxe a cidade da Galicia peor comunicada por ferrocarril. Ir en tren desde Ferrol até a Coruña, demora até unha hora e vinte minutos para 68 quilómetros. Unha media de 50 quilómetros por hora que pode alcanzar os 55 dependendo do tipo de tren. En todo caso, un dos máis lentos de todo o Estado español. O tren que circula pola rede de ancho métrico entre Ferrol e Ribadeo, que ben podería funcionar como tren de proximidade, de facto vostede sabe que a única dicimos que a Galiza non ten servizo de proximidades e non estamos mentindo, é verdade que hai un tramo como vostede sabe que é Ferrol-Ortigueira, que ten esa consideración de tren de proximidade, mais non o fai polas condicións en que opera ese tren, realmente non fai ese servizo. Esa rede de ancho métrico podería funcionar perfectamente a antiga FEVE como tren de proximidade. Mais que acontece? Que sofre constantes avarías, accidentes e demoras que fai que non sexa fiábel e por tanto, que non sirva para asegurar a mobilidade diaria, porque vostede sabe perfectamente que a fiabilidade é chave para un servizo ferroviario. Hai que modernizar a plataforma e renovar tamén todo o material rodante. Ademais, Señor ministro, os usuarios e usuarias reclaman máis frecuencias, horarios adaptados, prezos máis baixos e que se aplique de verdade o plan de puntualidade para acabar coas constantes demoras e incidencias, especialmente no Eixo Atlántico. E nós reclamamos, todas e todos reclamamos, que se recuperen os servizos suspendidos durante a pandemia, incluído o tren nocturno Monforte-Barcelona, que ofrecía un servizo fundamental para moitos usuarios e usuarias.
O actual sistema de bonificación tarifaria é claramente discriminatorio coa Galiza. Non temos servizo de cercanías, ese servizo que no resto do Estado conta cunha tarifa plana de 20 euros. E aínda por riba de non termos ese servizo de cercanías, temos que pagar 5 veces máis, por exemplo, a Coruña-Santiago ou até 10 veces máis Vigo-a Coruña por traxecto similares en quilómetros aos cercanías de Madrid, VigoPontevedra con pouco máis de 20 quilómetros. pagan 2,5 veces máis que os usuarios e usuarias do servizo de cercanías en Madrid ou calquera outro punto do Estado español que conte con este servizo. E non é xusto, señor ministro, por iso lle reclamamos adaptar de forma inmediata e urxente o sistema de bonificación para que nun país como o noso, como Galiza, sen tren de proximidade, non saiamos aínda máis prexudicados.
Sobre o AVE da que tanto presumen só catro cuestións. O AVE só chega a Ourense e así será polo menos en canto non muden a partir de aí a vía para ancho internacional. Mais xa dixen para o BNG non é esta unha prioridade, non se preocupe, non é o primeiro que lle imos reclamar porque entendemos que hai outras cousas máis urxentes e non o é para o BNG nin para os galegos e galegas. Segundo, na realidade nin chega Ourense nin chega ben a Ourense como vostede sabe. Falta por concluír a chamada variante de Ourense cun orzamento superior aos 600 millóns de euros, aínda sen dotar en boa parte con execución estancada e mesmo con dúbidas sobre a realización das obras. Terceiro, chegou con case 30 anos de atraso sobre a primeira data anunciada por un ministro do PSOE que vostede coñece, Abel Caballero, o das luces de Vigo, que se comprometeu que o AVE chegaría a Galicia en 1993, só se equivocou en 18 anos. E cuarto, foi executada esta liña, e isto é responsabilidade do Partido Popular, hai que dicilo, con toda claridade do Partido Popular e particularmente dunha ministra que era deputada por Pontevedra ademais, a señora Ana Pastor, con varios tramos de vía única, o que ocasiona frecuentes problemas que levan demoras e xa teñen levado tamén á suspensión de servizos. É preciso, por tanto, concluír os traballos de aforamento.
En todo caso, señor Puente o que nós queremos, quero dicir o BNG, máis tamén a sociedade galega e poder contar con máis e mellores servizos ferroviarios, porque é de xustiza para recuperar o atraso de tantas décadas de abandono de infra financiamento e de espera, porque o necesitamos para mellorar a calidade de vida e benestar de todos os galegos e galegas, porque o necesitamos tamén para apoiar o desenvolvemento económico da Galiza e mellorar a competitividade do noso sistema produtivo e porque o transporte público ferroviario máis eficaz, o máis eficiente e o máis sustentábel. Non é coherente falar todos os días de transición ecolóxica e enerxética e non facer unha aposta decidida polo tren como o modo de mobilidade do futuro. E nós queremos gañar o futuro. O BNG teno claro, reclamamos que o seu goberno responda e estea á altura do que o pobo galego espera e necesita.
Moito obrigado.
Gracias, señora presidenta. Señor ministro, hace una semana hablamos en la Comisión de Transportes de la situación del ferrocarril en Galicia y después tendremos una comparecencia suya. En cualquier caso, ya ha pasado una semana y no nos vamos a cansar de seguir hablando de esto para reclamar la mejora del transporte público ferroviario en nuestro país, en Galicia. En esa comisión usted se quejó de que no reconocemos lo que su Gobierno ha hecho hasta ahora. No se preocupe, reconoceré todo lo que haya que reconocer, pero, como usted sabe, yo estoy aquí, como diputado del BNG, para defender los intereses de Galicia y del pueblo gallego. Seguro que también sabe que mi país lleva décadas siendo discriminado en lo que se refiere a las inversiones en infraestructuras y servicios de transporte ferroviarios por parte de los Gobiernos del Estado. En consecuencia, acumulamos un retraso importante en un país como el nuestro, que, además, por las características de su entorno, necesita un buen sistema de transporte público, del que, infelizmente, todavía carecemos. El ejemplo más representativo de la discriminación es el hecho de que, aunque en Galicia hay zonas urbanas de 650 000 o 750 000 habitantes, como Coruña, Ferrol, Vigo y Pontevedra, todavía no tenemos servicios de tren de proximidad, los llamados cercanías de Renfe. El pueblo gallego y yo esperamos salir de aquí hoy con buenas noticias en relación con este tema, especialmente con el estudio que el Gobierno se comprometió a hacer en el acuerdo de investidura firmado con el BNG, que no nos olvidemos de que tiene una segunda parte, que es que antes de que finalice la legislatura se inicien los servicios de tren de cercanías en las principales zonas urbanas y metropolitanas de Galicia. Eso es lo que la sociedad gallega está esperando. A lo mejor no le gusta oírlo, pero la realidad es que el BNG ha sido la única fuerza política, y ahí está la hemeroteca o Google para comprobarlo, que planteó la cuestión de las cercanías en la agenda del
Estado, mientras que otros se dedican a presumir de AVE o a reclamar, como en el caso del presidente del Gobierno gallego del PP, la llegada de los trenes Avril para ahorrarse cinco o diez minutos en la conexión con Madrid. ¿Y por qué pasa esto? Porque nosotros, en el BNG, tenemos una visión de país, de una Galicia que tiene que aspirar a desarrollarse con base en sus potencialidades, y para hacer eso se necesitan infraestructuras y servicios adecuados. No despreciamos en absoluto la conexión de alta velocidad con Madrid, para nada, pero reiteramos, porque es cierto y se puede constatar, que la principal preocupación de la inmensa mayoría de los gallegos es resolver la movilidad diaria, la que es obligatoria y habitual por razones de estudio, de trabajo o de cualquier tipo. Por eso insistimos en la necesidad de un tren de cercanías y la modernización de la red ferroviaria interna para articular nuestro país. Realmente es muy necesaria.
También introducimos las cuestiones más relevantes en el acuerdo de investidura, como la modernización de la línea A Coruña-Ferrol y la construcción de la circunvalación de Betanzos, en la que ha habido avances. También la modernización de la conexión entre A Coruña y Lugo, la reforma y mejora de la línea FEVE Ferrol-Ribadeo, la mejora de la línea del Miño, Vigo-Ourense, la salida al sur de Vigo para conectarnos también con Portugal a través de la alta velocidad de Tui-Valença, y estudiar la conexión entre Santiago de Compostela y Lugo. Ha habido avances, sí, y lo reconocemos. Lentos, pero los ha habido. El anterior acuerdo de investidura, el de 2020, está en fase de ejecución en lo que se refiere a la línea Lugo-Ourense y con el túnel de Oural, pero también Lugo debe tener servicio. Está en marcha la conexión ferroviaria con el puerto exterior de A Coruña, que es clave para la intermodalidad y para aumentar el transporte de mercancías por ferrocarril. Con el acuerdo de Betanzos y la licitación del estudio para la conexión Santiago-Lugo, la conexión interior es todavía insuficiente, pero agradecemos que se haya dado un mayor impulso ―cosa muy diferente de los primeros Gobiernos socialistas o Gobiernos del PP― y que fomente el corredor atlántico de mercancías.
Señor Puente, no se preocupe, todo lo que ustedes hagan se lo vamos a reconocer porque lo que interesa al BNG es que los gallegos tengan más y mejores servicios; ustedes actúen y nosotros les felicitaremos. Ahora bien, también hay que señalar los déficits, porque queremos que se resuelvan.
Galicia no aparecía en el documento Mercancías 30, clave para impulsar las autopistas ferroviarias y la intermodalidad carretera-ferrocarril. Hay que impulsar las actuaciones para garantizar que la conexión de alta velocidad con la frontera portuguesa para viajeros y mercancías esté lista en 2030, fecha inicial de Portugal y que figura en el acuerdo de investidura. Hay que impulsar de forma urgente las actuaciones para modernizar y electrificar las conexiones A Coruña-Lugo —vías que no han visto que se hayan hecho grandes actuaciones significativas desde 1913, es decir, no ha habido mejoras desde hace más de 112 años— y Ferrol, una vez que se terminen las obras Lugo-Ourense y tenga los servicios adecuados.
Ferrol es, hoy en día, la ciudad de Galicia peor comunicada por ferrocarril. Ir en tren desde Ferrol hasta La Coruña lleva una hora y veinte minutos para recorrer 68 kilómetros, una media de 50 kilómetros por hora que puede alcanzar los 55 según el tipo de tren, es decir, uno de los trenes más lentos de todo el Estado español.
En cuanto al tren que circula por la red de ancho métrico entre Ferrol y Ribadeo, que podría funcionar como tren de proximidad, decimos que no tenemos servicio de cercanías y no mentimos. El tramo FerrolOrtigueira tiene consideración de tren de cercanías, pero no funciona debido a las condiciones en las que opera y presta ese servicio. Esta red podría funcionar como tren de proximidad, pero ¿qué es lo que ocurre? Que hay constantes averías, accidentes y retrasos, y eso hace que ese servicio no sea fiable y no garantice la movilidad diaria, porque la fiabilidad es clave para un servicio ferroviario; hay que modernizar la plataforma y renovar todo el material rodante.
Además, señor ministro, los usuarios reclaman más frecuencias, horarios adaptados, precios más bajos y que se aplique de verdad el plan de puntualidad para así terminar con las constantes demoras e incidencias en el eje atlántico. Reclamamos que se recuperen los servicios suspendidos durante la pandemia, incluido el tren nocturno Monforte-Barcelona, que ofrecía un servicio fundamental para muchos usuarios.
El actual sistema de bonificación tarifaria es claramente discriminatorio con Galicia. No tenemos servicio de cercanías, un servicio que en el resto del Estado tiene una tarifa plana de 20 euros, y, además de no tener ese servicio, tenemos que pagar cinco veces más. Por ejemplo, A Coruña-Santiago cuesta diez veces más en el trayecto Vigo-A Coruña que trayectos similares en kilómetros a los cercanías de Madrid; en el trayecto Vigo-Pontevedra, con poco más de 20 kilómetros, ese usuario paga 2,5 veces más que los usuarios de los servicios de cercanías en Madrid o de cualquier otro punto del Estado español que tenga este servicio, y eso no es justo. Por eso reclamamos, señor ministro, que adapte el sistema de bonificaciones para que en un país como el nuestro, Galicia, ya que no tenemos cercanías, no salgamos aún más perjudicados.
Al final, quiero traer aquí cuatro cuestiones también sobre el AVE. En primer lugar, que solo llega a Ourense y así seguirá siendo a menos que se cambie el tipo de vía al ancho internacional. Lo reclamamos, pero entendemos que hay cosas más urgentes y, desde luego, no lo es para los gallegos.
En segundo lugar, también hay que terminar la llamada variante de Ourense, con un presupuesto superior a los 600 millones de euros, que tiene una ejecución que está estancada e incluso hay dudas sobre la realización de las obras.
En tercer lugar, la alta velocidad llegó con casi treinta años de retraso. Lo anunció un ministro que usted conoce del PSOE, Abel Caballero, que se comprometió y dijo que el AVE llegaría a Galicia en 1993; se equivocó en dieciocho años.
Y, en cuarto lugar, esa línea fue ejecutada ―y esto es responsabilidad del Partido Popular, es responsabilidad de ellos y, en concreto, de una diputada de Pontevedra, la diputada Ana Pastor― con varios tramos de vía única. Eso provoca frecuentes problemas que producen retrasos y que han llevado a la suspensión de servicios; por tanto, es necesario concluir las obras de desdoblamiento.
En cualquier caso, señor Puente, lo que quieren decir el BNG y la sociedad gallega es que necesitamos más y mejores servicios ferroviarios. Es de justicia recuperar el retraso que hemos sufrido, el abandono y la infrafinanciación, porque para desarrollar nuestro sistema productivo y mejorar nuestra sociedad necesitamos un sistema ferroviario público y eficaz, más eficiente y sostenible. No es coherente hablar todos los días de transición ecológica y energética y no apuntar decididamente por el tren como medio de transporte del futuro.
Nosotros tenemos claro que vamos a exigirle que su Gobierno responda y esté a la altura de lo que el pueblo gallego espera y necesita.
Muchas gracias.