Néstor Rego Candamil
Grazas, señora presidenta. Antes ca min subiu a esta tribuna outro deputado galego; sería máis exacto dicir outro deputado elixido pola Galiza porque non o fixo para defender os intereses do noso país, moito menos para defender os intereses dos traballadores e traballadoras galegas, senón para replicar as campañas definidas en Génova 13, para replicar a eterna campaña de «España se rompe» nesa corrida aloucada do radicalismo cara á dereita, cara á extrema dereita, nesa competencia permanente por ver quen di a boutade máis grande ou o insulto máis groso. Ese é o señor Tellado, ese é o moderado Feixóo, ese é o Partido Popular ao que os intereses da Galiza e dos traballadores e traballadoras lles interesan entre pouco e absolutamente nada. Por certo, dicía o outro día Feixóo por que non asistimos a esa apertura solemne das Cortes ou por que non asistimos á xura da herdeira Borbón, que non estabamos cumprindo co noso traballo. Só hai que ver, só hai que ollar agora para as bancadas do Partido Popular para ver que non está o señor Feixóo nin a inmensa maioría dos deputados e deputadas do Partido Popular, agora si cumprindo co seu traballo porque agora non estamos facendo unha escenificación para maior gloria dunha Borbón, senón que estamos traballando, polo menos desde a perspectiva do BNG, para mellorar a vida dos traballadores e traballadoras.
Porque precisamente o que eu fago hoxe aquí é traer unha cuestión que afecta a millares de persoas no noso país. Traemos hoxe aquí un dos principais problemas que afectan as persoas traballadoras da pedra e da lousa tanto na extracción en canteiras a ceo aberto como na posterior transformación do material, a grave afectación por silicose e outras enfermidades relacionadas coa exposición ao po procedente do traballo da pedra. A silicose é un tipo de pneumoconiose, doenza caracterizada pola acumulación de po nos pulmóns e as reaccións do tecido en presenza dese po. Trátase sendo unha enfermidade pulmonar progresiva e reversíbel causada pola inhalación prolongada de partículas de sílice. É, por tanto, unha doenza debida á actividade laboral, unha doenza cun prognóstico de curación case imposíbel e cunha tendencia de agravación progresiva.
Nas publicacións do Instituto Nacional de Silicose, organismo con sede en Oviedo, que se dedicou ao estudo dos axentes involucrados na prevención das enfermidades respiratorias laborais e medioambientais, pode apreciarse a importante incidencia de casos de silicose na Galiza, que pasou de representar 25,37 % dos casos de silicose do Estado a ter 47,5 %. Reparemos: practicamente a metade do Estado español. Temos 5 % da poboación do Estado español e evidentemente está en relación coa actividade de canteiras a ceo aberto. 47,5 % no ano 2017.
No informe referido a 2019, a Galiza contaba con 42 % dos afectados, cun total de 92 casos de 219 no conxunto do Estado. Durante o ano pasado, o Instituto Nacional de Silicose rexistrou un total de 204 novos casos de silicose, dos cales 81 foron na Galiza, case 40 %, sendo ademais o Ourense a provincia con máis casos de todo o Estado: 47. O resto das provincias galegas estaría tamén entre as máis afectadas a nivel estatal, pois foron diagnosticados 18 novos casos en Pontevedra, 10 na Coruña e 6 en Lugo. Así pois, no ano 2022, prodúcese un lixeiro descenso do total de casos despois da repunta sufrida en 2021 que se alcanzaron os 234. Mais a redución é tan sutil que o propio informe recolle que evidencia que existen moitas medidas de protección e saúde dos traballadores e traballadoras pendentes de aplicar por parte das empresas. Ademais, dos 204 totais, 124 —practicamente 61 %— corresponden a persoas traballadoras en activo e 80 a pensionistas, e só 24,5 % foron diagnosticados inicialmente con pneumoconiose complicada. Tamén resulta especialmente relevante que a maioría dos casos proceden do sector da lousa, seguidos polo do granito e das marmorerías.
No Real decreto 1299/2006, do 10 de novembro, polo que se aproba o cadro de enfermidades profesionais no sistema de Seguranza Social, son establecidos criterios para a súa notificación e rexistro, e recoñécese a silicose como enfermidade profesional. Estabelécense unha serie de profesións en que se recoñece a súa relación intrínseca coa acumulación de po de sílices nos pulmóns e, por tanto, que acabarán causando a enfermidade.
Resulta evidente que os traballadores das canteiras de pedra e da lousa están sometidos a un tipo de actividade profesional que, en moitos casos, deriva dunha enfermidade de orixe laboral debido a inhalación de altas porcentaxes de sílice. Os estudos demostran a grande incidencia da silicose entre estes operarios. Aínda que non é a única enfermidade profesional relacionada directamente coa súa actividade, foi constatado, por exemplo, desde os primeiros informes iniciados en 2002, unha grande incidencia da redución da capacidade auditiva, polo que a xordeira é tamén evidentemente unha enfermidade de orixe profesional neste sector. Trátase, en todo caso, dunha situación para abordar seriamente polas Administracións públicas coa adopción de medidas legais, laborais e socioeconómicas que incidan nunha mellora das condicións laborais dos traballadores e traballadoras do sector da pedra. Un dos principais problemas co que se enfrontan as persoas con silicose é o acceso á incapacidade permanente total pois, segundo establece o artigo 45 da Orde ministerial do 15 de abril de 1969, que regula a aplicación e a desenvolvemento das prestacións de invalidez do réxime xeral da Seguranza Social, o primeiro grao de silicose sen enfermidade interrecorrente non é suficiente para o recoñecemento da incapacidade permanente.
Claro, pero o traballador tampouco pode continuar traballando, ou sexa, que, segundo a Orde do 9 de maio de 1962, o traballador ou traballadora debería ser trasladado a outro posto dentro da mesma empresa para evitar a progresión da enfermidade, é dicir, a un posto en que non exista o risco de inhalación, o que dificilmente pode suceder nunha empresa dedicada á extracción ou transformación do granito ou a lousa, onde non existen postos de traballo non expostos ao po. Por iso resulta inxusto que a unha persoa traballadora diagnosticada de silicose de primeiro grao xunto cunha das enfermidades referidas no artigo 45 da devandita orde, por exemplo, broncopneumopatía crónica, cardiopatía orgánica ou cadro de tuberculose, se lle equipare ao segundo grao e poida acceder á incapacidade permanente, mais un de só primeiro grao non poida seguir traballando e no entanto non teña acceso a incapacidade permanente. Isto, de feito, o máis habitual o que provoca é que, non existindo un posto exento de po, o empresario extinga a relación laboral por causas obxectivas coa indemnización correspondente e que o traballador fique sen protección por continxencia profesional e no desemprego. Porén, existe ampla xurisprudencia e mesmo resolucións internas en que se insta a considerar a persoa traballadora nestes casos como inhabilitada para a súa profesión habitual e, por tanto, que debe proceder o recoñecemento dunha incapacidade permanente e total. Mais isto obriga o traballador ou traballadora a ter que recorrer á vía xudicial para o seu recoñecemento. Este sería, por tanto, a primeira das reclamacións, señora ministra: o recoñecemento da incapacidade dos traballadores diagnosticados de silicose, atendendo ao seu prognóstico evolutivo e á imposibilidade de reubicar eses traballadores ou traballadoras noutro posto libre de po de sílice.
Outros asuntos que afectan a este colectivo que necesitan dunha atención urxente é o referido á asignación de coeficientes redutores de idade de xubilación adecuados ás persoas traballadoras do sector da extracción e, sobre todo, da transformación da pedra con alto contido de sílice, como é o granito, e a lousa.
Neste sentido, xa en 2009 era aprobado aquí no Congreso dos Deputados a instancia do BNG e, por unanimidade, por certo, unha proposición non de lei en que instaba ao Goberno á asignación deses coeficientes redutores da idade de xubilación aos traballadores no sector. Con todo, máis de dez anos despois non se fixo nada neste sentido.
Como dicía, no Real decreto 1299/2006, do 10 de novembro, polo que se aproba o cadro de enfermidades profesionais, establécense criterios para a notificación e rexistro e recoñécese a silicose como enfermidade profesional e tamén se establece unha serie de profesións en que se dá por descontada a relación intrínseca coa acumulación de po de sílice nos pulmóns e que, por tanto, acabarán causando a enfermidade. Porén, á hora de aplicar os coeficientes redutores para a idade da xubilación, o sector da transformación e extracción da pedra, granito e marmoristas encóntrase con moitas reticencias e problemas por parte da Seguranza Social para lograr o recoñecemento deses coeficientes redutores. E por este motivo tamén deben recorrer á vía xudicial para obteren ese dereito.
Repare, señora ministra, en Lugo e Ourense recoñécese xa por convenio colectivo a aplicación de coeficientes redutores no caso da lousa. No entanto, non están equiparados os que se aplican na minería interior. E isto é unha discriminación que carece de sentido. No caso do granito, só se permite a aplicación no caso da extracción, mais e non nas actividades relacionadas coa transformación do material en fábricas e marmoreiras, cando a exposición ambiental ao po de sílice é semellante, e os que se aplican seguen sen estar equiparados aos da minería interior.
Por estas incongruencias, hai empresas que, a pesar de que a súa actividade se insire dentro do sector do mármore e a pedra, non se lles recoñece aos seus traballadores e traballadoras a aplicación de coeficientes redutores. Para reclamar a homologación e equiparación, a CIG —a Confederación Intersindical Galega—, que é o principal sindicato de representación do sector en Galiza e tamén no conxunto do país, ten presentado xa diversos escritos ante a Administración da Seguranza Social, mais continúan sen ser aplicados estes coeficientes redutores. É máis: distintas sentenzas xudiciais recoñecen xa esa equiparación; porén, a Seguranza Social segue sen aplicalo de forma xeral.
Todo isto lévanos, señora ministra, a reclamar que haxa unha mudanza de criterios por parte da Administración da Seguridade Social para aplicar tanto o recoñecemento da incapacidade permanente de silicose...
Gracias, señora presidenta. Antes que yo, ha subido a esta tribuna otro diputado gallego. Sería más exacto decir otro diputado elegido por Galicia, porque no lo ha hecho para defender los intereses de nuestro país y mucho menos para defender los intereses de los trabajadores y trabajadoras gallegos, sino para replicar a las campañas definidas en Génova, 13; para replicar, responder a la eterna campaña de ‘España se rompe’ en esa corrida loca del radicalismo hacia la derecha, hacia la extrema derecha, en esa competencia permanente por ver quién dice la tontería más grande o el insulto más fuerte. Ese es el señor Tellado, ese es el moderado Feijóo, ese es el Partido Popular, al que los intereses de Galicia y de los trabajadores y trabajadoras les interesan entre poco y absolutamente nada. Por cierto, decía el otro día Feijóo que porque no asistimos a esa apertura solemne de las Cortes o porque no asistimos a la jura de la heredera Borbón no estábamos cumpliendo con nuestro trabajo. Solo hay que ver, solo hay que mirar a las bancadas del Partido Popular para ver que no está el señor Feijóo ni la inmensa mayoría de los diputados y diputadas del PP —ahora sí— cumpliendo con su trabajo, porque ahora no estamos haciendo una escenificación para mayor gloria de un Borbón, sino que estamos trabajando —por lo menos desde la perspectiva del BNG— para mejorar la vida de los trabajadores y trabajadoras. Porque, precisamente, lo que yo hago hoy aquí es traer una cuestión que afecta a miles de personas en nuestro país.
Traemos hoy aquí uno de los principales problemas que afectan a las personas trabajadoras de la piedra y de la pizarra, tanto en la extracción en cantera a cielo abierto como en la posterior transformación del material: la grave afectación por silicosis y otras enfermedades relacionadas con la exposición al polvo procedente del trabajo de la piedra. La silicosis es un tipo de neumoconiosis, enfermedad caracterizada por la acumulación de polvo en los pulmones y las reacciones del tejido en presencia de ese polvo. Es una enfermedad pulmonar progresiva e irreversible, causada por la inhalación prolongada de partículas de sílice. Y es, por lo tanto, una enfermedad debida a la actividad laboral. (El señor vicepresidente, Rodríguez Gómez de Celis, ocupa la Presidencia). Una enfermedad con un pronóstico de curación casi imposible y con una tendencia de agravación progresiva. En las publicaciones del Instituto Nacional de Silicosis, organismo con sede en Oviedo que se dedica al estudio de los agentes involucrados en la prevención de las enfermedades respiratorias, laborales y medioambientales, se puede apreciar la importante incidencia de casos de silicosis en Galicia, que pasó del 25,37 % de los casos de silicosis del Estado a tener 47,5 %, veamos, casi la mitad de los del Estado español. Tenemos un 5 % de la población española afectada por esta actividad de cantería a cielo abierto, un 47,5 % en el año 2017. En el informe de 2019 Galicia contaba con un 42 % de los afectados, con un total de 92 casos, de 219 en el conjunto del Estado. Durante el año pasado el Instituto Nacional de Silicosis registró un total de 204 nuevos casos de silicosis, de los cuales 81 fueron en Galicia, casi el 40 %, siendo Ourense la provincia con más casos de todo el Estado, con 47. El resto de las provincias gallegas estarían también entre las más afectadas a nivel estatal, pues se detectaron 18 casos en Pontevedra, 10 en A Coruña y 6 en Lugo. En el 2022 se produjo un ligero descenso total de casos, después del repunte sufrido en 2021, que llegó a 234; pero la reducción es tan sutil que el propio informe recoge que se demuestra que existen muchas medidas de protección y salud de los trabajadores pendientes de aplicar por parte de las empresas. Además, de los 204 totales, 124 —prácticamente el 60 %— corresponden a personas trabajadoras en activo y el 80 a pensionistas, y solo el 24,5 fueron diagnosticados inicialmente con neumoconiosis complicada. También es especialmente relevante que la mayoría de los casos proceden del sector de la pizarra, seguidos por el granito y las marmolerías.
En el Real Decreto 1299/2006, del 10 de noviembre, por el que se aprueba el cuadro de enfermedades profesionales en el sistema de Seguridad Social y se establecen los criterios para su notificación y registro, se reconoce la silicosis como una enfermedad profesional y se establecen una serie de profesiones en las que se reconoce su relación intrínseca con la acumulación de polvo de sílice en los pulmones y que, por lo tanto, acabarán causando la enfermedad. Es evidente que los trabajadores de las canteras de piedra están sometidos a un tipo de actividad profesional que, en muchos casos, deriva de una enfermedad de origen laboral debido a la inhalación de altos porcentajes de sílice. Los estudios demuestran la gran incidencia de la silicosis entre estos operarios, aunque no es la única enfermedad profesional directamente relacionada a la actividad, como se ha constatado en los primeros informes en 2002, con una gran incidencia de reducción de la capacidad auditiva, por lo que la sordera es también, evidentemente, una enfermedad de origen profesional de este sector. En todo caso, se trata de una situación que hay que abordar seriamente por parte de las administraciones públicas, con toma de medidas legales, laborales y socioeconómicas que incidan en las mejoras de las condiciones laborales de los trabajadores del sector.
Uno de los principales problemas a los que se enfrentan las personas con silicosis es el acceso a la incapacidad permanente total, ya que, según establece el artículo 45 de la Orden Ministerial del 15 de abril de 1969, que regula la aplicación y el desarrollo de las prestaciones de invalidez de Régimen General de la Seguridad Social, el primer grado de silicosis sin enfermedad intercurrente no es suficiente para el reconocimiento de la incapacidad permanente. Claro, pero el trabajador tampoco puede continuar trabajando, ya que, según la orden del 9 de mayo de 1962, estos trabajadores deberían ser trasladados a otros puestos dentro de la misma empresa para evitar la progresión de la enfermedad, es decir, a un puesto donde no haya el riesgo de inhalación, lo que difícilmente puede suceder en una empresa dedicada a las extracción o transformación de granito o pizarra, donde no hay puestos de trabajo no expuestos al polvo. Por eso es injusto que una persona trabajadora diagnosticada de silicosis de primer grado, junto con una de las enfermedades referidas en el artículo 45 de dicha orden, por ejemplo, bronconeumopatía crónica, cardiopatía orgánica o cuadro de tuberculosis, se equipara a un segundo grado y puede acceder a la incapacidad permanente, pero uno de solo primer grado no puede continuar trabajando y no tiene acceso a la incapacidad permanente. Esto, de hecho, lo más habitual que provoca es que, al no existir un puesto exento de polvo, el empresario extingue la relación laboral por causas objetivas con la indemnización correspondiente, y el trabajador queda sin protección por contingencia profesional y en el paro. Sin embargo, existe amplia jurisprudencia e incluso resoluciones internas en las que se insta a considerar a la persona trabajadora en estos casos como inhabilitada para su profesión habitual y, por lo tanto, debe proceder al reconocimiento de una incapacidad total. Pero, insisto, el trabajador debe recurrir a la vía judicial para su reconocimiento. Esta sería, por tanto, la primera de las reclamaciones: el reconocimiento de la incapacidad a los trabajadores diagnosticados de silicosis, atendiendo a su pronóstico de evolución y a la imposibilidad de reubicarlos en otro puesto libre de polvo de sílice.
Otro de los asuntos que afecta a este colectivo y que requiere atención urgente es lo relativo a la asignación de coeficientes reductores de la edad de jubilación adecuados a las personas trabajadoras del sector de la extracción y, sobre todo, aquellas con alto contenidos de sílice, como son el granito y la pizarra. En este sentido, en 2009 se aprobó aquí, en el Congreso de los Diputados, a instancia del BNG y por unanimidad, una proposición de ley en la que se instaba al Gobierno a la asignación de coeficientes reductores a la edad de jubilación de los trabajadores del sector, pero más de diez años después no se ha hecho nada en este sentido. Como decía, en el Real Decreto 1299/2006, de 10 de noviembre, por el que se aprueba el cuadro de enfermedades profesionales, se establecen sistemas para la notificación y registro y se reconoce la silicosis como enfermedad profesional, y también se establecen una serie de profesiones en las que se da por descontada su relación intrínseca con la acumulación de polvo de sílice en los pulmones y que, por tanto, acabará causando la enfermedad.
No obstante, a la hora de aplicar los coeficientes reductores para la edad de jubilación, el sector de transformación y extracción de piedra, granito y marmolista se encuentra con muchas reticencias y problemas por parte de la Seguridad Social para lograr el reconocimiento de esos coeficientes reductores y, por ello, también deben recurrir a la vía judicial para obtener ese derecho.
Fíjese, señora ministra, en Lugo y Ourense se reconoce ya por convenio colectivo la aplicación de coeficientes reductores en el caso de la pizarra. Sin embargo, no están equiparados a los que se aplican en la minería interior, y esto es una discriminación que carece de sentido. En el caso del granito solo se permite la aplicación en el caso de la extracción, pero no en las actividades relacionadas con la transformación de material en fábricas y marmoleras, cuando la exposición ambiental al polvo de sílice es semejante a los que se aplican y no están equiparados a los de la minería interior. Por estas incongruencias, hay empresas en las que, a pesar de que su actividad se integra dentro del sector del mármol y de la piedra, no se reconoce a sus trabajadores y trabajadoras la aplicación de coeficientes reductores. Para reclamar la homologación y equiparación, la CIGA, la Confederación Intersindical Galega, que es el principal sindicato de representación del sector en Galicia, ha presentado ya diversos escritos ante la Administración de la Seguridad Social, pero continúan sin aplicarse estos coeficientes reductores. Es más, distintas sentencias judiciales ya reconocen esa equiparación. Sin embargo, la Seguridad Social sigue sin reconocerlo de forma general.
Todo esto nos lleva, señora ministra, a reclamar que haya un cambio de criterios por parte de la Administración de la Seguridad Social para aplicar tanto el reconocimiento de la incapacidad permanente de silicosis…