Néstor Rego Candamil
Grazas, señor presidente, señor ministro. O proxecto de megacelulosa de Altri en Palas de Rei, apadriñado polo Goberno galego do Partido Popular, é unha auténtica bomba ambiental no corazón de Galicia, un macro complexo que provocará contaminación das augas, polución ambiental, destrución de hábitats singulares e perda de biodiversidade polo impulso á aínda unha maior eucaliptización do noso país. Afectará negativamente á actividade agraria e gandeira da zona, ao turismo sustentábel ao redor do Camiño de Santiago e á actividade pesqueira e marisqueira na ría de Arousa, provocando a perda de centenas de postos de traballo. Conta con iso coa oposición maioritaria, co rexeitamento maioritario da sociedade galega. Aínda así, por decisión política do Partido Popular, o proxecto goza de todo o apoio da Xunta, que acaba de aprobar unha declaración de impacto ambiental máis que dubidosa que o considera viábel, asinada, por certo, por unha directora xeral de Calidade ambiental vinculada directamente ao lobbie pasteiro de eucalipto con epicentro en Ence na ría de Pontevedra. Ademais, Altri pretende financiarse con 250 millóns de euros do PERTE de descarbonización. Como é moi evidente que non cumpre os criterios socioambientais para ser receptor deste fondos europeos, preguntámoslle, señor ministro, está en disposición o seu Ministerio de denegar ese diñeiro público para un negocio privado, tan lesivo para os intereses do pobo galego?
Gracias, presidente. Ministro, el proyecto de megacelulosa de Altri, en Palas de Rei, apadrinado gallego del PP, es una bomba ambiental en el corazón de Galicia, un macrocomplejo que provocará la contaminación de las aguas, la polución medioambiental, la destrucción de hábitats singulares y la pérdida de la biodiversidad, con un impulso de una eucaliptización mayor de nuestro país. Afectará negativamente a la actividad agraria y ganadera de la zona, al turismo sostenible alrededor del Camino de Santiago y a la actividad pesquera y marisquera de la Ría de Arousa, provocando la pérdida de centenares de puestos de trabajo. Por eso, nosotros lo rechazamos, y la mayoría de la sociedad gallega también. Incluso así, por decisión política del Partido Popular, el proyecto cuenta con el apoyo de la Xunta, que acaba de aprobar una declaración de impacto ambiental que es muy dudosa y que lo considera viable. Está firmada, por cierto, por una directora general de calidad ambiental vinculada directamente con el lobby de la pasta del eucalipto como epicentro en Ence, en la Ría de Pontevedra. Además, Altri pretende financiarse con 250 millones del PERTE de descarbonización. Como es evidente que no cumple los criterios socioambientales para ser receptor de estos fondos europeos, ¿qué van a hacer ustedes? ¿Van a seguir apoyándolo y dándoles estos fondos?