Néstor Rego Candamil
Grazas, señor presidente. Máis unha vez, moi boa tarde. Esta moción e a interpelación de que trae causa viñeron motivadas polas declaracións e decisións do novo presidente dos Estados Unidos de América e a conseguinte actuación da Unión Europea, particularmente porque resulta escandaloso que a Unión Europea continúe a comportarse no esencial como un vasalo fiel e submiso do amo americano, mesmo cando pretende aparentar todo o contrario, cando pretende aparentar autonomía. A realidade é que as ameazas de Trump de se facer mesmo pola forza cun territorio como Grenlandia, que fai parte dun estado da Unión Europea, non foron respondidas nin polos líderes dos estados europeos nin pola propia Unión. Tampouco as ameazas á soberanía de Panamá en relación co canal, e nin mesmo o proxecto de tomar o control da Faixa de Gaza procedendo a unha limpeza étnica total por medio da expulsión da poboación palestina a terceiros países mereceu o rexeitamento contundente da Unión Europea, a pesar de constituír un evidente e flagrante crime de lesa humanidade. Aliás, alentou a acción criminal de Israel que nas últimas horas rompeu a tregua en Gaza e asasinou máis de 400 persoas, como digo, en moi poucas horas. Parece evidente que a tan traída e levada orde internacional baseada en regras non é igual para todos. As famosas regras úsanse como arma arreboladiza contra os países máis débiles ou contra aqueles que non se someten aos ditados do imperialismo. Para os poderosos e os seus protexidos, por caso os Estados Unidos de América ou Israel, as regras non contan. E a Unión Europea tampouco as reclama. Hoxe, o vello imperialismo norteamericano actúa con máis arrogancia do que nunca, mais non é porque se sinta máis poderoso, reforzado, ao contrario, é porque se acha nunha fase de declinio e decadencia en que ve ameazada a súa hexemonía polo avance dun mundo cada vez máis diverso e multipolar. Precisamente nese contexto en que xorden novos actores e contrapesos, non só no ámbito político e militar, tamén no económico e tecnolóxico, aparecen novas oportunidades para os países e estados empeñados en defenderen e manteren a súa soberanía fronte ao inxerencismo e as relacións económicas desiguais, cando non directamente a rapina e a depredación de recursos que caracterizan o comportamento norteamericano. É iso o que tentan evitar os Estados Unidos de América, agora con Trump, como antes con Biden, e para iso contan con estados submisos que lles rendan servizos inestimables e que a Unión Europea, descolocada após a viraxe de Trump con Ucraína, quere aparentar agora un certo grao de independencia, de autonomía estratéxica, mais que o faga precisamente alentando á continuidade da guerra e á escalada belicista, para alén de patético, non pode ocultar que está a actuar xustamente para satisfacer os intereses norteamericanos. O cobrador do frac, como hai pouco escoitamos aquí.
Xa sabemos que esa viraxe non responde ao repentino impulso pacifista do presidente norteamericano, todo o contrario, os Estados Unidos de América son conscientes de que a guerra estaba perdida no terreo militar e agora o grande negocio son, para Norteamérica, será para Norteamérica, a reconstrución e o control de materiais críticos, de materias críticas e terras raras en que é rica a Ucraína e que Trump xa anunciou que aspira a controlar, polo menos o 50 % deses recursos. Porque, ademais, o grande negocio das armas xa llo garante a propia Unión Europea con esa iniciativa dun fondo de 800 000 millóns de euros para gasto militar do que se irán lucrar, especialmente a Lockheed Martin e o complexo militar industrial norteamericano.
Non nos enganemos, esta non é unha iniciativa para garantir a autonomía estratéxica no ámbito militar fronte aos Estados Unidos e á OTAN de que ás veces se fala. Moi ao contrario, servirá para reforzar militarmente a OTAN e satisfacer as aspiracións de Trump, dun Trump que reclamaba que os estados europeos da Alianza Atlántica incrementasen substancialmente o gasto militar até situalo por volta de 5 % do Produto Interior Bruto. O líderes dos estados europeos saben que non poden chegar aí sen provocaren relacións sociais imprevisibles polos recortes que iso implicaría, mais parecen decididos a se orientaren para chegar até 3 % do Produto Interior Bruto, como sinalou a presidenta da Comisión, a señora Von der Leyen. Para iso lanzan unha brutal campaña de propaganda que lembra á coñecida das armas de destrución masiva no Iraq, que serviu para xustificar a invasión e destrución daquel país. Porque, con efecto, todos os recursos que foren utilizados para gasto militar non poderán ir destinados a políticas sociais. E o BNG ten claro que antes que armas precisamos de máis recursos para a sanidade, educación, atención á dependencia, servizos sociais, vivenda ou creación de emprego. E tampouco deben ser sacrificados investimentos públicos absolutamente necesarios, porque se trata, en definitiva, de priorizar a calidade de vida e benestar das clases populares galegas e do Estado fronte ao negocio dos señores da guerra, norteamericanos para mais INRI.
Mais para alén desta hai aínda outra evidencia. Máis gasto militar non significa máis seguridade, todo o contrario implica máis polarización, máis inestabilidade e máis risco de deflagración dun conflito bélico a grande escala. Porque contra o dito clásico, preparar a guerra significa abrir a porta ao desastre, buscar a paz significa traballar activamente por ela, procurando a desescalada, o desarmamento e o establecemento dun contexto de estabilidade, boa veciñanza e relacións en beneficio mutuo. Non queremos vivir en sociedades que camiñan cara á militarización nin nun mundo que naturaliza a guerra e mentaliza á poboación para aceptar sacrificios con tal de satisfacer as aspiracións do amigo americano, dos que viven de fabricar e vender as armas.
Por iso pedimos aos grupos desta cámara que apoien a proposta recollida nos 6 puntos: rexeitar as ameazas de Trump, oporse á proposta dun fondo de 800 000 millóns de euros para destinar a gasto de defensa, renunciar a calquera incremento do gasto militar, apostar pola vía do diálogo e a negociación para a paz e, por último, renunciar á participación do Estado español na OTAN, abandonando esa alianza militar e reclamando a súa disolución.
Moito obrigado.
Gracias, señor presidente. Una vez más, muy buenas tardes. Esta moción y la interpelación que la origina han venido motivadas por las declaraciones y decisiones del nuevo presidente de los Estados Unidos de América y la consiguiente actuación de la Unión Europea, en particular porque resulta escandaloso que la Unión Europea continúe comportándose en lo esencial como un vasallo fiel y sumiso del amo americano, incluso cuando pretende aparentar todo lo contrario, cuando pretende aparentar autonomía. La realidad es que las amenazas de Trump de hacerse incluso por la fuerza con un territorio como Groenlandia, que es parte de un Estado de la Unión Europea, no han sido respondidas ni por los líderes de los Estados europeos ni por la propia Unión Europea. Tampoco las amenazas a la soberanía de Panamá en relación con el Canal. Incluso el proyecto de tomar el control de la franja de Gaza, procediendo a una limpieza étnica total por medio de la expulsión de la población palestina a terceros países, ha merecido el rechazo contundente de la Unión Europea, a pesar de ser un evidente y flagrante crimen de lesa humanidad. Con todo, alentó la acción criminal de Israel que, en las últimas horas, ha roto la tregua en Gaza y ha asesinado a más de 400 personas, como digo, en muy pocas horas. Es evidente que el tan traído y llevado orden internacional basado en reglas no es igual para todos. Las famosas reglas se usan como arma arrojadiza contra los países más débiles o contra aquellos que no se someten a los dictados del imperialismo. Para los poderosos y sus protegidos, como es el caso de los Estados Unidos de América e Israel, las reglas no cuentan y la Unión Europea tampoco las reclama. (La señora vicepresidenta, Gil de Reboleño Lastortres, ocupa la Presidencia).
Hoy, el viejo imperialismo norteamericano actúa con más arrogancia que nunca, pero no es porque se sienta más poderoso y reforzado; al contrario, es porque se encuentra en una etapa de declive, de decadencia, en que ve amenazada su hegemonía por un mundo cada vez más diverso y multipolar. Precisamente en ese contexto, no solo en el ámbito político, económico y tecnológico, aparecen nuevas oportunidades para los países y Estados empeñados en defender y mantener su soberanía frente a la injerencia, la rapiña y la depredación de recursos que caracterizan el comportamiento norteamericano. Eso es lo que intenta evitar Estados Unidos ahora con Trump, igual que antes con Biden, y para eso cuentan con Estados sumisos que les rinden servicios inestimables. Pero que la Unión Europea, descolocada tras el viraje de Trump con Ucrania, quiera aparentar ahora un cierto grado de independencia y de estrategia, y que lo haga precisamente alentando la guerra y la escalada belicista, además de patético, no puede negarse que está actuando precisamente para satisfacer los intereses norteamericanos; es el ‘cobrador del frac’, como hace poco escuchamos aquí. Sabemos que ese viraje no responde a un repentino impulso pacifista del presidente norteamericano, sino al contrario. Estados Unidos es consciente de que la guerra estaba perdida en el terreno militar y ahora el gran negocio para Estados Unidos, para Norteamérica, será la reconstrucción y el control de materiales críticos, de tierras raras en las cuales Ucrania es rica, y Trump ha anunciado que aspira a controlar al menos el 50 % de esos recursos. Porque, además, el gran negocio de las armas ya se lo garantiza la Unión Europea con esta iniciativa de un fondo de 800 000 millones de euros para gasto militar del que se lucrará especialmente Lockheed Martin y el complejo militar industrial norteamericano. No nos engañamos, esta no es una iniciativa para garantizar la autonomía estratégica en el ámbito militar frente a los Estados Unidos y la OTAN de la que a veces se habla; al contrario, servirá para reforzar militarmente a la OTAN y satisfacer las aspiraciones de Trump, de un Trump que reclamaba que los Estados europeos de la Alianza Atlántica incrementasen sustancialmente el gasto militar hasta situarlo en torno al 5 % del producto interior bruto. Los líderes de los Estados europeos saben que no pueden llegar ahí sin provocar reacciones sociales imprevisibles por los recortes que esto implicaría, pero parecen decididos a continuar para llegar al 3 % del PIB, tal como señaló la presidenta de la Comisión, la señora Von der Leyen. Para eso, lanzan una brutal campaña de propaganda que recuerda a la famosa de las armas de destrucción masiva de Irak, que sirvió para justificar la invasión y destrucción de aquel país; de hecho, todos los recursos que se utilicen para gasto militar no podrán ir destinados a políticas sociales. Necesitamos, desde luego, más recursos para sanidad, atención a la dependencia, servicios sociales y vivienda o creación de empleo, y tampoco se deben sacrificar los recursos públicos necesarios. En definitiva, se trata de priorizar la calidad de vida y el bienestar de las clases populares gallegas y de todo el Estado frente al negocio de los señores de la guerra, norteamericanos para más inri.
Pero, más allá de esto, hay otra evidencia: más gasto militar no significa más seguridad, sino al contrario, implica más polarización, inestabilidad y riesgo de conflicto bélico a gran escala porque, contra el dicho clásico de preparar la guerra, esto significa abrir la puerta al desastre. Buscar la paz significa trabajar activamente buscando la desescalada, el desarmamento y el establecimiento de un contexto de estabilidad, buena vecindad y relaciones en beneficio mutuo. No queremos vivir en sociedades que caminen hacia una militarización ni en un mundo que naturaliza la guerra y mentaliza a la población para aceptar sacrificios con tal de satisfacer aspiraciones del amigo americano y de los que viven de fabricar y vender armas. Por eso, pedimos a los grupos de esta Cámara que apoyen la propuesta recogida en seis puntos: rechazar las amenazas de Trump, oponerse a la propuesta de un fondo de 800 000 millones de euros para gasto en defensa, denunciar el incremento del gasto militar, apostar por la vía del diálogo y la negociación para la paz y, por último, renunciar a la participación del Estado español en la OTAN, abandonando esa alianza militar y reclamando su disolución.
Muchas gracias.