Néstor Rego Candamil
Prezado señor presidente. Señor ministro, desde que rexistramos esta interpelación até hoxe pasou xa practicamente un mes e nese mes tamén aconteceron moitísimas cousas, de modo que permitirame que actualice algunhas das cuestións ás que queriamos facer referencia. Vostede sabe que só uns días após a toma de posesión, o novo presidente de Estados Unidos, Donald Trump, para alén de anunciar taxas comerciais, aranceis a distintos países, entre eles o Estado español, ameazaba tamén terceiros países como Panamá, Palestina ou Dinamarca, mesmo con intervencións militares. Todo iso, sen que a Unión Europea e os seus estados, o xardín do seu correlixionario Borrell, dixesen absolutamente nada. Debería sorprender este silencio cómplice cando o que se anuncia é tan grave e rompe de forma descarada e arrogante coas normas que rexen as relacións internacionais, no caso de Gaza anunciando de forma directa a intención de proceder ao desprazamento forzoso de toda a súa poboación, máis de 2 millóns de persoas para convertela nun resort, nunha zona de lecer e negocio xestionado directamente polos propios Estados Unidos. Estamos a falar do anuncio da limpeza étnica de Gaza, considerado non só delito, senón crime de lesa humanidade no dereito internacional. E a pesar diso, o silencio do Estado español e da Unión Europea foi atronador. Debería sorprender, mais realmente non sorprende se temos en conta que a mesma Unión Europea que estableceu centos de sancións a Rusia, que acabaron prexudicando as súas propias economías e a súa propia poboación, nunca fixo o propio con Israel, a pesar do xenocidio e do masacre de máis de 50 000 persoas e da destrución total de Gaza.
Mais, a pesar da nosa incapacidade para non sorprenderme das posicións políticas absolutamente submisas da Unión Europea en relación cos intereses do imperialismo norteamericano e da entidade sionista, non deixa de ser rechamante que cando os Estados Unidos ameazan de forma directa con tomar pola forza militar territorio dun estado da Unión Europea, como é o caso de Grenlandia, tampouco haxa ningún tipo de reacción, de rexeitamento ou de condena. O que si sorprende é que esa mesma Unión Europea que seguiu cegamente as directrices belicistas dos Estados Unidos cando se ve con dificultade para reposicionarse e non ficar en moita evidencia diante da mudanza de rumbo impulsada por Trump, xogue a aparentar dignidade e mesmo autonomía, precisamente defendendo a continuidade da guerra e do militarismo e o aumento do gasto militar. E digo de forma consciente «xogue a aparentar» porque en realidade o que está a facer a Unión Europea é xustamente o que quere e o que necesitan os Estados Unidos de América, o que de forma reiterada solicitou o propio Donald Trump, nin máis nin menos que o maior gasto en defensa, en armamento que beneficie, como aconteceu nos últimos anos, a industria militar estadounidense. Mais existe unha diferenza que acho que é significativa, mentres coa administración de Biden o obxectivo anunciado era 2 % do Produto Interior Bruto, Trump chegou a esixir que se aumente até 5 % e a mesma Unión Europea, por boca de Von der Layen, está a falar de cantidades superiores a 3 %. En todo caso, dotando un fondo de guerra de 800 000 millóns de euros.
Sorprende tamén que algúns parezan descubrir agora o imperialismo norteamericano como se comezase no 20 de xaneiro coa toma de posesión de Trump. Infelizmente é xa secular, é dicir, ten xa bastante máis dun século, son moitas décadas de relacións económicas, desiguais, de rapina de materias primas, de fomento de golpe de estado e de ditaduras ou de intervencións militares que deixaron morte e destrución por toda parte, sempre ao servizo dos intereses do grande capital estadounidense. Por non ir moi atrás, o ¿ironicamente digo porque non deixa de ser chocante¿ o Premio Nobel da Paz, Barack Obama, mantívoo contra o seu propio compromiso a guerra en Afganistán, destruíu o Estado que era, naquela altura, o estado máis próspero de África, Libia, até o converter nun estado fallido no que volve a practicarse a escravitude e iniciou a intervención militar e a guerra en Siria, que acaba de dar como resultado que os xihadistas, da mesma corrente que os autores do 11M, os xihadistas corta cabezas tomasen o poder nese país e continúen a realizar masacres como as que vimos estes días. Os Estados Unidos xurdiron e impulsaron o golpe de estado de 2014 en Ucraína, que deu como resultado un réxime no que todos os partidos democráticos, de esquerda e de centro mesmo, están ilegalizados, mentres só a dereita, a ultradereita e os nazis campan ás súas anchas. Si, señor ministro, non só o Partido Comunista, o Partido das Rexións. Os diferentes partidos socialistas e socialdemócratas son ilegais no réxime do Maidán ucraíno. A administración Biden alentou a escalada belicista e arrastrou a unha Unión Europea non só submisa, senón servil, que acabou por tomar decisións que, como dicía, prexudicaron gravemente a economía dos seus estados e a calidade de vida dos seus propios pobos. Hoxe, no canto de apostar decididamente pola paz empéñase en manter a guerra e mesmo en escalar o conflito, ameazando, como fixeron algúns estados como o Reino Unido ou Francia, coa participación directa de tropas na Ucraína nunha actitude absolutamente irresponsábel e suicida. E non estamos a pensar que Trump sexa o adaíl da paz. Non, evidentemente non, Trump é apenas a nova cara do vello imperialismo e as mudanzas na relación coa Unión Europea e Rusia teñen por obxectivo centrar os esforzos no Indo-Pacífico e na China. Aliás, os Estados Unidos continúan a facer caixa coa Ucraína, pois para alén de que alimentar o complexo militar industrial americano xa o garante a Unión Europea con esa decisión absurda de dotar 800 000 millóns de fondos para a guerra, agora o grande negocio será a reconstrución e a pillaxe dos recursos naturais ucraínos, materiais críticos e terras raras que Donald Trump reclama sen ningún pudor de maneira descarada. Nova cara para vellos obxectivos, cunha diferenza, a de substituír a certas sutilezas, se se pode chamar así a política, pola arrogancia en vez do histórico e manido argumento de defender a democracia co que os Estados Unidos tentaban ocultar os obxectivos xeoestratéxicos e de rapina, Trump anuncia as verdadeiras intencións. É a imaxe dun imperio decadente que tenta frear o declinio e manter a toda custa unha hexemonía que está a perder fronte ao avance dun mundo máis diverso e cada vez máis multipolar, que se manifesta non só no ámbito político, senón tamén no económico e nunhas relacións comerciais internacionais que xa iniciaron, moi a pesar de Trump e dos Estados Unidos, o camiño da despolarización.
En todo caso, neste novo contexto de recomposición da estratexia imperialista e da deriva militarista da Unión Europea, a posición do BNG continúa sendo a mesma e igual de firme: defensa inquebrantábel da paz e da soberanía dos pobos e oposición ao belicismo e aumento do gasto militar. Apostamos pola resolución pacífica e dialogada dos conflitos e defendemos unha Europa que deixe de comportarse como súbditas dos intereses da OTAN e dos Estados Unidos e substitúa o belicismo suicida dos seus líderes pola defensa dos dereitos sociais, os servizos públicos universais, a soberanía dos pobos, a democracia e a paz como modelo de futuro. Expresamos, por tanto, de forma clara o rexeitamento ao fondo de guerra de 800 000 millóns de euros que empobrecerá aínda máis as clases populares de Europa e do noso país e aumentará o risco de confrontación militar. Porque contra a propaganda obsesiva que se está a despregar nestes días, máis gasto militar non é sinónimo de máis seguranza, todo o contrario, éo de máis polarización e máis inestabilidade, para alén de que as consecuencias da escalada militarista da UE poden ser terríbeis para as maiorías sociais que verán recortados dereitos e servizos.
Di o presidente do Goberno que o aumento do gasto militar non implica a redución do gasto social, ou polo menos con ese argumento tenta convencer a SUMAR de apoialo, non sei se o vai conseguir, mais, salvo que Pedro Sánchez descubrise a cuadratura do círculo, e non o creo, as cousas son claras. Todo o que se destinara a máis armamento será detraídos das políticas sociais ou dos investimentos necesarios, que son tamén política social. As outras alternativas, igualmente gravosas, son o aumento da débeda ou o aumento dos impostos. Non creo que vostedes se atrevan a defender ningunha delas. Polo menos o secretario xeral da OTAN, Mark Rutte, foi máis sincero cando anunciou que para destinar máis recursos a armas habería que sacrificar eses mesmos recursos nas pensións ou na sanidade, díxoo literalmente.
Pois ben, que fique claro porque o BNG non ten ningunha dúbida, se houber que escoller entre hospitais e bombas, nós escollemos hospitais. Se houber que escoller entre escolas e mísiles, nós escollemos escolas. Se houber que escoller entre vivendas e tanques, nós escollemos vivendas. Se houber que escoller entre a atención á dependencia e avións de combate, nós escollemos, o BNG escolle atención á dependencia. E si, hai que escoller, é o momento de facelo, é o momento de escoller. Por iso o BNG defende non só non continuar a escalada belicista, senón apostar pola vía oposta, pola desescalada e o desarmamento a nivel mundial, pola disolución da OTAN e, en todo caso, pola saída do Estado español desta organización militar agresiva que carece de sentido, pola retirada das bases militares estadounidenses do Estado español, pola negativa á utilización de instalacións ou recursos militares, caso do EVA-10 no monte Iroite, en Noia, mais tamén portos e aeroportos, por exemplo, para misións ao servizo dos Estados Unidos ou da OTAN. Pola retirada das tropas españolas de todas as misións internacionais que non teñan o amparo da ONU, as que están baixo mando de Estados Unidos, OTAN ou UE, e por rebaixar o fondo, por rexeitar o fondo de guerra de 800 000 millóns e, evidentemente tamén, por levantar o veto á débeda para investimento social e establecelo para gasto militar xusto á inversa da proposta da UE, precisamente para permitir avanzar en calidade de vida e benestar das clases populares.
Por tanto, señor ministro, reclamamos ao goberno español unha mudanza de rumbo que desista da escalada belicista comandada por Von der Layen e aposte decididamente pola paz, e aínda que, fronte a ofensiva e inxerencia dos Estados Unidos, aranceis incluídos, manteña unha posición de firmeza e de independencia de criterio, de rexeitamento das ameazas, da limpeza étnica e da guerra. Este é o interese do pobo galego e das maiorías sociais do Estado español.
Moito obrigado.
Gracias, señor presidente. Señor ministro, desde que registramos esta interpelación hasta hoy ha pasado ya casi un mes y en ese mes han sucedido también muchísimas cosas, de manera que me permitirán que actualice algunas de las cuestiones a las que queríamos hacer referencia. Usted sabe que, solo unos días después de la toma de posesión, el nuevo presidente de Estados Unidos, Donald Trump, además de anunciar tasas comerciales y aranceles a distintos países, entre ellos el Estado español, amenazaba también a terceros países como Panamá, Palestina o Dinamarca, incluso con intervenciones militares, todo esto sin que la Unión Europea y sus Estados, el jardín de su correligionario Borrell, dijesen absolutamente nada. Debería sorprender este silencio cómplice cuando lo que se anuncia es tan grave y rompe de forma descarada y arrogante con las normas que rigen las relaciones internacionales, en el caso de Gaza anunciando de forma directa la intención de proceder al desplazamiento forzoso de toda su población, más de dos millones de personas, para convertirla en un resort, en una zona de ocio y de negocio, gestionado directamente por los propios Estados Unidos. Estamos hablando del anuncio de la limpieza étnica de Gaza, considerado no solo delito, sino crimen de lesa humanidad en el derecho internacional. A pesar de ello, el silencio del Estado español y de la Unión Europea ha sido atronador. Debería sorprender, pero en realidad no sorprende si tenemos en cuenta que la misma Unión Europea, que estableció cientos de sanciones a Rusia que acabaron perjudicando a sus propias economías y a su propia población, nunca hizo lo propio con Israel a pesar del genocidio y la masacre de más de cincuenta mil personas y de la destrucción total de Gaza. Pero, a pesar ya de nuestra incapacidad para sorprendernos de esas posiciones políticas absolutamente sumisas de la Unión Europea en relación con los intereses del imperialismo norteamericano y de la entidad sionista, no deja de llamar la atención que cuando Estados Unidos amenaza de forma directa con tomar por la fuerza militar territorio de un Estado de la Unión Europea, como es el caso de Groenlandia, tampoco haya ningún tipo de reacción de rechazo o de condena. Lo que sí sorprende es que esa misma Unión Europea que siguió ciegamente las directrices belicistas de los Estados Unidos, que las sigue cuando se ve con dificultad para reposicionarse y no quedar muy en evidencia ante el cambio de rumbo impulsado por Trump, puede aparentar dignidad e incluso autonomía precisamente defendiendo la continuidad de la guerra y del militarismo y el aumento del gasto militar. Y digo de forma consciente puede aparentar, porque en realidad lo que está haciendo la Unión Europea es justamente lo que quiere y lo que necesitan los Estados Unidos de América, lo que de forma reiterada ha venido solicitando el propio Donald Trump, ni más ni menos que un mayor gasto en defensa y en armamento que beneficie, como ha sucedido en los últimos años, a la industria militar estadounidense. Pero hay una diferencia que me parece significativa, mientras que con la Administración de Biden el objetivo anunciado era el 2 % del producto interior bruto, Trump ha llegado a exigir que se aumente hasta el 5 %, y la propia Unión Europea, por boca de Von der Leyen, está hablando de cantidades superiores al 3 %, en todo caso dotando un fondo de guerra de 800 000 millones de euros. Sorprende también que algunos parezcan descubrir ahora el imperialismo norteamericano, como si esto comenzase el 20 de enero con la toma de posesión de Trump. Desgraciadamente es ya secular, es decir, tiene ya bastante más de un siglo, son muchas décadas de relaciones económicas desiguales, de rapiña de materias primas, de fomento de golpes de Estado y de dictaduras o intervenciones militares que han dejado muerte y destrucción por todas partes, siempre al servicio de los intereses del gran capital estadounidense. Por no ir muy atrás, el irónicamente ―lo digo porque no deja de ser chocante― Premio Nobel de la Paz Barack Obama, mantuvo contra su propio compromiso la guerra en Afganistán, destruyó el Estado que en aquel momento era el más próspero de África, Libia, hasta convertirlo en un Estado fallido en el que se vuelve a practicar la esclavitud e inició la intervención militar y la guerra en Siria, que acaba de dar como resultado que los yihadistas, la misma corriente que los autores del 11M, esos yihadistas corta cabezas, tomasen el poder en ese país y continúen realizando masacres como las que vemos estos días. Los Estados Unidos urdieron e impulsaron el golpe de Estado de 2014 en Ucrania, que dio como resultado un régimen en el que todos los partidos democráticos de izquierda e incluso de centro están ilegalizados, mientras solo la derecha, la ultraderecha y los nazis campan a sus anchas. Sí, señor ministro, no solo el Partido Comunista y el Partido de las Regiones, sino que los diferentes partidos socialistas y socialdemócratas son ilegales en el régimen del Maidán ucraniano. La Administración Biden alentó la escalada belicista y arrastró a una Unión Europea no solo sumisa, sino servil, que acabó tomando decisiones que, como decía, perjudicaron gravemente la economía de sus Estados y la calidad de vida de sus propios pueblos. Hoy, en lugar de apostar decididamente por la paz, se empeña en mantener la guerra e incluso en escalar el conflicto, amenazando, como hicieron algunos Estados, como el Reino Unido o Francia, con la participación directa de tropas en Ucrania, en una actitud absolutamente irresponsable y suicida. No estamos aquí pensando que Trump sea el adalid de la paz, no, evidentemente no. Trump no es más que la nueva cara del viejo imperialismo, y los cambios en la relación con la Unión Europea y Rusia tienen como objetivo centrar sus esfuerzos en el Indo-Pacífico y China. Es más, Estados Unidos continúa haciendo caja con Ucrania, pues, más allá de que alimentar ese complejo militar industrial americano ya lo garantice la Unión Europea con esa decisión absurda de dotar de 800 000 millones el fondo para la guerra, ahora, además, el gran negocio será la reconstrucción y el pillaje de los recursos naturales en Ucrania, materiales cíclicos y tierras raras que Donald Trump reclama sin ningún pudor de manera descarada; una nueva cara para viejos objetivos pero con una diferencia, la de sustituir esa cierta sutileza política, si podemos llamarla así, por la arrogancia: en vez del histórico y manido argumento de defender la democracia con el que Estados Unidos ha intentado siempre ocultar sus objetivos geoestratégicos y de rapiña, Trump enuncia sus verdaderas intenciones. Es la imagen de un imperio decadente que intenta frenar el declive y mantener a toda costa una hegemonía que está perdiendo frente al avance de un mundo más diverso y cada vez más multipolar, que se manifiesta no solo en el ámbito político, sino también en el económico y en unas relaciones comerciales internacionales que ya iniciaron, muy a pesar de Trump y de los Estados Unidos, el camino de la desdolarización.
En todo caso, en este nuevo contexto de recomposición de la estrategia imperialista y de la deriva militarista de la Unión Europea, la posición del BNG sigue siendo la misma e igual de firme: la defensa inquebrantable de la paz y de la soberanía de los pueblos y la oposición al belicismo y al aumento del gasto militar. Apostamos por la resolución pacífica y dialogada de los conflictos y defendemos una Europa que deje de comportarse como súbdita de los intereses de la OTAN y de los Estados Unidos y sustituya el belicismo suicida de sus líderes por la defensa de los derechos sociales, los servicios públicos universales, la soberanía de los pueblos, la democracia y la paz como modelo de futuro. Expresamos, por tanto, de forma clara nuestro rechazo al fondo de guerra de 800 000 millones de euros, que empobrecerá aún más a las clases populares de Europa y de nuestro país y aumentará los riesgos de confrontación militar, porque, contra la propaganda obsesiva que se está desplegando en estos días, más gasto militar no es sinónimo de más seguridad, sino todo lo contrario, lo es de más polarización y de más inestabilidad, más allá de que las consecuencias de la escalada militarista de la UE pueden ser terribles para las mayorías sociales, que van a ver recortados derechos y servicios.
Dice el presidente del Gobierno que el aumento del gasto militar no implica una reducción del gasto social, o, por lo menos, con ese argumento intenta convencer a SUMAR de apoyarlo. No sé si lo va a conseguir, pero, a menos que Pedro Sánchez haya descubierto la cuadratura del círculo, que no lo creo, las cosas son claras: todo lo que se destine a más armamento será detraído de las políticas sociales o de las inversiones necesarias que son también política social. Las otras alternativas, igualmente gravosas, son el aumento de la deuda o el aumento de los impuestos, y no creo que ustedes se atrevan a defender ninguna de ellas. Por lo menos, el secretario general de la OTAN, Mark Rutte, ha sido más sincero al anunciar que para destinar más recursos a armas habría que sacrificar esos mismos recursos en las pensiones o en la sanidad ―eso ha dicho, literalmente―. Pues bien, que quede claro ―porque el BNG no tiene ninguna duda― lo siguiente: si hay que escoger entre hospitales y bombas, nosotros escogemos hospitales; si hay que escoger entre escuelas y misiles, nosotros escogemos escuelas; si hay que escoger entre viviendas y tanques, nosotros escogemos viviendas; si hay que escoger entre atención a la dependencia y aviones de combate, nosotros escogemos, el BNG escoge la atención a la dependencia.
Y, sí, hay que escoger, es el momento de hacerlo, es el momento de escoger. Por eso, el BNG defiende no solo no continuar la escalada belicista, sino apostar por la vía opuesta, por la desescalada y el desarme a nivel mundial, por la disolución de la OTAN y, en todo caso, por la salida del Estado español de esta organización militar y agresiva, que carece de sentido, por la retirada de las bases militares estadounidenses del Estado español, por la negativa a la utilización de instalaciones y recursos militares ―caso del EVA-10 en Monte Iroite, en Noia, pero también puertos y aeropuertos, por ejemplo, para misiones al servicio de Estados Unidos o de la OTAN―, por la retirada de las tropas españolas de todas las misiones internacionales que no tengan el amparo de la ONU ―las que están bajo el mando de Estados Unidos, OTAN o UE― y rechazar el fondo de guerra de 800 000 millones, y, evidentemente, también por levantar el veto a la deuda para la inversión social y establecerlo para el gasto militar, justo a la inversa de la propuesta de la Unión Europea, precisamente para permitir avanzar en calidad de vida y bienestar de las clases populares.
Por lo tanto, señor ministro, reclamamos al Gobierno español un cambio de rumbo, que desista de la escalada belicista comandada por Von der Leyen y apueste decididamente por la paz; es más, que, frente a la ofensiva e injerencia de los Estados Unidos, aranceles incluidos, mantenga una posición de firmeza e independencia de criterio de rechazo de las amenazas, la limpieza étnica y la guerra. Este es el interés del pueblo gallego y de las mayorías sociales del Estado español.
Muchas gracias.